ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 30 de janeiro de 2009

LUGO conferencia "As guerras de Israel":





Relatores: Ghaleb Ibrahim é o presidente da Fundación Araguaney e ten un amplo historial en traballar polo coñecemento entre Galiza e Palestina. Safa, oftalmólogo palestino residente en Galiza dende fai anos, ten sido representante da OLP no noso país. Lugar: Complexo Residencial Xuvenil "Lug" (R/ Pintor Corredoira, 4), Lugo. Data: 5 de febreiro ás 20:00 hs.

quinta-feira, 29 de janeiro de 2009

Conspiración para Matar e Colaboración Necesaria Carmelo Suárez




Conspiración para Matar e Colaboración Necesaria



Carmelo Suárez, Secretario Xeral do P.C.P.E.


No marco da loita de clases neste país a doutrina xurídica desenvolveu toda unha construción argumental para combater a quen se lle opón e, así, lexitimar a represión das súas xustas aspiracións obtendo, en ocasións, un alto consenso social.



Que pasaría se lles aplicásemos, aos máis altos representantes do estado, a mesma doutrina que eles elaboraron para manter a súa hexemonía?



O resultado é ben sinxelo. O actual Xefe do Estado -Juan Carlos de Borbón- e o Presidente do Goberno de España -José Luís Rodríguez Zapatero- son culpables de "conspiración para matar e colaboradores necesarios".



O asunto do que lles acuso é dos miles de vítimas dos ataques xenocidas do sionismo israelí contra o pobo palestino de Gaza. E non se trata dunha acusación puramente formal, é unha acusación obxectiva que debera ser tarefa dun Tribunal dos Pobos, se o mesmo existise e tivese a opción de abrir unha causa penal por estes crimes.



O primeiro punto da acusación é o de non condenar estes crimes. E iso ten unha especial gravidade cando a condena de calquera dos dous tería un forte impacto en toda a escena internacional e, xa que logo, condicionaría a actitude doutros gobernos -europeos especialmente-, impedindo a continuación destes crimes. Que non realice condena algunha se entende como aceptación das criminais actuacións do sionismo, e iso permítelle seguir impunemente cos seus bárbaros crimes; ata a declaración de "desproporcionada" é unha complicidade coa matanza.



Nas rúas deste país a xente decente, solidaria co pobo palestino, berra: ¡Mata quen dispara, e tamén mata quen cala!



Por outra banda ningún dos dous reformulou nin cuestionou a variada colaboración que o estado español mantén co sionismo. Intercambio económico, representación diplomática, venda de armas por parte de España, colaboración coa organización terrorista Mossad, etc.



Desde Israel impórtanse -entre outros produtos- patacas que se venden nos comercios deste país. Esas patacas foron plantadas en terras roubadas ao pobo palestino e regadas con auga roubada ao pobo palestino. Xa que logo este goberno autoriza a venda de produtos obtidos a través da guerra e a rapiña do sionismo contra o pobo palestino, e o goberno e o Xefe do Estado consénteno, autorízano, danlle os permisos.



O sionismo internacional comete impunemente estes crimes porque Zapatero e Juan Carlos de Borbón llo permíten, danlle cobertura política e lles axúdan coa subministración de armas e coas finanzas necesarias a través da comercialización dos produtos obtidos nas accións terroristas.



No caso de Rodríguez Zapatero engádese un agravante maior. Do mesmo xeito que o xefe dos terroristas sionistas -Ehud Barak- él tamén pertence á Internacional Socialdemócrata(1) cun cargo destacado. Esa Internacional non realizou a máis mínima condena da actuación dun dos seus xefes. Xa que logo dáse a circunstancia de asociación para matar no ámbito internacional, con estrutura orgánica, finanzas e cobertura propagandística que fai titulares como "Operación militar" e outras que tentan agochar o carácter criminal e terrorista destas accións.



Hoxe calquera persoa deste país ten dereito a esixir o procesamento de Juan Carlos de Borbón e de José Luís Rodríguez Zapatero, pedindo para eles a cadea perpetua que establece o seu ordenamento xurídico e a inhabilitación a perpetuidade para calquera cargo público.



