ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 30 de julho de 2008

DA WEB DE GALIZA NON SE VENDE

Consúmase a entrega da Cidade da Cultura ao capital bancario.

O maior investimento en cultura do goberno bipartito vai ser xestionado baixo intereses comerciais e bancarios..Touriño baleira de contido e de orzamento á consellería de Cultura, para darlle todo o poder de intervención á banca.

(12 de xullo)

CIG INFORMA.- DE AVANTAR

Traballadores e traballadoras de Serrabal e Ferroatlántica participaron este xoves 24 de xullo nunha concentración convocada para demandar os informes técnicos encargados polo ADIF nos que se avalía o impacto tanto ambiental como económico do trazado do AVE ao seu paso pola mina de Serrabal, e a súa entrega inmediata tanto aos Comités de Empresa como ao Parlamento de Galiza. Unha vez máis reiteraron a súa exixencia de cambio de trazado.

(30 de xullo)

O Centro Comercial Gran Via de Vigo ten a ameaza de diferentes execucións de sentenza para proceder ao seu peche. Neste momento xa se pecharon 15 locais e hai ordes de embargo pendentes. Se algunha das persoas que alugaron un espazo comercial neste centro quere deixalo ten que facer fronte ao aluguer de oito ou cinco anos, porque ademais se pechan estes locais teñen que facer fronte a sancións, por parte da entidade bancaria que explota este área, ING Direct.

(29 de xullo)

terça-feira, 29 de julho de 2008


Resolución do Comité Executivo


REACTÍVASE A REPRESIÓN CONTRA O SINDICALISMO DE CLASE EN TELEFÓNICA

A EMPRESA ABRE EXPEDIENTE CONTRA NOVE SINDICALISTAS POLA súa ACTUACIÓN NA ÚLTIMA FOLGA

Telefónica, a multinacional española que acumulou inxentes ganancias no mundo expoliando países de América Latina, reestruturando empresas, precarizando o emprego e impondo e estendendo os contratos lixo, acaba de iniciar un proceso sancionador contra 9 delegados/as do Comité de Empresa de Madrid, unha vez asinado o Convenio Colectivo o pasado día 2 de xullo.

O proceso de negociación do Convenio estivo marcado por unha clara confrontación coa empresa, pois a mesma desde o principio pretendía arrebatar, a traballadores e traballadoras, conquistas que se conseguiron con moitas loitas ao longo de máis de 30 anos. A eliminación da antigüidade, que supón unha perda do 2,4% cada 2 anos, os pases de nivel dentro de cada categoría, non pagar a xornada partida, eliminar a xornada diaria pasándoa a cómputo anual flexible, introducir tres escalas salariais diferentes discriminando a traballadores entre si, a eliminación dos grupos laborais e a ruptura e redución do salario base, foron as bases do ataque da empresa.

Neste proceso de loita quedou clara a diferenza entre o sindicalismo de clase e a actitude de CC. OO. e UXT, que non participaron nesta loita, mantendo posicións que favorecían claramente os intereses da patronal.

A actitude de loita e mobilización mantida por unha banda importante do colectivo de traballadores e traballadoras da empresa logrou manter a antigüidade, os pases de nivel, o cobro da xornada partida e o cómputo diario da xornada; pero o que non se puido manter foron os actuais grupos laborais, nin o salario base, nin a dobre escala salarial, que quedan para ser negociados nunha comisión de representación dos asinantes do convenio (CC. OO., UXT e outro sindicato empresarial).

Pois ben, a dirección de Telefónica, retoma a liña de actuación da represión sindical incoando expedientes, por falta moi grave, a 9 sindicalistas de Madrid (6 de AST, 1 de Co.bas., 1 de CXT e 1 de STC) -que poden rematar en despedimento-, tras mobilizar nunha manifestación a máis de 2.000 traballadores e traballadoras contra o Convenio; por ser nesta cidade onde máis se destacaron as folgas e as mobilizacións. Este é un novo intento de descabezar o movemento reivindicativo na empresa.

Entre as persoas expedientadas hai militantes do PCPE, quen sempre mantiveron unha posición consecuente no seu compromiso coa clase traballadora.

O Comité Executivo do PCPE esixe a inmediata suspensión dos expedientes iniciados e fai un chamamento á unidade obreira na empresa como o mellor camiño para deter estas sancións.

O Comité Executivo do PCPE expresa todo o seu apoio a quen son obxecto destes expedientes e a todo o colectivo de Telefónica que sofre esta agresión patronal.

Telefónica convértese hoxe nunha trincheira que representa os intereses xerais de toda a clase obreira do estado. Vencer esta loita significa fortalecer a toda a clase no seu conxunto e avanzar na loita contra a ditadura da patronal. O PCPE estará con todas as súas forzas á beira deste destacamento combatente.

