ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sábado, 31 de maio de 2008




Breves actualidade Galega




Antigo e coñecido guerrillero de Cristo Rey, Eloy Ruiz Cortadi, actual presidente de la “Asociación de Víctimas del Terrorismo de Galicia”, reprende ao Parlamento de Gasteiz polo seu reproche ao Goberno español por ampara- la tortura.

¿ACCIDENTES DE TRÁFICO?

Do artigo de Rafa Villar. “Eu acuso”.

A desgrazada morte nos últimos días de catro traballadores portugueses nas estradas galegas está a provocar unha (…)resposta que se limita a poñer máis controis de tráfico, por parte da Garda Civil, nas rutas dos operarios do país veciño que veñen a gañar o sustento a Galiza.



As razóns destes accidentes, asimilábeis en consecuencias laborais a un accidente de traballo)- haberá que buscalas (…)nas sempre extenuantes xornadas laborais que deben realizar, moitas veces de máis de dez horas e mesmo traballando sábados ou festivos(…) estes traballadores seguirán a ser invisíbeis para unhas administracións que escatiman esforzos en inspeccións laborais e que apenas son quen (…)de reducir todo o problema a unha cuestión, importante pero non fundamental, como a da seguridade viaria.

O pasado Domingo, 25 de Maio, xuntaronse arredor dunhas 30 persoas coa intención de ocupar un autobús de Vitrasa, empresa concesionaría do transporte urbano na cidade de Vigo. A acción, que se atopa dentro do marco da campaña de Precarias En Loita polo dereito ao transporte consistía en que un grupo de persoas subise de balde a unha liña do bus e tratar de conseguir chegar ate un lugar anteriormente acordado, reclamando desta maneira o noso dereito a disfrutar dun transporte colectivo que sexa público e gratuito.

Hai xa máis dun mes que se creou en Lalín a Plataforma Galega Anti-Transxénicos (galizasentransxenicos.org) a raíz do coñecemento dos grupos ecoloxistas de que se está experimentando en 8 concellos do pais con millo transxénico. Un movemento que se abre na Galiza seguindo as reivindicacións que xa se levan a cabo dende hai anos noutros lugares da xeografía planetaria.




Artigo publicado hoxe, 30 de maio, no Diario de Ferrol :

ALTO Á AGRESIÓN. ¡BASTA XA!

de Rafael Pillado *

Aparecía estes días a noticia de que a Empresa Nacional de Celulosas (ENCE) podería instalarse nos portos de A Coruña ou Ferrol. Diante de esa información, o Alcalde d'A Coruña respostaba con contundencia: "Lo voy a tomar como una broma". "Ni A Coruña ni el puerto de Ferrol" son emprazamientos viables. Mentres, o Alcalde de Ferrol se limitou a sinalar que era un "error". Parecía expresarse máis como Presidente de Portos de Galicia que como Alcalde da Cidade. Non escoitamos a voz de ningún outro alcalde da comarca.

Pola súa parte, o Vicepresidente da Xunta manifestou que "estas cousas hai que traballalas en silencio e con eficacia…". ¿Como fixo Reganosa? ¿Como se non houbera que contar cos cidadáns?

Pero a noticia xa non é nova. Vexamos o que no 1997 se escribía: "A idea de sacrificar unha ría, concentrando nela ás industrias das cales a súa viabilidade implique unha certa degradación ambiental sería unha decisión de ordenación do territorio a gran escala… "

"De feito, nos últimos anos as únicas grandes industrias instaladas ou en proxecto na zona costeira de Galicia son instalacións de alto impacto ambiental: o complexo Alúmina-Aluminio de San Cibrao, a incineradora de residuos, as dúas fábricas de pasta de papel proxectadas nas Pontes e Ferrol, etc."

"En canto ás posibles zonas candidatas para un uso eminentemente industrial, parece obvio que a ría de Ferrol é a que reúne máis características idóneas… ".

O autor do libro "Elementos para unha ordenación integral dos usos de medio litoral de Galicia" é Ernesto Penas, con prólogo do ex Conselleiro de Pesca, Sr. Landín da Xunta de Fraga. ¡Habían decidido sacrificar unha ría, a nosa!

Tal e como actúa a Xunta hoxe, parece incrible entender que eses textos non foran pactados entre aquel goberno e a oposición, porque se está a seguir o guión trazado. Esa é a base da instalación da planta de Reganosa, na que a Xunta do PSOE e BNG segue a orientación do PP.

Pero no noso caso, o perigo real xa é a Planta de Gas, unha bomba. Perigo para a vida e para a Ría, e agora pretenden ir máis aló, multiplicando por dúas veces e medio a súa capacidade regasificadora, multiplicando á súa vez os millóns de toneladas de auga que retornaría morta e máis fría. E o número de gaseiros que entraría no seu interior, que podería pasar dunhos corenta a máis de cen.

Súmase, ademais, ese transporte de gas en camións, que faría das estradas outro lugar perigoso. E aínda máis, a pretensión da Autoridade Portuaria de dinamitar os fondos do canal da Ría, coa escusa de facilitar a entrada de gaseiros, cando xa existe un porto exterior, e sabendo que en ningún caso se pode cumprir a norma pola cal os gaseiros teñen que saír con toda urxencia nunha situación de emerxencia.

Unhas e outras ameazas, e a existencia dun perigo permanente por parte de Reganosa, fan que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, inicie un calendario de mobilizacións comarcais, seguindo o próximo 8 de xuño coa manifestación na defensa da Ría e para esixir: "Planta de Gas fóra da Ría".

Non debemos esquecer que, se agora pretenden trasladar a ENCE de Pontevedra, é porque os seus cidadáns levan anos pelexando para conseguilo. ¡E teñen razón! As consecuencias de aquela instalación están a vista, indo a Pontevedra, visitando a ría, falando cos mariscadores, e respirando aquel cheiro infernal.

Basta xa de agresións, defendamos a vida, a ría e a cantos de ela viven. Mobilizarnos é unha obriga moral e de supervivencia.

..............

* Rafael Pillado Lista, é Vicepresidente da Asociación Cultural "Fuco Buxán" e membro desde hai oito anos do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.





memoria antifascista


CONTA SOLIDARIA PRO-MEMORIA HISTÓRICA

25 Abril 2008, por cetmo.

En relación cos procesos xudiciais que afectan ós membros da asociación DIONISIO PEREIRA GONZALEZ e ALFREDO GONZALEZ RUIBAL, promovidos pola familia Gutiérrez Nieto en base a publicacións e manifestacións por eles efectuadas na sua labor de esclarecemento e difusión da Memoria Histórica da Terra de Montes, existe unha conta bancaria para recaudar fondos cos que axudar á defensa xurídica dos nosos compañeiros.

A devandita conta ten como finalidade facer pagos de asistencia xurídica, multas e indemnizacións que se deriven das causas abertas. Os pagos serán controlados polo presidente e o tesoureiro da Asociación.