Se isto fose unha democracia por suposto que isto sería así.
Carmelo Suárez Cabrera.
Secretario Xeral do PCPE
(1) Négome a chamarlle Internacional Socialista pola manipulación política que estes canallas fan do termo socialismo


De: SolidNet [mailto:info@solidnet.org]



CUBA, NON ESTÁ SOA!


DEFENDENDO A REVOLUCIÓN CUBANA

O sábado 31 de xaneiro acudindo á convocatoria do Movimento de Solidariedade coa Revolución cubana e apoiado por más de 80 organizacions (entre elas e como sempre o PCPE e os CJC) xuntáronse máis de 8.000 persoas.

VIDEO DA MANIFESTACIÓN

ELABORADO POLO PCPE

EK-PCPE e as eleccións bascas


Partido Comunista dos Pobos de España.
Comité Executivo
EK-PCPE e as eleccións bascas

O Comité Executivo do Partido Comunista dos Pobos de España, en relación ás
vindoiras eleccións na Comunidade Autónoma Basca (CAB), quere manifestar que:
Euskal Komunistak-PCPE non presentará candidaturas: Euskal Komunistak-PCPE constituíuse hai menos dun ano e medio e desde entón viviu un lento pero
progresivo crecemento numérico e orgánico. Incorporáronse camaradas cunha
contrastada traxectoria de militancia e loita polos dereitos, as liberdades e o
socialismo para o pobo basco. Tamén se incorporaron numerosos mozos e mozas. Con todo,
co nivel actual de desenvolvemento organizativo os comunistas de Euskal
Komunistak-PCPE non temos aínda a estrutura organizativa suficiente como para
poder presentar electoralmente á sociedade basca -nas formas adecuadas- a
alternativa comunista que propomos. Esta é unha das razóns polas que Euskal
Komunistak-PCPE non presenta candidaturas nas eleccións da CAB.
Euskal Komunistak-PCPE si se presentou nas eleccións xerais de 2008 nas
provincias de Bizkaia, Nafarroa e Araba: Euskal Komunistak-PCPE presentou
candidaturas nas eleccións xerais de marzo de 2008. Isto respondía a un obxectivo
marcado a nivel estatal: dar a posibilidade de votar aos comunistas de todo o Estado a unha
alternativa comunista, republicana e defensora do dereito de autodeterminación.
Ademais, Euskal Komunistak-PCPE foi capaz de incorporar como independentes a varias
persoas con recoñecida traxectoria no movemento comunista basco e en varias
frontes de masas como Jesús Mari Tomás (Plataforma contra as Térmicas de Castejón),
Enrique Sánchez (Solidariedade Internacionalista), Pablo Lorente (AHT
Gelditu! e Plataforma contra as Térmicas de Castejón), etc. Moitos deles son hoxe
militantes activos de Euskal Komunistak-PCPE. Tamén se deu a circunstancia de que
determinados grupos xuvenís decidiron colaborar con nós no desenvolvemento da
nosa campaña en Bizkaia. Doutra banda, o carácter estatal das eleccións de hai
un ano difire moito das eleccións autonómicas da CAB, nas que a
posibilidade de presentar candidaturas ha de ser xusto reflexo do grao de desenvolvemento
organizativo nos herrialdes bascos afectados.
Euskal Komunistak-PCPE entende as eleccións como unha fronte na que hai que dar
batalla: Os comunistas sabemos que un Parlamento burgués non traerá a ruptura que
o noso proxecto propón. Agora ben, chegado o caso non dubidaremos en utilizar a
tribuna parlamentaria en favor dos intereses da clase obreira basca. Nese caso, os
representantes do Partido deberán usar o Parlamento como altofalante das loitas
populares e non ao contrario. Pero na situación actual, as eleccións poden ser útiles
noutro sentido: son un momento no que os sectores populares e a clase obreira
teñen unha especial sensibilidade cara ao discurso político; ademais, tamén son
momentos nos que o poder burgués cede algúns espazos: locais, espazos nos
medios de comunicación, etc. Por iso, os comunistas habemos de aproveitar estes momentos
para facer chegar o noso discurso á clase obreira e aos demais sectores
populares. Neste sentido, a pesar de que Euskal Komunistak-PCPE non vai presentar
candidaturas, sí vai realizar actos nos que poder explicar o proxecto do Partido, as
loitas nas que xa estamos participando e a opción que Euskal Komunistak-PCPE
apoia neste proceso electoral. O noso proxecto non é electoralista e esta actividade
política trata de ser xusto reflexo do noso compromiso.
Finalmente, Euskal Komunistak-PCPE denuncia a non existencia de condicións
democráticas en Euskal Herría: Os comunistas de Euskal Komunistak-PCPE non
podemos pechar os ollos ante a grave situación que vive Euskal Herria, e que se agravou estes últimos días coas ilegalizacións de partidos, detencións e
encarceramentos producidos. Entendemos que non existen condicións democráticas
para exercer a actividade política en Hego Euskal Herría porque se persegue e ilegaliza
de forma inxusta opcións políticas que representan a loita de importantes sectores
populares do pobo basco. Ademais, non se permite o libre exercicio do dereito de autodeterminación,
que os comunistas entendemos como un dereito democrático dos
pobos. O Partido xa denunciou en numerosas ocasións a persecución contra
a Esquerda Abertzale e fixo a súa valoración sobre o chamado "conflito basco". Así,
Euskal Komunistak-PCPE segue a apostar por unha saída política ao conflito, xa que
entendemos que o fin da violencia e a represión só poden vir da ruptura co
actual modelo de dominación e a garantía plena dos dereitos individuais e
colectivos, de clase e nacionais, nun marco republicano, de carácter confederal e
socialista.