POLA RETIRADA INMEDIATA DE TODOS OS EXPEDIENTES

POLA UNIDADE DA CLASE OBREIRA

POLO SINDICALISMO DE CLASE E NON ENTREGUISTA

LOITAR ATA VENCER, ATA DERROTAR Á PATRONAL





ANTE A DETENCIÓN DA COMPAÑEIRA REMEDIOS GARCÍA ALBERT



O Comité Executivo do PCPE, unha vez coñecidos os pormenores da detención da compañeira Remedios García, quere facer públicas as seguintes consideracións:

1.- A detención de Remedios confirma a espiral represiva desatada en España contra a militancia de esquerdas, poltica, sindical, solidaria, antifascista e antiimperialista que non se plega ás imposicións do imperialismo. O Estado Espaol incrementa a represión para implantar o pensamento único, tentar impedir a resposta popular á crise capitalista e favorecer a estratexia de acumulación e concentración de capitais dos monopolios españois.

2.- O Goberno Español vén colaborando activamente coa estratexia imperialista na América Latina e, especialmente, na Colombia. A activa colaboración do Goberno do PSOE co Goberno do fascista Álvaro Uribe é parte desa campaña de apoio á penetración do capital español. En España operan hoxe impunemente paramilitares e axentes dos servizos de intelixencia colombianos, que atoparon no goberno español un firme aliado na sua campaña de terror contra o movemento popular. Esa campaña de terror estáse a extender á militancia revolucionaria e antiimperialista do noso país, da man dunha forte ofensiva meditica que tenta involucrar a algunhas organizacións españolas, entre elas ao PCPE, no conflito armado provocado polo imperialismo e a reacción en Colombia.

3.- O PCPE esixe a retirada de todos os cargos contra a compañeira Remedios García, chama ao conxunto da esquerda no noso país a mostrar o seu rexeitamento solidario a este tipo de accións represivas e esixe ao Goberno Español que renda contas pola súa colaboración co goberno criminal de Uribe, responsable do asasinato de decenas de militantes esquerdas en Colombia. Esiximos igualmente que se investigue de forma inmediata a relación entre os monopolios españois que actúan na Colombia e o paramilitarismo criminal que leva décadas asasinando impunemente a sindicalistas colombianos.

4.- O PCPE coñece os terribles cirmes cometidos contra o pobo colombiano desde hai décadas. Foron precisamente eses crimes os que provocaron o nacemento das organizacións insurxentes, entre elas as FARC -EP, como lexítima resistencia popular ante o terrorismo de estado e fronte aos crimenes cometidos contra a indefensa poboación civil. Na década dos oitenta e primeiros noventa mais de 4.000 militantes da Union Patriótica, na súa maioría do Partido e a Mocidade Comunista, foron impunemente asasinados. Eses crmes continúan nos nosos días ante a pasividade da comunidade internacional. Defendemos o dereito do pobo colombiano a recorrer a todos os medios de loita ao seu alcance para combater ao imperialismo agresor e ao terrorismo de estado. Solicitamos que se recoñeza ás FARC - EP o carcter de “forza belixerante”, seguindo outras experiencias baseadas no Dereito Internacional, e esiximos a súa inmediata retirada da lista de organizacións terroristas da Unión Europea.

A solidariedade é a tenrura dos pobos!
Pola paz con xustiza social, pola nova Colombia!

Comité Executivo do PCPE.


sexta-feira, 25 de julho de 2008



REPRESIÓN EN TELEFÓNICA - SOLIDARIEDADE COS COMPAÑEIROS SANCIONADOS

ALTERNATIVA SINDICAL DE TRABAJADORESwww.sindicatoast.org


EN TELEFÓNICA A REPRESIÓN SINDICAL CABALGA DE NOVO


Logo de 5 xornadas de folga e manifestacións, con participación de miles de traballadores, que comezaron en maio, terminando o 26 de xuño, a empresa que dirixe Cesar Alierta imposto no seu día por Aznar en Telefónica e imputado en varios xuízos pola vía penal, abriu expedientes sancionadores con falta moi grave a 9 delegados do Comité de Empresa de Madrid... REPRESIÓN EN TELEFÓNICA - SOLIDARIEDADE COS COMPA...



As empresas con perdas poderán despedir sen dar explicacións
O Tribunal Supremo despexou o camiño para que os despedimentos das empresas con problemas económicos se consideren procedentes sen necesidade de xustificar que tales medidas vaian supor a viabilidade da sociedade. O Alto Tribunal xa se pronunciou sobre o innecesario de adoptar medidas económicas complementarias aos despedimentos para xustificalos.

» (O Economista)

--------------------------------------------------------------------


O traballo doméstico non remunerado supuxo o 42% do PIB no 2003
As mulleres acumularon o 73% das tarefas do fogar
EUROPA PRESS

O traballo doméstico non remunerado xerou un valor de 332.506 millóns de euros no 2003, o que supuxo o 42,5% do produto interior bruto (PIB), segundo un estudo da Fundación das Caixas de Aforros (Funcas). (...)