Número de conta:

2080/0480/11/0040118605

Vos animamos a facer as vosas aportacións e a difundir a existencia da conta entre os vosos achegados.

Se ó final dos procesos xudiciais existise saldo nesa conta, aplicarase de forma sucesiva ós seguintes fins:

Primeiro.- Devolución ós aportantes que o soliciten no prazo que no seu momento se establezca, en proporción ó aportado por cada un en relación co total recadado.

Segundo.- Entrega a asociacións ou colectivos, que defendan causas semellantes as que levaron o banquiño ós nosos compañeiros.

Terceiro.- Entrega a unha entidade sen ánimo de lucro cuios fins sexan concordantes cos da asociación Verbo Xido.

Novas | |



ENSINO, PRIVATIZACION, BOLONIA, UNIDADE DO MOVIMENTO




Intervención do PCPE no encontro de Bruxelas (27/05/08)
Queridos e queridas camaradas:

O Partido Comunista dos Povos de España (PCPE) quere saudar a todas as delegacións aquí presentes e, en especial, ao Partido Comunista Grego (KKE), organizador deste encontro.

Confiamos que os debates de hoxe servan para coñecer as experiencias do movemento de estudantes e profesores/as en cada un dos nosos países e nos axúden a articular respostas unitarias no ámbito da Educación.

Cando falamos do movemento de estudantes e profesores e profesoras no Estado Español, temos que ser conscientes de que os períodos de mobilización son cíclicos: ante a falta dunha estrutura estable de coordinación, a loita estudantil vólvese conxuntural.

Precisamente nos días previos a este Encontro de Bruxelas, comezou un novo período de mobilizacións do profesorado. Os e as docentes de Madrid e Andalucía foron convocados á folga e decenas de miles tomaron as rúas en defensa dun ensino público de calidade. Outro exemplo é o peche de docentes en Canarias.

Dúas semanas antes, eran os/as estudantes quen se mobilizaban contra o Espazo Europeo de Educación Superior. En cidades como Madrid ou Barcelona houbo marchas de protesta e algunhas universidades, como a de Salamanca, viviron peches.

Pero non debemos perder a perspectiva que se sinalaba ao principio: o éxito destas convocatorias só é exemplo dunha resposta puntual e non dun movemento continuo e coordenado. No Estado Español non existe unha estrutura de coordinación da loita estudantil, que non só faga fronte ás políticas neoliberais que ameazan ao noso sistema educativo, senón que tamén sexa capaz de mobilizar por un modelo de Educación alternativo.

En xeral, a desmobilización da esquerda e a falta de estruturas de loita, ten en España como orixe o período da chamada ?Transición?. A pesar diso, no caso da loita estudantil, temos brillantes exemplos de loita durante os anos 80.

En 1986, o governo social-demócrata (PSOE) de Felipe González intentou impor unha reforma vergoñenta da Educación. Nela, introducíanse restricións ao acceso á Educación superior (a famosa proba da Selectividade) e introducíanse as taxas, primeiro paso para a completa mercantilización do ensino.

Convocouse unha folga á que acudiron máis de 300.000 estudantes. CJC, organización xuvenil do PCPE, participou de forma moi activa nas mobilizacións. O governo negociou aspectos secundarios, pero se negou a falar da Selectividade e das taxas. Rapidamente, un movemento de base asembleario comezou a estenderse por institutos, así como comités de folga. As manifestacións deseguido superaron o millón de estudantes.

Formáronse coordinadoras de asembleas e, finalmente, apareceu unha Coordinadora Estatal. O governo social-demócrata, a través das súas organizacións estudantís monicreques, conseguiu finalmente fraccionar e debilitar o movemento. Con todo, as loitas de estudantes dos anos 80 son un claro expoñente do éxito dun modelo organizativo que obrigou ao governo a sentar a negociar e que conseguiu agrupar a millóns de estudantes de todo o Estado.

A derrota de 1987 foi un golpe que as sucesivas xeracións de estudantes aínda non conseguiron superar. Desde 1987, o problema da división é, sen dúbida, a nota máis característica do movemento polo ensino público de calidade. Podemos ver catro aspectos desta falta de cohesión e unidade, que son tamén típicas do movemento de profesores e profesoras:

1.- O primeiro aspecto, é o xa comentado da ausencia dun único referente sindical ou asociativo, ou, polo menos, dunha unidade de acción máis ou menos continuada no tempo. Non existe unidade ao redor da estratexia e táctica do movemento. Algunhas das estruturas sindicais (xeralmente de profesores e profesoras) colaboran coas políticas governamentais, mentres que as organizacións de estudantes moitas veces caen na ultra-mobilización.

2.- En segundo lugar, a política educativa depende en grande medida dos governos de cada comunidade autónoma. Isto provocou, por unha banda, un grande descoñecemento sobre a realidade da Educación no conxunto do Estado. Pero ademais, algunhas organizacións estudantís rexeitan a coordinación e pretenden limitar todo ámbito de actuación ao seu territorio.

3.- En terceiro lugar, non existe unha coordinación real entre o movemento de estudantes e o movemento de profesores e profesoras. Existen difetencias entre as posicións de cada un.

4.- En cuarto e último lugar, non existe coordenación entre a loita do estudantado e outras loitas das capas populares e da clase obreira. As loitas no Estado Español tiveron nas últimas dúas décadas un marcado carácter sectorial. O illamento de cada loita impide que se conforme unha fronte xeral anti-capitalista.

Estas dificultades para articular un movemento estudantil combativo impediron que no Estado Español déase unha mobilización máis xeneralizada e coordenada en contra dos ataques á Educación pública e, máis en concreto, contra a aplicación do Proceso de Bolonia.

PCPE e en especial CJC, estamos intervindo no movemento e lanzando iniciativas e propostas. Comentaranse algunhas delas máis adiante. Con todo, a realidade é que as posicións máis combativas e revolucionarias non son as hegemónicas a día de hoxe no movemento estudantil.

Algunhas das demandas máis frecuentes dos movementos de protesta do estudiantado son os seguintes:

Gratuidade total do ensino en todos os niveis educativos.

Aumento das bolsas e cambio substancial no sistema de adxudicación destas.

Educación individualizada con adecuados recursos humanos e materiais para impartila.

Fin da masificación nas aulas.

Creación de institucións educativas transparentes e democráticas nas que o estudiantado teña representación en igualdade de condicións con outros sectores da comunidade educativa.

Recoñecemento e lexitimidade das asembleas de estudantes. Dereito á folga e dereito de reunión en horas lectivas.

Educación alternativa e popular que recoñeza e potencie a realidade pluricultural e plurilingüística do Estado Español.

Doutra banda, as reivindicacións do profesorado, en defensa do ensino público e da dignificación do seu labor, son:

Incremento progresivo do investimento en educación que permita dotar aos centros dos recursos humanos e materiais necesarios para un ensino autenticamente de calidade.