terça-feira, 27 de janeiro de 2009

31 de Xaneiro. CUBA, NON ESTÁ SOA!





CUBA NON ESTÁ SOA

NO 50 ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN CUBANA

Fronte ás agresións, inxerencias e inxurias de Esperanza Aguirre e do Partido Popular contra Cuba

Fronte ao uso do diñeiro público por parte de Esperanza Aguirre a organizacións terroristas de Miami

Fronte á campaña mediática de acoso e derribo á Revolución Cubana

¡ POLO RESPETO Á SOBERANÍA DE CUBA!

¡CONTRA A INXERENCIA EXTRANXEIRA NOS ASUNTOS INTERNOS DE CUBA!

¡POLO CUMPLIMENTO DAS RESOLUCIÓNS DA ONU DE LEVANTAR O BLOQUEO NORTEAMERICANO CONTRA CUBA!

¡A POR OUTROS 50 ANOS DE REVOLUCIÓN!

CUBA, NON ESTÁ SOA

¡VIVA CUBA SOCIALISTA!



MANIFESTACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON CUBA

SÁBADO 31 DE XANEIRO 2009 ÁS 18.00 HORAS

DESDE A GLORIETA DE BILBAO A COLÓN

MADRID

CONVOCA:

MOVIMENTO DE SOLIARIEDADE COA REVOLUCIÓN CUBANA

CUBA, NON ESTÁ SOA”

Cuba non está soa!!! ASINA O MANIFESTO





LABORAL



A crise agudízase con máis de 70.000 despedimentos en multinacionais
Hai meses que os gurús falan do Pearl Harbour financeiro, da peor crise desde a Grande Depresión dos anos trinta. A banca leva meses sufrindo a xeito os "excesos" do pasado. A Bolsa acumula un ano de pesadelo. Mais o mercado de traballo materializou os peores agoiros nun luns negro no que apenas oito grandes multinacionais anunciaron máis de 70.000 despedimentos en todo o mundo, cos EE UU á cabeza e Europa inmediatamente detrás.