No entanto, o informe apunta que a distribución por sexos foi desigual, xa que as mulleres achegaron o 73,4% do total do traballo non remunerado. Segundo Funcas, o valor do traballo doméstico representou ao redor do 80% do valor da produción doméstica, mentres que o consumo intermedio supuxo algo menos do 20% e o consumo de capital fixo, ao redor do 3%.



internacional


A dirección de Caixa Galicia prepara a saída a bolsa

CIG INFORMA

Privatización da Caixa de Aforros


A privatización da primeira Caixa de Aforros do país entra na súa fase final, a Dirección da empresa prepara a súa saída a bolsa coa emisión de cotas participativas, instrumento semellante ás accións que cotizarán en Bolsa. Esta posíbel emisión, que debería ser aprobada pola Xunta de Galicia, súmase á entrada de capital privado na Corporación Caixa Galicia.
logo Caixa Galicia

É público que a federación de Banca da CIG non comparte o modelo de xestión da Caixa Galicia e, nestes últimos anos, ten denunciado en numerosas ocasións a reconversión incesante que sacude á entidade galega desde o ano 2005. “Non podemos estar a favor dun novo modelo de xestión empresarial neoliberal e, polo tanto, especulativo no económico e moi agresivo no laboral. Unha xestión que nos ten levado a onde estamos hoxe”, afirman desde a sección sindical da CIG de Caixa Galicia.

Xunto a isto, explican que ao longo dos últimos meses o persoal, nomeadamente o da rede de oficinas, tivo que facer fronte con moi pouco apoio da Dirección, a numerosos rumores sobre a situación da Caixa. Porén, engaden que malia non compartir o modelo de xestión, “desde a CIG gardamos silencio público por responsabilidade. Agora, ante os novos pasos que pretende poñer en marcha a Dirección, é o momento de dicir: ata aquí chegamos”.

As diferentes axencias de cualificación alertaron xa o pasado ano da excesiva exposición de Caixa Galicia ao sector do ladrillo, rebaixando a cualificación da débeda e alertando sobre posibles riscos para a solvencia, o que unido á crise financeira internacional podía provocar falta de liquidez.

Neste senso as noticias sobre Astroc, Colonial ou agora sobre a aplicación da Lei Concursal á inmobiliaria Urazca, son malas noticias anunciadas, froito da especulación no sector do ladrillo.

Ante esta situación, explica a sección sindical, a Dirección da Caixa ten afrontado a crise con medidas dispersas para incrementar recursos propios mellorando o core-capital e para conseguir liquidez: a venda de préstamos de difícil cobro; as desinversións de participacións en empresas; a entrada de capital privado na Corporación ou o anuncio da posíbel venda dos locais das oficinas de fóra de Galiza son algunhas delas. Todas estas medidas provocaron e provocan rumores e incerteza entre os clientes e os traballadores e traballadoras.

Agora, nunha fuxida cara adiante, a Dirección de Caixa Galicia pretende solicitar autorización á Asemblea Xeral para a emisión de cotas participativas, apostando pola entrada de capital privado e polo tanto pola privatización da Caixa de Aforros de Galicia.

“Sempre dixemos que ese era o obxectivo da Dirección, reconvertir a Caixa para privatizala; o tempo unha vez máis pon a cada un no seu sitio”, subliñan.




I JORNADAS ANTITOURADAS GALEGAS

A Plataforma Antitaurina de Ponte Vedra organiza para esta primeira quinzena de Agosto várias actividades que terám lugar no nosso centro social:

Sábado 2 de Agosto:
22 horas. Apresentaçom dos vídeos
"Verdades que doem" e
"Ponte Vedra Antitaurina 08"

23 horas. Foliada antitouradas com o grupo de folque LINCORNE

Sexta-Feira 8 de Agosto:
20 horas. Mesa redonda com
Diego Viéitez, ecologista de Verdegaia,
e com Helena Escoda, historiadora e activista antitaurina catalá.


--
http://revira.agal-gz.org
Arcebispo Malvar, 33 rés-do chao
Ponte Vedra


PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO – NOTA DE PRENSA



BANDEIRAS NEGRAS DE ECOLOXISTAS EN ACCIÓN EN CORRUBEDO-RIBEIRA

O veleiro ‘Deusa Maat’, da confederación Ecoloxistas en Acción, atracará en Ribeira para denunciar durante dous días as actuacións que desfán a costa galega e en especial as ameazas sobre o litoral ribeirense e o Complexo Húmido de Corrubedo, un dos PUNTOS NEGROS do litoral galego, especialmente polos proxectos de tres piscifactorías.