Contra a división e a jerarquización do profesorado e contra a introdución de criterios de produtividade no labor docente.

Incremento real de persoais para todos os centros educativos e dotación de persoal non docente (traballadores e traballadoras sociais, psicólogos e psicólogas, especialistas en sanidade,?) que permita atender dun modo integral as necesidades educativas de toda a povoación.

Diminución da ratio (proporción de alumnos por profesor/a) no ensino primario e secundaria e redución do horario lectivo.

Estabilidade para o profesorado interino. Recoñecemento pleno de dereitos de profesores e profesoras en situación de interinidade baixo o principio de ?a igual traballo, igual salario?.

Recoñecemento das enfermidades profesionais específicas da función docente.

Subidas salariais lineais que compensen a perda de poder adquisitivo dos últimos anos e mecanismos de homologación salarial para docentes de todo o Estado.

Todas estas reivindicacións dos colectivos de profesores/as e estudantes xorden á calor da progresiva privatización do ensino en España e da aplicación progresiva da política educativa da Unión Europea.

Os sucesivos governos, sexan do PSOE ou PP, seguiron estritamente as orientacións do polo imperialista europeo, a UE. Detrás da privatización dos servizos públicos, ademais do desexo do capital de aumentar os beneficios, está tamén a súa necesidade de ampliar o ámbito do negocio a sectores que estaban ata hai pouco en gran medida fóra del, para paliar a tendencia ao decrecimiento da taxa de beneficio. Pero o ensino non é só un negocio, tamén é un aparello ideolóxico e un mecanismo imprescindibel para a reprodución da capacidade produtiva. En definitiva, un sector estratéxico, que o capital quere pór totalmente ao seu servizo.

No ensino non universitario, as sucesivas leis que se sucederon en poucos anos: Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOGSE, de 1990), Lei Orgánica de Calidade do Ensino (LOCE, de 2002) e Lei Orgánica do Ensino (LOE, de 2006), teñen entre os obxectivos declarados a homologación do sistema educativo español co europeo.

Estas leis actúan sobre un sistema educativo con algunhas particularidades. Unha delas é a presenza da Igrexa católica nel, pois se inclúe relixión como materia optativa de oferta obrigatoria en todos os centros. Outra é a existencia dunha dobre rede, pública e privada, dividida esta en concertada e non concertada.

O ensino concertado, de propiedade e xestión totalmente privada mais pagada con fundos públicos, regulouse en 1985 na Lei Orgánica do Dereito á Educación (LODE), promulgada polo primeiro governo social-demócrata do PSOE, cando gozaba dunha ampla maioría absoluta. Desde entón este subsector non parou de crecer, ao incorporar novos centros e ampliarse a niveis educativos non obrigatorios.

Os centros privados concertados son maioritariamente propiedade da Igrexa católica. No curso 2006/07 o ensino privado alcanzaba ao 33.0% do alumnado do ensino primario e ao 33.5% do da educación secundaria obrigatoria, a grande maioría dos cales estudan en centros privados concertados, que chegan a ser maioritarios en bastantes zonas urbanas.

A LOE de 2006, apoiada polos partidos e sindicatos do sistema, supón un paso adiante na privatización, por canto aumenta os orzamentos asignados ao ensino concertado, permite a ampliación dos concertos aos niveis non obrigatorios (educación infantil, Bacharelato e Formación Profesional) e reforza os mecanismos de selección do alumnado por parte dos centros concertados. Con todo iso a rede pública vaise situando como subsidiaria da privada, cun carácter cada vez máis asistencial, mentres os futuros e futuras cadros fórmanse no ensino privado, nomeadamente nos centros elitistas, só ao alcance dunha pequena minoría.

A LOE do PSOE, na súa exposición de motivos, expón unha educación no marco dos obxectivos da UE, que debe contribuír a unha economía máis competitiva e dinámica.

Na Universidade, as formulacións da Declaración de Bolonia e a creación do Espazo Europeo de Ensino Superior (EEES) foron asumidos polo Estado español baixo o governo do PP e mantidos polo PSOE. A LOU, reformulada en 2007 polo governo do PSOE, introduce o Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS); suprime as diplomaturas e divide licenciaturas en graos e posgraos; avalía universidades e titulacións segundo criterios de máxima rendibilidade económica, cun novo organismo chamado ANECA no que participan as empresas;?

Todo iso significa o crecemento do elitismo da educación superior, o fin da participación do estudiantado na vida universitaria e o aliñamento entre os contidos do ensino universitario e os intereses económicos das multinacionais. Contra esta política houbo unha resposta significativa do movemento estudantil, especialmente por mor da Xornada de loita do 6 de marzo e agardannse novas mobilizacións para o próximo curso.

CJC e PCPE participan activamente nas mobilizacións estudantís e tratan de porse á cabeza das mesmas. Con todo, á vez que participamos nas mobilizacións, tamén tomamos iniciativas activas para avanzar cara a un modelo de organización estudantil que supere as actuais estruturas.

Neste sentido, CJC tomou contacto cunha grande maioría das asociacións e asembleas que a día de hoxe traballan a loita estudantil. Propúxose avanzar cara a unha Coordinadora de Estudantes, que se fundamente en asembleas de base, pero aproveitando as estruturas asociativas xa existentes.

Actualmente, estamos nunha época de reconstrución e reformulación do movemento estudantil e do movemento popular combativo en xeral. Debemos superar o sindicalismo institucionalizado, que se basea nunha organización sectorial e non baseada na mobilización. A interrelación das distintas loitas é esencial para constituír un movemento popular amplo, baseado na elaboración de alternativas e na mobilización.

A coordinación destas loitas non pode xa exporse unicamente dentro de cada Estado. Este Encontro de Bruxelas demóstranos que as loitas ás que nos enfrontamos son comúns en moitos casos e que a resposta a todo este armazón oligárquico europeo debe ser unitaria.

O papel dos e as comunistas de Europa debe ser impulsar esta coordinación dun movemento popular, amplo e combativo. Neste sentido, comprácenos volver saudar a iniciativa tomada polo KKE. Cremos que deste Encontro sairemos fortalecidos.

¡Un saúdo a todos, a todas e bo debate!



sexta-feira, 30 de maio de 2008


Os Comunistas da Galiza (PCPE) apoiamos decididamente, e chamamos a toda a cidadanía pontevedresa a secundar unánime, a MARCHA CONTRA CELULOSAS convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra, para o sábado 14 de Xuño ás 20.30 desde as Alamedas de Marín e Pontevedra.

Non queremos aturar ata o 2018 o complexo ENCE-ELNOSA na nosa Ría, como contempla a autorización ambiental concedida recentemente pola Consellería de Medio Ambiente no que constitue unha clara violación do programa electoral acordado polo bipartito autonómico que é motivo suficiente para solicitar a dimisíon do responsábel institucional que é o Conselleiro de Medio Ambiente.