CIG INFORMA

A segunda convocatoria de folga en Vidreira do Atlántico volveu resultar un éxito total, co 100% do seguimento do persoal, que non se arredou ante as baixas temperaturas e a alerta polo temporal. A xornada comezou o domingo 24 ás 10 da noite e rematará o martes 27 de xaneiro ás 6 da mañá.Có seu segundo paro de 32 horas no que vai de mes opóñense á reducion de salarios.


CCOO INFORMA
27-01-2009.- A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Arousa (CCOO) continúa a reclamar solucións para o persoal da fábrica Cedonosa, cuxos accionistas solicitaron o peche aos administradores concursais e ao Xulgado do Mercantil.

27-01-2009.- Comisións Obreiras (CCOO) convoca os traballadores das Fundacións Comarcais de Desenvolvemento Rural a secundaren as concentracións impulsadas polo sindicato para reclamar a estabilidade laboral de todo o colectivo. Haberá concentracións todos os xoves ata o mes de marzo diante da sede central da Xunta de Galicia


CGT INFORMA
A Confederación Xeral do Traballo (CGT), xunto co resto de organizacións sindicais con presenza na Xunta de Persoal e mailo comité de Empresa de Correos na Coruña convocaron a unha concentración diante da Oficina de Correos de Boiro, onte luns, 26 de xaneiro, ás 9:15 horas pola defensa dun servizo de correos público e de calidade, e pola dignidade no traballo



domingo, 25 de janeiro de 2009

COORDENADORA DE PONTEVEDRA CONTRA A GUERRA



XOVES 29 DE XANEIRO: Palestina, crónica dun sufrimento. O Gueto de Gaza.

CHARLA CON MOHAMED SAFA. Médico e activista palestino residente en Galiza. Autor do libro "palestina, tierra de luz y sombra".

LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO EDIFICIO DOS SINDICATOS, RÚA PASANTERIA Nº1.

HORA: 20, 30.

mais actos:

· Xoves 12 de fevereiro: Recital poético. Voces por Palestina. 20:30 na Praza da peregrina (se chove nos Arcos da Casa da Luz): onde os asistentes podan participar na lectura de poemas breves.

· Xoves 5 de fevereiro: Proxección do documental 101 OCUPATION: A voz dos silenciados. 20,30 na Sala Sargadelos. Documental sobre o conflito palestino-israelí dirixida por Sufyan Omeish e Abdallah Omeish que inclúe 101 entrevistas coa maioría dos estudiosos de América e de Israel, os líderes relixiosos, os traballadores humanitarios, as ONG e a crítica das inxustizas e violacións dos dereitos humanos que se derivan da política israelí na Ribeira Occidental, Xerusalén oriental, e a Franxa de Gaza



terça-feira, 20 de janeiro de 2009

XOVES 22 ÁS 20.30 CONCENTRACIÓN POR PALESTINA EN PONTEVEDRA

Mañá xoves 22 de xaneiro ás 20,30h concentrarémonos na Praza da Peregrina de Pontevedra e leremos poemas palestinos en galego e árabe:

NON AO XENOCIDIO. SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

Así mesmo, o vindeiro xoves 29 contaremos en Pontevedra co médico palestino MOHAMED SAFA que nos informará da situación actual en Gaza e Palestina en xeral (aínda pendente de confirmar se en Salón de actos dos locais sindicais ou se na Sala Sargadelos).

Prégase difusión

Cuba non está soa!!! ASINA O MANIFESTO


MANIFESTO do Movemento de Solidariedade coa Revolución Cubana: ASINA O MANIFESTO. ¡ CUBA NON ESTÁ SOA ¡

ENCAMIÑADE AS ADHESIÓNS AO ENDEREZO

colec26julio@gmail.com

INTERNACIONAL


LABORAL




Pouco despois das seis da tarde daba comezo na Praza do Concello do Porriño unha concentración convocada polos traballadores e traballadores de Astrazeneca da CIG, para denunciar a deslocalización desta factoría farmacéutica.