A Confederación Ecoloxistas en Acción, a organización ecoloxista galega Verdegaia e mailas organizacións locais Plataforma Medioambiental de Corrubedo e Altofalante presentarán no porto deportivo de Ribeira o Informe Bandeiras Negras 2008, sobre a saúde da costa do Estado español. No dito informe, faise especial fincapé nos factores económicos e urbanísticos que está a desencadear unha crise ambiental de fondo calado social.

O informe será presentado por Jorge Sáez, voceiro da área Mariña de Ecologistas en Acción, pola organización Verdegaia e por Manoel Santos, presidente da Plataforma Medioambiental de Corrubedo e por Luís Teira, de Altofalante.

PROGRAMA DE ACTOS

SÁBADO 26 POLA MAÑÁ
Dende a organización convídase aos medios de comunicación a unha roda de prensa e posteriormente a embarcar no veleiro “Diosa Maat”, da confederación Ecoloxistas en Acción, que estará atracado no Clube Náutico de Ribeira o sábado 26 de xullo ás 11:00 horas, para visitar diversos puntos negros da costa.

SÁBADO 26 POLA TARDE
O sábado pola tarde, a partir das 18:00 horas no porto de Corrubedo, os grupos locais ergueran unha bandeira negra como símbolo da loita contra o plan de acuicultura da Xunta de Galicia e a organización Ecoloxistas en Acción colocará unha exposición e dará conta dunha proxección audiovisual e diversas actividades para os cativos e cativas. Así mesmo, a organización local Pau da Luz, organizará unha festa popular a partir das 20:00 horas.

DOMINGO 27 POLA MAÑÁ
O domingo 27 pola mañá (12:00 horas) o veleiro “Deusa Maat” estará aberto ao público que o queira visitar durante o seu amarre no porto deportivo de Ribeira e desenvolveranse obradoiros educativos para os cativos e cativas da cidade así como a colocación dunha exposición sobre o medio mariño.

CITA
Día: sábado 26 de xullo
Hora: roda de prensa ás 11:00 horas e posterior embarque para a visita de puntos negros do litoral
Lugar: Náutico de Ribeira

Máis información: Manoel Santos (686 021 933), da Plataforma Medioambiental de Corrubedo - Tom Kucharz (619 94 90 53), de Ecologistas en Acción

En internet:
Información de Verdegaia: http://www.verdegaia.org/content/view/611/109/
Fotos do Deusa Maat: http://flickr.com/photos/10504599@N07/
Caderno de bitácora do veleiro: http://velerodiosamaat.blogspot.com/
Informe Banderas negras 2008: http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?article11886

ACTO POLA MEMORIA REPUBLICANA E ANTIFASCISTA


Amigas e Amigos





O CATORCE DE AGOSTO DE 2008

ÁS DOCE DA MAÑÁ

NA CURVA DE LODEIRO-ALDEA DE SAA-

KM.40 (vindo de Lugo)-N 547-( cerca de PALAS DE REI, antes se ves de COMPOSTELA).


I.

ACTO DE AMOR E LEALDADE AOS NOSOS MÁRTIRES E EN ESPECIAL NESTA DATA A DOUS VALENTES LOITADORES REPUBLICÁNS:


SIXTO AGUIRRE

CAMILO DÍAZ VALIÑO



(**) desccubrimento da pedra homenaxe aos dous exemplares defensores da liberdade e da República.

(**) coma sempre haberá intervencións e polo mesmo TI PREPARA A TÚA ( obrigadamente e non máis de 2ou 3 minutos ).



II.

NA IGREXA DE SAN PEDRO DE MEIXIDE

ACTO DE FIDELIDADE E DE IRMANDADE.



III.

NO “ PAZO MARIÑAO”( San Pedro de Meixide):


Xantar solidario:

Prezo:25 €.

MOI IMPORTANTEMOI IMPORTANTEMOIIMPORTANTEMOI IMPORTANTE

Hai que avisar antes do día 10 de agosto.tfno.636032750.ou erdao@hotmail.com


na nosa Terra cumprirase a vontade dos mártires”


sexta-feira, 18 de julho de 2008



Comunistas da Galiza PCPE diante do Día da Patria Galega


Mais un ano os e as galegas progresistas sairemos á rua erguendo a reivindicación democrática da soberanía nacional e o inalienábel dereito á a autodeterminación para o noso Povo.

O exercicio dese dereito que históricamente nos foi negado e segue a sernos arrebatado polo estado oligárquico e imperialista da monarquía legataria do franquismo, é un horizonte que, se non somos quen de contraatacar e impugnar a fórmula que se nos está a impor de saída ao actual colapso social e económico, veremos alonxarse unha vez máis.


Chegamos a este 25 de Xullo nun contexto de fin catastrófica dun ciclo económico do capital, con características de crise estructural que pode levar a unha mudanza sustancial da actual correlación de forzas .