Dito complexo, exemplo de industria de enclave altamente contaminante e custosa en términos sanitarios, enerxéticos e económicos para o noso povo e para a nosa terra e mar, altamente riscosa pola accidentalidade das plantas de cloro, claro exemplo de violencia depredatoria do capital que non dubida en sacrificalo todo á percura do lucro privado, e que o fai coa cumplicidade institucional, é , lembrémolo mais unha vez, ILEGAL.

As e os comunistas galeg@s aproveitamos para saudar unha vez mais o exemplo de loita consecuente que é a Asociación Pola Defensa da Ría, e poñémonos á sua disposición para os traballos preparatorios da Marcha.

FORA, XA, CELULOSAS DA NOSA RÍA.

COMUNISTAS DA GALIZA(PCPE)


MEMORIA ANTIFASCISTA

INFORMACION ENCAMIÑADA POR A OLIVEIRA DE TEO


A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña denunciará ao alcalde, Javier Losada, diante da Fiscalía, pola pervivencia de escudos franquistas en edificios públicos da súa responsabilidade. A denuncia irá dirixida tamén polo mesmo motivo contra os ministros de Economía e Facenda, Pedro Solbes; de Fomento, Magdalena Álvarez, e de Defensa, Carme Chacón.
O colectivo, que fará hoxe público o contido da acusación, toma a decisión "diante da reiterada negativa destes responsabeis políticos a cumprir a lei sobre a retirada de escudos franquistas", que entrou en vigor a finais do pasado ano. A comisión entende que chegou o momento de que a Xustiza decida, logo de emprender sen éxito outras numerosas iniciativas, que, recordou a comisión, "foron sempre rexeitadas polos alcaldes Francisco Vázquez e Javier Losada".
A asociación sinala que ditos escudos son "ilegais desde fai 27 anos". A normativa de 1981, pola que se decretaba a substitución do emblema franquista polo constitucional daba un prazo de tres anos para a súa eliminación. A lei de recuperación da memoria histórica obriga a retirar toda a simboloxía franquista de edificios públicos.
No entanto, son varias as edificacións públicas da cidade que aínda os conservan: o palacio de María Pita -na vidreira da entrada principal-, as fachadas do cuartel de Atocha, a Comandancia Militar de Mariña, Correos e a Aduana.
Por iso, o presidente da Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica, Manuel Monge, presentará unha denuncia na Fiscalía contra os máximos responsábeis destes edificios: o alcalde da Coruña e os ministros de Economía e Facenda, de Fomento e de Defensa.
O colectivo xa dirixira un escrito ao presidente do Governo, José Luís Rodríguez Zapatero, no ano 2006, para informarlle da existencia da simboloxía franquista e do incumprimento da lei. Solicitou así mesmo o amparo do Valedor do Povo ante a negativa dos primeiros edís coruñeses de suprimir o escudo fascista das dependencias municipais.
A retirada da placa dedicada a José Antonio Primo de Rivera e á Falanxe no Cantón Grande iniciou timidamente a semana pasada a supresión de simboloxía franquista na cidade, sen que o Concello planifique a substitución de nomes de vías públicas nin elabore unha listaxe coas rúas que se verían afectadas polo cambio.



A FEDERACIÓN MUNDIAL DA MOCIDADE DEMOCRÁTICA DIANTE DO REFERENDO DE IRLANDA.

TRADUCIDO POLO PCPE.


A FMMD apoia á mocidade e ao povo irlandés contra o Tratado de Lisboa da Unión Europea
.O pasado 13 de decembro, os xefes de estado da UE aprobaron en Lisboa a nova versión da”Constitución Europea”...

quinta-feira, 29 de maio de 2008




ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RIA

O vindeiro MÉRCORES 11 de xuño ás 20,30 h. no Salón
de Actos de Belas Artes terá lugar unha MESA REDONDA:
AUTORIZACIÓN AMBIENTAL: UN PASO MÁIS NA CONSOLIDACIÓN
DE ENCE / ELNOSA; na que intervirán o Alcalde de
Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e a Profesora de
Dereito. U.S.C. Alba Nogueira López, moderada polo avogado
Vicente García Legísima. Este acto será preambulo da
MARCHA CONTRA CELULOSAS O SÁBADO 14 DE XUÑO ÁS 20:30 H
NAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA
APOIA E DIFUNDE ESTA CONVOCATORIA

Máis información en:
www.apdr.info


NEPAL PROCLAMA A REPÚBLICA E PON FIN A 240 ANOS DE MONARQUÍA
os seus sete palacios foron nacionalizados Nepal proclama a república e pon fin a 240 anos ...



ALGUNHAS INFORMACIÓNS DE INTERESE

----Resistir BOLIVIA: CONSPIRAÇÃO PARA DIVIDIR
Após a secessão do Kosovo, província sérvia tornada "independente", é a Bolívia que o imperialismo tenta dividir..
Nos último dias a escalada conspirativa atingiu níveis sem precedentes. As acções subversivas e anticonstitucionais dos grupos oligárquicos para dividir o país reflectem uma mentalidade racista e elitista.
Subscreve a mensagem de apoio ao governo do Presidente Evo Morales Ayma, às suas políticas de mudança e ao processo constituinte soberano do povo boliviano:
http://www.todosconbolivia.org/

-----RebelionATENTADO” DAS FARC ¿¿“EN MADRID”??

Os medios de comunicación burgueses no estado español, en ridículo. Só o periódico Público caeu na conta do absurdo da filtración do gobierno colombiano: tratábase dunha acción CONTRA UNHA ESCOLA DE SUBOFICIAIS EN COLOMBIA, situada no municipio “Madrid”, a 25 kilómetros de Bogotá…

-----Interesantes declaracións sobre o tema do Tibet e as Olimpiadas, do Deputado venezolano de Parlatino,Carolus Wimmer.

Este interés norteamericano en promover os incidentes responde a posicion xeoestratexica que posue o Tibet xa que ademáis de server de paso entre os 2 países mais poboados del Mundo (CHINA E INDIA), posúe un subsolo rico en minerais, detentando unha importancia económica e xeopolítica.