Nos derradeiros anos a oligarquía dominante no Estado Español e na Europa monopolista, baseou a sua capacidade de amarrocar cartos no endebedamento das xentes traballadoras. Baixando os tipos de interese, fixeron posibel que nos endebedásemos, e subindo os prezos fixérono necesario.

Así conseguiron “reactiva-la economía”, en cristiano enriquecerse á nosa conta. “O patrón está rico á miña conta; eu, á súa, estou vello...” e hipotecad@. Esa base do seu enriquecimento era falsa e fráxil, pois non se sustentava na creación de riqueza e valor, senon na pura especulación cos nosos cartos.


Agora que o pinchazo da burbulla nos USA se propagou como unha peste negra do século XXI a todas as colonias desa potencia económica e militar, ante todo nós, as nacións oprimidas da periferia dos estados imperialistas, esto que miramos arrepiados non é máis que o comezo dunha hecatombe tan sobrecolledora coma o crack do 29, agás que no 29 aínda había petróleo para seguir a despilfarrar. Hecatombe que, sexa dito entre nós, non afecta á grande banca, nen as eléctricas, que seguen a gañar mais que nunca coa inestimável axuda do governo “socialista” que nos sobe a conta da luz ; crise que non é de sobreproducción mais é de suconsumo, ollai a de casas e pisos baleiros que se construíron para encher o peto das grandes promotoras e dos “políticos profisionais” por elas sobornados e untados xenerosamente.


Cada día son máis ricos porque cada día nos rouban máis.O Santander sortea a crise con 10.000 millóns de beneficios

Emilio Botín compara a crise co "catarro dun neno, que
chega de golpe pero logo pasa “



Volvendo ao tema da soberanía nacional, non só ela, a propia soberanía dos estados desaparece mesmo como concepto na fórmula de recomposición capitalista que nos queren meter desde Bruxelas e Lisboa os novos señores feudais da Europa imperialista.

Estes señores tentan pasarnos a factura impondo a dictadura do Tratado de Lisboa, que ninguén votou agás @s irlandes@s, quen dixeron NON, e que significa máis paro, significa xornada de 65 horas para aquelas que aínda non as traballlan, , perda do poder adquisitivo dos salarios, significa liquidación dos dereitos dos traballadores e da propia negociación colectiva, significa escravitude asalariada, sinistralidade laboral, precariedade máis flexibilidade aínda sobre o mercado de traballo.
un dos principais eixos do plan plurianual 2008-2010
da Estratexia de Lisboa.


E non se limita a golpear selvaxemente aos e ás asalariadas senon que lanza á proletarización e ao empobrecimento, á ruína mesma, a outros sectores do noso povo galego traballador ,os mariñeiros ,aos traballadores da mar que ven como ás súas penosas condicións laborais se suma un asfixiante incremento dos prezos do combustibel que levará ao desemprego a importantes sectores mentres o Governo é incapaz de frear as constantes importacións ao ser parte implicada na repartición de caladoiros e de cotas de produción e mercado entre as potencias imperialistas do a UE. os labregos(As grandes empresas leiteiras galegas, contando co silencio cúmplice do bipartito, impoñen unha baixada dos precios do leite ao productor (ao contrario que no mercado, que está perto do euro/litro), as cales, sumadas ás subas dos insumos (piensos, abonos, gasolina), e por ende dos custos de producción, están a por en perigo a supervivencia mesma de varios milleiros de pequenas e medianas empresas productoras de leite; , o pequeno comercio, as empresas familiares, incapaces de competir cos monopolios, as traballadoras e traballadores autónomos traballadores obrigados polas empresas para as que traballan a converterse en falsos empresarios. que aguantan a forza de xornadas interminabeis.


Lisboa significa asemade o endurecimento do aparello policial, militar e xudicial da Europa Fortaleza, racista e xenófoba, e a criminalización e persecución sistemática de calquera xeito de loita reivindicativa.


A loita pola soberanía do noso povo e a nosa clase pasa pola maís ampla unidade dos sectores populares e a nosa mocidade en torno á única proposta viábel, alternativa á que nos quere impor a nosa propia patronal, auspiciada polo governo e as direccións sindicais colaboracionistas, e o imperialismo europeo .


SOCIALISMO OU OPRESIÓN NACIONAL

SOCIALISMO OU BARBARIE






A CULTURA



Saber qué futuro queremos os e as comunistas pasa por saber qué cultura propomos. E pasa por revisar os posibles significados da propia palabra “cultura” unha das mais usadas e das pior usadas.

Entendemos por cultura, coloquialmente, un conxunto de expresions artisticas, literarias, científicas, filosoficas.

Mais tamén é cultura, e non nos decatamos tan facilmente, unha serie de cousas que acontecen fora dos libros, dos teatros, dos museos.

Referímonos tamén, por exemplo, á docencia, a da escola pero tamén a da casa. ¿Cómo aprendemos, como ensinamos?(Esta actividade cultural que reside en criar nen@s e levalos á escola, xoga cos dados, conceptos e xuizos de valor que estarán na base do acervo do futuro adulto. Condicionará o seu pensamento, a súa vision do mundo, sentimentos e xeitos de relacionarse cos demáis e có entorno).

Está tamén a tradición, esa que cultivamos ou combatemos e que sen dúbida é parte central do noso pasado e moi importante no noso presente, para ben e para mal. Favorecendo ou retardando a nosa evolución como persoas. Compre eiqui ter en conta o papel extraordinariamente retardatario da tradición patriarcal e católica que inunda ata os miolos a cultura dominante e a dos dominados/dominadas.

E logo, indubidabelmente, a xente canta, baila, pensa en alto, conta contos, cose, calceta e sementa, ganchilla, cociña, constrúe. Por diñeiro ou debalde. Eso é cultura, todo eso sen excepción.

Estamos, xa que logo, definindo tamén como cultura un número importante de cousas que o ser humán non consume, mais aprende e fai el mesmo de xeito máis ou menos consciente..

Un dos alicerces do sistema de dominacion cultural burgues baséase na creencia, demasiado extendida, de que a “cultura” é algo sublime, de pago, e destiñada aos que “entenden”. Pero esa creencia non é rigurosa nen revolucionaria. É ben tempo de que os proletarios e demáis capas populares superen ese engano paralizador. Moi polo contrario, no transcurso da historia da cultura burguesa (filla sempre e acreedora da popular) deronse fondas crises das que era imposibel sair se non se tuvese recurrido á cultura popular para darlle pulo.

A división entre cultura de élites e cultura de masas reflíctese fundamentalmente en que as asalariadas/os viven case que toda a sua xornada xunguidas ao carro da explotacion e case carecen de tempo de lecer.

Pero reflictese tamén na extraordinaria cutreria das alternativas de pseudo lecer que lles reserva o aparato burgues de dominacion ideoloxica. Léase a noxenta programacion televisiva, a seudocultura deportiva que radica en discutir as novas de Marca nun bar cheo de fume, no canto de exercer un deporte de xeito non competitivo. Léase as infames revistas do corazón. E un longo etc.

O papel “infantilizado” que se nos reserva é o de seres resignados e sen orgullo. O de miróns incapaces de facer cousas por nós mesmos. O de testigos impotentes da fama, a riqueza e o “glamour” da clase dominante. O de fans aparvados das batalliñas protagonizadas por outros. O de seres pasivos, subsidiarios, dependentes e segregados, identificados ademáis de xeito frustrante e enganoso có enemigo de clase e cos seus bufóns e monicreques.

Os xestores e distribuidores da cultura, xa sexa da cultura de élite ou da cultubasura, son meros mercaderes e os seus “expertos” asesores. Eles fan cartos, esa é a súa lei e o seu credo. Eles dirán e farán, promocionarán, venderán e mercarán, o que “funcione” no mercado. Eis a súa ideoloxía, eis o seu xuramento de hipócritas. A mercadoría de élite será vendida a prezos privativos. A “de masas” a prezos axustados á clientela específica. Manipulación da oferta e da demanda, parafernalia publicitaria, especulación, mercadeo coas mentes e os corazóns de tod@s, consignas do aparato de poder, e rachar as vestiduras en nome dos chamados “direitos de autor”.

Por ultimo, unha vez mais, non penses, non fagas, consume e cala.

Porén son chegados novos tempos, difíciles e doorosos, pero fecundos.

Dende que os e as cibernéticas estan a facerlle a puñeta a este apodrecido sistema, baixando gratuitamente e colgando xenerosamente case que todo o imaxinable, respírase millor no planeta.

A crise global do sistema está a poñer de relevo que a consigna de “CONSUME E CALA” é dobremente inválida. Moita xente non pode consumir e está farta de calar. As súas voces inundan sanamente as areas democraticas da rede de redes, pero fanse xa patentes tamén na rúa.

A crise global está, tamén, a revalorizar as cousas que non costan cartos, é decir, aquelas sen as cales, realmente non podemos vivir. A cultura nun senso amplo é unha delas. O ser humán terá de apañarse para seguer a crear, a imaxinar, a facer rir aos outr@s. Sen depender dos cartos.

A televisión, esa cousa potencialmente tan maravillosa convertida nun verdadeiro cancro cerebral, seguerá a estar ahí, non sabemos por canto tempo (as cadeas viven da publicidade e a capacidade de consumo dos televidentes está a baixar de xeito moi aparente) pero a realidade que xa está eiqui, fora da caixa parva, chama profundamente a atención de millons de humans en todo o planeta.