Interesantes declaracións sobre o tema do Tibet e as Olimpiadas, do Deputado venezolano de Parlatino,Carolus Wimmer.
“Este interés norteamericano en promover os incidentes responde a posicion xeoestratexica que posue o Tibet xa que ademáis de server de paso entre os 2 países mais poboados del Mundo (CHINA E INDIA), posúe un subsolo rico en minerais, detentando unha importancia económica e xeopolítica.
______________________________________________________
Dados de interese sobre o ultimo congreso da FSM na Habana, extraidos dunha entrevista a Jean Pierre Page.
“A presencia dos EEUU, cun representante de “Change to win”, que agrupa as principais federacions antes da AFL-CIO que veñen de separarse desta para constituir unha nova coalición sindical. Esto, por certo, vai modificar totalmente o marco sindical de EEUU e tamén o internacional.”
“Os delegados do Congreso da FSM procedentes de 73 países representaban a mais de 230 confederacions nacionais. A meirande parte delas non estaban afiliadas á FSM, o cal corresponde a la realidade do movemento sindical internacional: casi a metade non ten afiliación internacional, é decir, a inmensa maioría dos traballadores do mundo.”
“Numerosos visados de tránsito por países europeos, Francia entre outros- foron denegados a sindicatos de Bangladesh, Paquistán, Filipinas... o que reducíu a participación.”
“O congreso amosóu unha realidade sindical, que sería erróneo subvalorar, en plena renovación e con perspectivas.”
“Estamos moi lonxe dese fin da historia que nos anunciaran.”

O Comité Central do Partido Comunista dos Povos de España (PCPE) desexa transmitir o seu mais sentido pesame ao Secretariado das FARC-EP e a todos os seus integrantes polo pasamento dese grande dirixente proletario, probado Marxista-Leninista, servidor consecuente da causa dos humildes e do Socialismo na Colombia, América Latina e o Mundo que foi Manuel Marulanda Vélez.

Vemos en Manuel Marulanda ao dirixente campesiño comunista que nunca traizoou, nin dubidou sobre a vía a percorrer para acadar a Democracia, a Paz, a Xustiza Social, a independencia e o avance cara ao socialismo, para o povo e a nación de Colombia. Que sempre se esforzou por abrir camiños de paz e de diálogo, de acordo político e de entendemento fronte a unha oligarquía criminal que hai tempo optou polo exteminio físico dunha parte do Povo (ata 3000 dirixentes políticos e obreiros nos últimos cinco anos) para poderse perpetuar no seu poder e nos seus privilexios e xunto a iso, no seu papel de triste lacaio do imperialismo estaodunidense.

Rexeitamos taxantemente que, fronte ao dito pola oligarquia narcoparamilitar e o governo genocida de Bush, Manuel fose un "terrorista". Non o son os loitadores populares que en moitas partes do Mundo gañan eleccións e se convérten en presidentes con grande apoio popular malia estaren incluídos en repudiabeis "listaxes de terroristas" confeccionadas por quen masacran sen piedade millóns de seres indefensos mediante agresións económicas ou militares.

Neste momento de dor para os comunistas españois e de todo o Mundo facemos votos para que se impoña definitivamente o camiño de arranxo pacífico e negociado que traia a Democracia e a Paz ao sufrido e heroico povo colombiano.

Non temos dúbidas de que así como Bolivar e Sucre ocupan hoxe o panteón dos heroes e proceres da Liberdade dos povos suramericanos, Manuel, Raul, Jacobo, Jaime Pardo, Carlos Pizarro e outros heroes ocuparán en vindeiras datas o mesmo panteón de honra e serán lembrados como grandes fillos de Colombia, América Latina e a Humanidade avanzada e progresista.

Partido Comunista dos Povos de España


España: ETA, accidentes laborais,

lixo e puntos negros

por J.M.Alvarez

Un enorme despregamento mediático informounos da detención en Francia de catro membros de ETA, entre eles Francisco Javier López Pena “Thierry”, considerado, agora, o número un da organización. Con isto das numeracións un xa non sabe a que aterse. Ata fai poucos días, Garikoitz Aspiazu “Txeroki”, era quen ocupaba ese lugar e agora din que non, que o número un era outro. Estas contradicións demostran que sobre ETA se conxectura e fan cábalas, debido á capacidade que ten de reorganizarse, algo que sería imposible se non contase co apoio dun sector do povo basco. ETA non é, como din algúns, o problema de Euskalherría, o problema de Euskal Herría é o réxime de Madrid. Repito o que dixen noutro artigo: sen un proceso de paz, haberá conflito e sufrimento para longo.

Ese despregamento dos medios, contrasta coa rutineira información que facilitan cando as noticias atinxen aos accidentes laborais, malia que estes se cobraron a vida, no primeiro trimestre deste ano de 227 obreiros, cifra idéntica ao mesmo período do ano anterior. Aínda que as frías estatísticas falan dunha redución dos accidentes, non sucede o mesmo co arrepiante número de mortos. Estoutras vítimas reciben un tratamento informativo elemental, nada de alarmismos, demostracións desmesuradas ou alharacas. Nin unha coma de máis.

Tampouco recibirán honras, non haberá bandeiras, desfiles nin vivas a España. Son mortos anónimos, medio ocultos, molestos, esquecidos dos medios que non efectuarán alardes informativos. Son os mortos rutineiros, os de todos os días, son os ignorados dos sindicatos verticais, que aínda que fagan declaracións acusadoras, non tomarán medidas drásticas por temor a perderen o salario que perciben do sistema. Estes mortos non son obra de ETA, e os seus familiares non engrosarán as filas dunha asociación que os protexa do incerto futuro.

Estes falecidos teñen a desgraza de pertencer á clase social que sofre os efectos da cobiza capitalista e as súas viúvas e fillos, non estarán sometidos ao circo mediático, un sometemento que provoca, demasiado rápido, a presenza do odio nunha persoa que acaba de ser destruída emocionalmente, ou tamén unha afectada serenidade pola morte dun ser querido, mesturada con sorrisos incomprensibles que preludian o posterior exabrupto. Como serán os comportamentos das mulleres e fillos dos albaneis, condutores, electricistas etc., etc., que morren na fronte do tallo?

María Teresa Fernández de la Vega, Vicepresidenta do Governo das Españas, dixo tras o atentado de Legutiano, que “ante tanta barbarie, ante tanta brutalidade, todas as forzas políticas temos o deber e a obriga de responder con unidade e firmeza fronte aos terroristas”. Espero que algunha vez se móstre igual de contundente recordando aos que morren todos os días, a consecuencia do terrorismo empresarial.

A viúva do garda civil falecido no atentado perpetrado por ETA contra o cuartel de Legutiano (País Vasco) tivo, loxicamente, duras palabras para os causantes da morte do seu marido aos que chamou lixo e “punto negro na limpeza dun gran país”. Pero, onde estará ese gran país? Non pode ser grande quen exerce a represión en todas as súas formas, rega torturas, e nega o dereito a decidir por si mesmos aos povos que conforman o Estado español. Se España fose grande, honesta, non existiría ETA nin o lixo contractual, parteira dos puntos negros que provocan o horror da sinistralidade laboral.