Bastante mais que os fastos da realeza, a publicidade que nos insulta por ter menos cartos que nunca, ou as películas que acaban ben.

Así pois, de miróns cómprenos converternos en protagonistas. De autómatas en seres reflexivos e críticos. De consumidores, en creadores. De sós, en acompañados. E cando as oprimidas, facendo cultura nese senso amplo que poderíamos tamén chamar “vivir a carón dos outros” creamos o presente inspirándonos en nós mesmos xuntos, estamos a prefigurar un futuro moito mais interesante que o presente, e estamos mesmo a construir un presente moito mais humán que o pasado inmediato. E estamos a deixar de conformarnos coa nosa condición de oprimidas. E estamos prefigurando, saivámolo ou non, a revolución global dos e das probes e postergadas de todo o planeta.

Facer a nosa propia cultura, e nunca mais voltar a deixar que se converta en mercadoría, é unha consigna revolucionaria como outra calquera.

.


O PREZO DA ACELGA E O MODELO NEOLIBERAL

A marxe comercial da acelga é hoxendía, na área metropolitana de Vigo, de arredor dun 825 %.

Este fenómeno, cuxa orixe remóntase a cando nos venderon as bondades do Mercado Común Europeo,

-responde de cheo ás características do modelo neoliberal

-tende a agudizarse, xa que ese modelo non pode subsistir sen facerse máis e máis duro.

-simboliza a fín da agricultura familiar e do pequeno e mediano produtor agrícola.

A concentración do sector inscríbese absolutamente e sen paliativos na dinámica do modelo neoliberal segundo a cal o mais grande engule ao mais feble ou mais exactamente, a todo aquel que non sexa o máis grande e forte.

Este modelo neoliberal

  1. tende a favorecer en esclusiva un modelo de mercado mundializado, baseado na sobreexplotacion de man de obra barata e precaria, que aniquila ao mediano e pequeño produtor

  1. obriga a este a aumentar tremendamente os custos de produción, producindo o seu endebedamento e botándoo así nas gadoupas dos bancos e das aseguradoras

  1. supón a fin de todo control ou intervencion sobre da produción, a fin de toda regulacion do mercado, e o comezo da lei do máis forte. Supón asemade a impunidade para os responsabeis políticos. A “economía” (neoliberal) manda. Eles obedecen.

  1. forza mesmo a privatizacion das caixas de aforros, (vexase o que está a acontecer con Caixa Galicia) suxeitándoas ao actual caos financieiro rexido pola banca e demais poderes supranacionais, supraestatais e, por suposto, “suprapolíticos” e supralegais. Lembremos que a crise financeira está totalmente fora de control.

  1. potencia, no marco da actual economía especuladora e de casino, o acaparamento dos alimentos e a especulacion das grandes operadoras en bolsa que apostan xa pola carestía da comida.



COMUNISTAS DA GALIZA- PCPE denuncia este 25 de xullo o infame trapicheo neoliberal coa comida dos nosos fillos.

COMUNISTAS DA GALIZA –PCPE denuncia directamente ás autoridades económicas na desfeita e desertización do noso rural, coa complicidade do goberno autonómico.

COMUNISTAS DA GALIZA –PCPE denuncia a ruina e marxinalización do campesiñado galego, que, se non loitamos decididamente seguerá a verse, pero cada volta mais dramáticamente, á emigración (¿¿cara ónde no futuro??).

NON AO NEOLIBERALISMO CRIMINAL!!!

ORGANICÉMONOS E LOITEMOS!!

A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS!!

COMUNISTAS DA GALIZA-PCPE


encamiñado pola OLIVEIRA DE TEO


Ramón Meis, o da vontade de ferro

A última entrada en
http://anosdomedo.blogspot.com
achéganos á vida
e á morte deste aserrador
pontevedrés
"desaparecido" no 36.


encamiñado pola OLIVEIRA DE TEO

A Mesa pola Normalización Lingüística
Colectivos
Especiais


As persoas que promovemos esta chamada queremos manifestar, perante as institucións de autogoberno e como aclaración perante a sociedade galega, o seguinte:

1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.

2.- A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.

3.- Por iso, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.

4.- O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado español. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.

5.-. Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.

6.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.
Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.


Apoios ao Manifesto.

Podes enviarnos o teu apoio a través do fax (981 583 782), por correo electrónico: amesa@amesanl.org ou ao enderezo postal (Rúa do Vilar, 15 - 1º dereita; Apartado 247; 15705 Santiago de Compostela).


N.I.F./C.I.F./N.I.E.*

(exemplo de formato: DI="123456789X" ou CIF="X12345678")
Correo electrónico*
Teléfono
A Mesa pola Normalización Lingüística comprométese a cumprir cos requisitos estabelecidos na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
* (os campos con asterisco son obrigatorios)




paz entre povos
guerra entre clases

novas e comunicacións internacionais

COMUNISTAS DA GALIZA PCPE

sexta-feira, 11 de julho de 2008

o 25 de Xullo a Galiza traballadora contra a ofensiva capitalista

a economía moderna e o misterio da bolsa

a economía moderna e o misterio da bolsa


Unha vez chegou á aldea un señor ben vestido, instalouse no único hotel que había, e puxo un aviso
na única páxina do xornal local, que estaba disposto a comprar cada mono que lle trouxesen por 10. $
Os labregos, que sabían que o monte estaba cheo de monos, saíron correndo a cazar monos.
O home mercou, como prometera no aviso, os centos de monos que lle trouxeron a 10 $cada un
sen chistar. Pero, como xa quedaban moi poucos monos no monte, e era difícil cazalos, os labregos
perderon interese; xa que logo o home ofreceu $20 por cada mono, e as xentes correron outra vez ao
monte. Novamente, foron minguando os monos, e o home elevou a oferta a 25, $ e os labregos
volveron ao bosque, cazando os poucos monos que quedaban, ata que xa era case imposible atopar
un.

Chegado a este punto, o home ofreceu $50 por cada mono, pero, como tiña negocios que atender na
cidade, deixaría a cargo do seu axudante o negocio da compra de monos.

Unha vez que viaxou o home á cidade, o seu axudante dirixiuse aos campesiños dicíndolles:
- Fixaivos nesta gaiola chea de milleiros de monos que o meu xefe comprou para a súa colección. Eu ofrézovos
vendervolos por 35 $ , e cando o xefe regrese da cidade, vendedesllos por 50 $ cada
un.

Os campesiños xuntaron todos os seus aforros e compraron os milleiros de monos que había na grande gaiola, e
agardaron a volta do 'xefe'.
Desde aquela , non volveron ver nin ao axudante nin ao xefe (Estaban en complicidade) .
Nada mais que viron a gaiola chea de monos que mercaran cos seus aforros de toda a vida.

Agora sí teñen vostedes unha noción ben clara de como funciona o mercado de valores e a bolsa.


*****************************************
www.kubakoetxea.com

"Cando dei de comer á xente pobre, chamáronme santo;
pero cando preguntei por que a xente era pobre, chamáronme comunista".

(Bispo Helder Camara-Brazil)



cut:Enquisa da CUT ós traballadores do sector naval


Retirada da Directiva Europea das 60 horas seman...

Comezan as mobilizacións ante a crise económica O...

CIG INFORMA


A federación de Químicas da CIG vén de remitir un comunicado no que acusa á Xunta de Galiza de non dicir a verdade ao asegurar que un cambio de trazado do TAV ao seu paso por Serrabal provocaría un atraso adicional das obras. Abelardo Landeira, secretario nacional da federación considera que detrás da negativa a sequera valoralo agóchanse intereses de concesions mineiras nas ourelas do río Ulla.


Os case trinta traballadores da empresa concesionaria do servizo de limpeza, Cespa, comezaron este 14 de xullo a folga convocada pola negociación do convenio colectivo. Os traballadores concentráronse diante do concello para demandar a actuación da administración local neste conflito. Seguimento total no primeiro dia de folga. Os servizos mínimos fixados polo concello de Nigrán non foron asumidos polos traballadores por consideralos abusivos.


Os centros de chamadas da multinacional xermana Bosch en Vigo dan emprego a 1.200 persoas das que un 85% teñen contratos temporais, 700 das contratacións son vía ETT. Os incumprimentos do Convenio, as sancións e os despedimentos son unha constante na actuación de Bosch. O xefe de recursos humanos ven de anunciar “despedimentos masivos” debido a “baixada da carga de traballo”, sen comunicarlle á representación sindical o número de persoas afectadas e sen informar sobre que sustentan os despedimentos. Para a CIG estes estan orientados á deslocalización nuns casos e a non dar vacacións noutros. Desde decembro Bosch despediu a tres dos nove candidatos/as da CIG no último proceso de eleccións sindicais.



CUT INFORMA



O pasado venres día 11, quedaba asinado o novo Convenio Colectivo da empresa Isolux-Corsán,S.A., concesionaria do R.S.U. Da Mancomunidade do Morrazo (Concellos de Cangas, Moaña e Bueu).A empresa accedeu a negociar diante da inminencia do comezo da folga (prevista para as 00´00 horas do día 14 de xullo).O acordo acadado é o seguinte: Convenio por dous anos,. A suba salarial queda establecida para o primeiro ano: o IPC real, máis 1´25% e para o ano 2009: o IPC real do 2009, máis 1´5%. Prevé ademais o establecemento do protocolo que regule a entrega e uso da roupa de traballo. O Convenio afecta a unha plantilla media de 40 traballadores, xa que esta flutúa en base a época do ano. O 70% do colectivo son traballador@s con contrato indefinido.