Voltairenet.org

Bases ianquis no Iraque
O acordo de seguridade entre Estados Unidos e Iraque que debe asinar o goberno iraquí que salga das eleccións do 1º de outubro próximo, legalizará o establecemento de 14 bases militares estadounidenses permanentes actualmente en construción.
Polo tanto, a discusión sobre a retirada das tropas estadounidenses non é máis que un engano. Para Washington trátase únicamente de desfacerse de toda responsabilidade en Iraque mantendo con todo nese país uns 80 000 homes acantonados nas bases mencionadas, con vistas á realización de novas operacións na rexión.
Esta é a listaxe das 14 bases:
1. Zona verde (Bagdad)
2. Camp Falcon-Ao-Sarq (Bagdad), capacidade: 5 000 efectivos.
3. Camp Victory-Ao Nasr (a 5 km do aeroporto internacional de Bagdad), capacidade: 14 000 efectivos.
4. Camp Anaconda/Base aérea de Balad, capacidade: 20 000 efectivos
5. Camp Taji
6. Base aérea da o Taqaddum
7. Camp Fallujah
8. Camp Speicher (Tikrit)
9. Camp Ao-Qayyara (Mosul)
10. Camp Marez (Mosul)
11. Camp Renegade (Kirkuk), capacidade: 1 664 efectivos.
12. Base secreta (entre Irbril e Kirkuk)
13. Camp Ao-Talil (Nasiriyah), capacidade: 6 000 efectivos
14. Patrol Base Shocker (fronteira iraní
)



GRANMA
Finaliza sen avances reunión do G-8 sobre problemas ecolóxicos
TOKIO, 26 de maio.? Os ministros de Medio Ambiente do G-8, reunidos na cidade xaponesa de Kobe, clausuraron hoxe sen compromisos firmes unha reunión sobre problemas ecolóxicos.
Xapón, Estados Unidos, Gran Bretaña, Canadá, Alemania, Francia, Italia e Rusia abstivéronse de pactar sobre o espiñoso tema da redución dos gases de efecto invernadoiro a mediano prazo para o 2020.
Só se limitáron a recoñecer a necesidade de chegar a un acordo e expresaron a súa vontade respecto diso, pero con miras a reducir á metade as emisións para o 2050.
A antesala ao Cume, do 7 ao 9 de xullo próximo na rexión montañosa do lago Toya, na illa de Hokkaido, finalizou sen avances concretos e cada un dos participantes aferrouse á súa postura.

quarta-feira, 28 de maio de 2008


resistir + Axencia Bolivariana de Noticias A renacionalização da Sidor, decidida a 9 de Abril pelo governo Chávez, constitui uma bela notícia. Trata-se da maior siderúrgica da Venezuela e a quarta da América Latina. A empresa fora objecto de uma privatização selvagem cerca de 10 anos atrás. Agora – com o apoio maciço dos seus trabalhadores – este importante meio de produção volta finalmente à propriedade do Estado venezuelano.

PRESENTACIÓN DO LIBRO ÁLBUM DE GUERRA



O venres, 6 de maio, ás 8 da tarde, na Galería Sargadelos, rúa da Oliva en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Álbum de Guerra. Canteiros da Terra de Montes no exército popular da República. Nesta publicación, un vello cenetista de Cerdedo, Roxelio Arca Rivas, amósanos toda unha colección de fotografías que Roxelio tomou coa súa cámara fotográfica na fronte de Madrid no ano 1937; estes negativos conservounos estes setenta anos nos que, con toda dignidade, tivo que sufrir a represión do réxime franquista. Non só conservou as fotos senón escritos que nos achegan ao horror daquela guerra.

Esta impagable documentación complétase cun documentado estudo do historiador Dionisio Pereira que enmarca a participación de moitos traballadores da Terra de Montes como milicianos do exército popular republicano.

A publicación , magnificamente editada pola Difusora de Letras, Artes e Ideas e a asociación Verbo Xido, constitúe un documento imprescindible na recuperación da memoria da guerra.

Sempre con Vós.Cidadanía pola Verdade de Pontevedra e Verbo Xido de Cerdedo, convidan a toda a cidadanía pontevedresa a asistir a este acto no que intervirá Dionisio Pereira e terá lugar a proxección de fotografías de Álbum de Guerra.



Galiza en venezuela


proxección da documental


A EMIGRACIÓN GALEGA EN VENEZUELA


coloquio:


Manuel Mera, secretario executivo FESGA

Antón Alvarez, responsable local CIG Estrada

David Nieves, cónsul de Venezuela na Galiza


Sala de exposicións do Teatro Principal da Estrada

29 de maio ás 20.00 horas




Aos deputados que se reclaman dos dereitos dos traballadores e os povos

Non ratifiquedes o Tratado de Lisboa!
O Governo de Zapatero xa enviou ás Cortes o proxecto de Lei Orgánica para a ratificación do novo Tratado Europeo (Tratado de Lisboa) Desde o día 9 de maio estase no prazo de apresentación de emendas na Comisión de Exteriores do Congreso.

509 compañeiros sindicalistas e militantes obreiros de 21 países da Europa fan un Chamamento aos traballadores e traballadoras da República de Irlanda para que voten NON no vindeiro referendo que terá lugar o 12 de xuño. Irlanda é o único país da Unión Europea obrigado constitucionalmente a someter a referendo o Tratado.

Os asinantes do estado español xunto con outros traballadores, chaman a agruparse, a tomar iniciativas e levar a cabo accions mobilizadoras para impedir a ratificación do tratado. formaron un comité para difundir e estender este chamado: "En defensa de todas as conquistas democráticas, sindicais, sociais e políticas, en defensa da soberanía e a fraternidade dos povos, por unha Europa de povos libres libremente unidos, dicímosvos: non ratifiquedes o Tratado de Lisboa."
http://www.noconstitucioneuropea.org



Partido Comunista de Irlanda.

Traducido polo PCPE

23 de maio de 2008


Camaradas.



A loita en Irlanda contra o Tratado de Lisboa intensifícase, á vez que contra todos os principais partidos do sistema, organizacións de empresarios que gastan millóns de euros na campaña do si. Os partidarios do non foron practicamente expulsados dos medios de comunicación pero iso non detivo ao movemento de base en todo o país.


O Congreso Irlandés de Sindicatos votou esta semana apoiar a campaña polo si pero logramos obter un importante número de votos polo non e abstencións. 14 sindicatos votaron si, 5 non e 8 abstivéronse, isto principalmente nos sindicatos de servizos públicos, coa abstención do maior sindicato do país, o SIPTU. É a primeira vez que logramos que unha sección importante do movemento sindical móvase dunha posición moi a favor da UE. Os sindicatos do non deixaron claro que farán campaña activa polo non.


A organización de campesiños Asociación Irlandesa de Agricultores (IFA) apareceu en abril chamando ao voto ao si, pero hoxe seis dirixentes da organización de agricultores chamaron publicamente a votar polo non.


Reflexo do crecemento do apoio de base ao NON.


Os socialdemócratas europeos están inxectando diñeiro a través do Partido Laborista para asegurar o voto ao sí. Todos os días atopámonos cun dirixente apoloxeta do capitalismo monopolista europeo que vén a Irlanda pedindo o voto ao sí mentres o Primeiro Ministro Brian Cowan admitía esta semana que non lera o Tratado.


Pedimos aos partidos e persoas que dean un paso e se solidarícen na medida que sexa co povo irlandés nesta loita tremendamente desigual. Se queren asistirnos con axuda material por favor contacten connosco para máis información.



Eugene Mc Cartan

Partido Comunista da Irlanda



Masiva detencion de comunistas en Colombia


DETIDOS DIRIXENTES COMUNISTAS DE REMOLINOS DO CAGUÁN

Entre o domingo 11 e o luns 12 de maio, nun operativo conxunto de DAS e Exército foron detidos 25 cidadáns do municipio de Remolinos do Caguán, departamento do Caquetá. Os informes da prensa oficial falan de comiso de armas, cocaína e material "subversivo". Estas persoas foron trasladadas ao CTI da Fiscalía baixo sindicación de rebelión, por conta do Fiscal 53, delegado ante as Forzas Militares.


Como de costume, fálase dun "golpe á subversión". Pero menten sobre os cidadáns detidos e os elementos incautados. Nas violacións e detencións non foron obtidos os elementos sinalados. Tampouco houbo presenza do Ministerio Público, a Procuradoría ou a Defensoría do Povo.


Entre os detidos cóntase a dirección do Partido Comunista Colombiano do municipio. Trátase dun atropelo de persecución política, que pretende implicar pola forza a dirixentes políticos coa insurxencia. Na lóxica governamental de Álvaro Uribe, sobran os dereitos procesuais, as garantías e as liberdades. Deuse inicio a unha declarada cacería de bruxas contra a esquerda que actúa nos espazos legais, no vello estilo da persecución macartista.


O Partido Comunista Colombiano denuncia esta grave situación. Reclama da Fiscalía, a Procuradoría e a Defensoría do Povo esclarecer se se trata dun xuízo político contra unha organización, integrante do Polo Democrático Alternativo. Esixe a plenitude das garantías para os cidadáns (as) detidos (as) e a súa inmediata liberdade.


Acode á opinión democrática nacional e internacional para que actúe en esixencia do respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais do povo colombiano.


PARTIDO COMUNISTA COLOMBIANO

Comité Executivo

Bogotá, maio 13 de 2008


terça-feira, 27 de maio de 2008

resistir


A CENTRALIDADE DO PICO PETROLÍFERO
A questão do Pico Petrolífero é central, pois determina todas as outras. Isto é importante, em particular e sobretudo, na questão dos grandes investimentos públicos. Trata-se de despesas muitíssimo vultosas, elas provocam dívidas que comprometem não só a geração actual como gerações futuras.
Este governo prevê investimentos colossais – como novo aeroporto, TGV e agora um terceiro atravessamento do Tejo – que não podem ser suportados pela combalida economia portuguesa. Além de serem investimentos que não se destinam a aumentar a capacidade de produção nacional, eles estão a ser decididos sem que sequer se tente antever o que virá a ser o mundo pós Pico Petrolífero.
Gastar recursos em activos fixos que estimulam o tráfego rodoviário, aumentam o consumo de petróleo e dentro de poucos anos ficarão sub-utilizados é má utilização de recursos públicos.
Muitos empreiteiros ganharão com isso, mas a sociedade como um todo perderá. Tais erros terão de ser pagos no futuro.



Voltairenet.org

Pascual Serrano, Director de Rebelion.org

Para que os servizos de intelixencia te teñan fichado mellor
¿Quen está detrás de Facebook, o portal dos amigos?

O programa internet Facebook é unha simpática ferramenta de comunicación social Pero tamén constitúe unha mina de informacións para os servizos de intelixencia.
¿Que é Facebook? ¿quen está detrás dese proxecto? ¿é tan espontáneo como din? ¿obedece só ás iniciativas cidadás sen ningunha ideoloxía detrás?
O xornalista Tom Hodgkinson investigouno.
Facebook afirma ter 59 millóns de usuarios activos os cales ofreceron a súa información da tarxeta de identidade e preferencias de consumo a un negocio estadounidense do que non saben nada. Nestes momentos dous millóns máis se suman cada semana.
en Facebook participan todos os 16 servizos de intelixencia dos Estados Unidos, comezando pola CIA, o Pentágono e o Departamento de Defensa. "Todo o colectan e todo o gárdan. Con iso establecen un «perfil»"psico-socio-político de cada suxeito e así manteñente na mira. Na parte de explotación comercial e consumismo, segundo The Guardian, están comerciantes sen escrúpulos de Silicon Valley, Coca Cola, Microsoft, Blockbuster, Sony Pictures, Verizon e Conde Nast, entre outras máis.
Un rumor recente di que o inversionista asiático Le Ka-Shing, de quen se di que é o noveno home máis rico do mundo, comprou un 0,4% de Facebook por 60 millóns de dólares.
De forma que todo isto é o que hai detrás da «espontánea» movilización por Internet contra as FARC:
diñeiro e CIA. O de sempre.

Pascual Serrano, Director de Rebelion.org

MOCIDADE COMUNISTA DE GRECIA

traducido polo P.C.P.E.
MOCIDADE COMUNISTA DE GRECIA, Información de KNE ...

detención dun xoven comunista
solidariedade co/as camaradas chec@s!!

O XORNAL DE HOXE


Operario luso da construcción, 32 anos: Cuarta vítima mortal portuguesa nas estradas de Lugo en apenas 60 horas. Traballaban para empresas galegas.son “peonadas” que “nos” fornecen de man de obra barata. Xornadas laborais longas e volta á casa rápida. Os nosos competidores???

somos a mesma clase obreira!



O 60% das firmas da construcción na Galiza prevé botar xente á rúa nos vindeiros meses.



O 9% dos estudantes da Universidade de Compostela sofre depresión. Outro 30 % presenta síntomas depresivos. As causas confesas: “Problemas económicos e competitividade” Criación dunha Unidade de Trastornos Depresivos. A única solución? o actual modelo produce depresión. Moz@, organízate e loita. “barricadas ou neurose”, dicían no 68 do século pasado



Xornal de hai unha semana


manifestación sindical unitaria contra a contratación por Medio Rural dunha empresa PRIVADA (SEAGA S.A.) para prevención e extinción de incendios, en vez dos inscritos nas listas PUBLICAS de contratación temporal da Xunta


Concentración GIG-ENSINO, profes e alumnos contra o decreto de bacharelato, reivindicando ENSINO LAICO e MAIS HORAS DE FILOSOFÍA E HISTORIA. Asignaturas pouco “produtivas” para a axenda de Boloña deseñada pola UE DOS MONOPOLIOS.


O Vicepresidente da Xunta disposto a “ ANIMAR e dar todas as facilidades”(!!!) aos empresarios para A CONSTRUCCION DUNHA NOVA PAPELEIRA. Sobre a sua localización Quintana respondeu “A QUE DECIDAN OS EMPRESARIOS”. Estámosche bos.





XVII Seminario Comunista Internacional

A clase obreira, o seu papel e a súa misión actual.

As tarefas e as experiencias concretas do Partido Comunista na clase obreira e no sindicato

Bruxelas, 16 - 18 de maio do 2008

www.icsbrussels.org , ics@icsbrussels.org
co agradecimento dos camaradas belgas ao PCPE pola a sua axuda na traducción do texto e o seu importante labor internacionalista.


Conclusións xerais

Tras un intercambio de experiencias e de ideas e tras discusións sobre a situación actual e os problemas da clase obreira, a súa composición, o seu rol e as súas loitas, os ataques contra os seus dereitos e as súas conquistas, o papel dos sindicatos e as tarefas dos partidos comunistas na clase obreira e os sindicatos, nós, os participantes do 17 Seminario Comunista Internacional reunidos en Bruxelas, chegamos ás seguintes conclusións xerais:

1. Ao longo dos últimos trinta anos, a clase obreira sufriu cambios significativos no seu número e composición, pero segue mantendo o seu papel histórico de sepultureiro do sistema capitalista. XVII Seminario Comunista Internacional A clase o...



Para os xitanos non reza a presunción de inocencia. Ese/as cidadá/ns “de segunda” han de exhibiren, para ser aceptad@s como veciñ@s, o seu certificado de Penais demostrando que non son traficantes en drogas.

Os masivos “pogromos” de certa cidadanía benpensante pontevedresa contra as familias xitanas realoxadas e a política de silenzo e amparo institucional dalgunhas autoridades municipais e do bipartito autonómico, con moi probabeis obxectivos electoralistas, traducida na práctica no aillamento en ghettos da comunidade xitana, constituen vergoñentos e moi alarmantes síntomas de regresión social racismo e xenofobia, que deben suscitar un amplo movimento de resposta que abranga a todas as organizacións e individuos progresistas da cidade de Pontevedra.


Os comunistas galegos chamamos a atención sobre o que, ao parecer, quer converterse nun perigoso movimento xeralizado a varias localidades onde os brotes de fascismo social contra as minorías marxinadas son non menos graves.



SOLIDARIEDADE PLENA CO COLECTIVO XITANO


NON AO FASCISMO SOCIAL



acude aos actos unitarios convocados por
Plataforma Pontevedra Intercultural


para o vindeiro sábado 31 de maio desde as 18.00 na praza da Ferreria


XORNADA INTERCULTURAL

en PONTEVEDRA na PRAZA da FERRERÍA

SÁBADO 31 de MAIO

MESA REDONDA ás 18,00 horas.

Conchi Vazquez. Ensinante ( Moderadora )

Luisa Marquez. Ensinante IES Monteporreiro

Fernando Montoya. Mediador Intercultural da Fundación Secretariado Xitano

Bilal Traore. Senegalés. Presidente Sen Fronteiras

Manuel Vila. Asociación de promoción e integración xitana de Lugo

CONTACONTOS ás 18,30 horas

A cargo de PAVIS PAVOS

CONCERTO ás 20,00 horas

DEGOO

RAFA de DEBUXOS REANIMADOS

FAINOTI

FUSIÓN FLAMENCA

OS CHICHISOS

CONVOCA: PLATAFORMA PONTEVEDRA INTERCULTURAL

Camaradas e compañeir@s, aí vos vai o chamamento para a militancia da 19 Escola estatal de formación dos CJC, nas próximas semanas iremos encamiñando máis información.

EN XULLO... ¡ESCOLA ESTATAL EN ALACANTE!

Os CJC celebramos a nosa XIX Escola Estatal de Formación en Alacante, entre os días 16 e 20 de xullo. As nosas escolas estatais estanse convertendo nun dos principais eventos centrais que organizamos ao longo do ano. E é normal, xa que adoitamos definir aos CJC como "escola de comunistas".

O ano pasado, cando convocabamos a XVIII Escola en Madrid, faciamos referencia á moral comunista, como un dos principais eixos sobre os que temos que estruturar a nosa formación como revolucionarias e revolucionarios. Neste sentido, sempre destacamos a camaradería, o convivio entre persoas que compartimos un proxecto de loita e transformación e que aspiramos a crear un home e unha muller nova. Na pasada escola, puñamos como exemplo diso ao Che Guevara, nun ano no que conmemorabamos a súa vida e obra no 40 aniversario do seu asasinato.

Este ano, PCPE e CJC homenaxeamos a Antonio Gades, exemplo de compromiso. E esta ten que ser unha escola de compromiso: compromiso co estudo, co avance do noso proxecto, compromiso co resto de camaradas.

Na Escola de Alacante haberá novas achegas respecto das escolas que organizamos ata agora. Imos propor diferentes niveis, para que cada cal poida aprender en función da súa formación inicial ou de base. Faranse encontros sectoriais, convertendo así á escola nun marco no que colectivos e Comité Central consigan estreitar os seus lazos. Teremos unha Mesa Redonda, para poder profundar en debates sobre a nosa actuación como organización revolucionaria.

Como sempre, as actividades fundamentais da escola serán palestras teóricas e obradoiros prácticos. Entre as palestras, estudaremos a Economía Política, o Dereito de Autodeterminación, a teoría do Estado, a Dialéctica como método de coñecemento e a época histórica da Transición. Doutra banda, de xeito máis práctico profundaremos sobre Feminismo, reflexionaremos sobre o noso funcionamento externo como organización, sobre Palestina e comezaremos a preparar a nosa participación no próximo Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes.

Pero a Escola non é só estudo. Mencionabamos antes a convivencia. En realidade, para facer unha escola diferente e mellorala temos que funcionar desde o primeiro momento con esa mentalidade, con ese compromiso.

Aínda que, desde logo, tamén haberá momentos para o lecer. Contamos con instalacións deportivas e, ademais, estamos planificando unha festa. Pero, tamén, o Colectivo de Alacante encargarase de elaborar unha axenda de lecer e cultura.

Queremos invitar a toda a militancia dos CJC a que participe na Escola de Alacante. O custo da inscrición, con todos os gastos cubertos, será inferior a 50 euros, aínda que estudaremos o rebaixala e sobretodo nos casos concretos se houbese dificultade. Abrimos de prazo ata o 15 de xuño para que quen queira acudir se apúnte. A Comisión de Formación pide a (tod@s) as e os responsabeis de formación (ou políticos, alá onde non haxa) dos colectivos e comités que envíen para o 1 de xuño unha previsión do número de camaradas do seu territorio que acudirán. O 15 de xuño será a data na que deberá confirmarse o número exacto. O correo ao que hai que enviar esta información é formacion@cjc.es .

¡Un saúdo comunista a tod@s!

Comité Central dos CJC


unir á mocidade, organizar a revolución