Citroen: Suprimirase por completo a quenda de noite en abril. A dirección informou de que se producirán 298.000 coches, unha redución dun 32,88% respecto ao exercicio anterior. Sobre o tema do emprego, en función desta produción prevista, segundo a Dirección, representaría na actualidade un "exceso no taller" (¡!) de 2.000 traballadores/as aproximadamente.
Traballadores e traballadoras dos centros de saúde de toda Galiza e das Xerencias de Atención Primaria pararon a súa actividade o pasado dia 15 para concentrarse contra a privatización do servizo de cita previa. Con este acto pretendían trasladar á dirección do SERGAS o desacordo que existe entre o conxunto do persoal contra este modelo, que estará xestionado por unha empresa privada que terá acceso aos datos das tarxetas sanitarias dos usuarios e usuarias do Servizo Galego de Saúde.

CIG INFORMA (de Avantar)

Agrupaçom Cultural O Facho

Agrupaçom Cultural O Facho

Rua: Federico Tapia 12-1º

15005 A Corunha

** F A C H O D E O U RO **

Entrega do Facho de Ouro a D. Xosé Neira Vilas

A Directiva da Agrupaçom acordou outorgar O Facho de Ouro ao escritor e homem de bem, D. Xosé Neira Vilas, como testemunha e reconhecimento a sua longa trajectória na defesa da dignidade e da cultura do País.

O acto cívico será acompanhado dumha ceia-homenagem que se celebrará o sábado, dia 31 de Janeiro, às 21 horas no Hotel Riazor d'A Corunha.

Preço por pessoa: 30 €.

Para reservar lugar chamade a Rafael, telefone: 981.269.663-(tardes)

c. electrónico: lobezan@yahoo.es

J. Alberte Corral Iglesias

Secretário d'O Facho

segunda-feira, 19 de janeiro de 2009

ANIVERSARIO DE JOSÉ MARTÍ




A ASOCIACIÓN DE
AMIZADE GALEGO-CUBANA



"FRANCISCO
VILLAMIL"









TEN O PRACER DE CONVIDARVOS



AO ACTO DE LEMBRANZA E HOMENAXE



CON MOTIVO DO CENTO CINCUENTA E SEIS ANIVERSARIO



DO NACEMENTO DE JOSÉ MARTÍ





que terá lugar o domingo, 25 de xaneiro ás 12.00 horas



diante da estatua do heroe da independenza cubana



erixida nos Xardíns de Montero Ríos en Vigo



e contará coa presenza do Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza



domingo, 18 de janeiro de 2009

Avanza a fronte de boicot mundial contra Israel



Varios gobernos seguen o exemplo de Venezuela e Bolivia



IAR Noticias





As bombas non deixaron de caer nestes 22 días de agresión a Gaza

O papel de Cuba, Venezuela e Bolivia foi determinante para xerar un espazo de contrainformación masiva á manipulación mediática internacional coa operación militar de exterminio lanzada por Israel en Gaza. Ese espazo, sumado á contrainformación con informes, imaxes e testemuños circulantes por Internet, máis as marchas de organizacións e militantes en todos os continentes, foron decisivos para mobilizar unha corrente de opinión mundial que xa está obrigando aos gobernos a repensar as súas relacións co Estado de Israel e a crear alternativas de presión económica para detelo en futuras masacres.


Logo dunha operación militar de exterminio que durante 21 días consecutivos xa matou a 1100 palestinos, feriu a outros 5000, terminou coa vida de case 400 nenos, feriu a máis de 1200, asasinou preto de 200 mulleres, esnaquizou en máis dun 70% a infraestrutura de Gaza, profundou a niveis inéditos a catástrofe humanitaria dese pobo, a Israel fáiselle moi difícil explicarlle ao mundo que todo ese masacre e destrución foi cometida só para "defenderse do terrorismo".


Ademais da asimetría existente entre os mísiles intelixentes e as bombas de acio de Israel cos foguetes case artesanais da resistencia palestina está a "desproporción" de forzas expresada claramente na cifras da matanza: 1100 mortos e 5000 feridos palestinos contra só 3 mortos e algúns feridos israelís...
Avanza a fronte do boicot mundial contra Israel


GALIZA CON PALESTINA, 17 XANEIRO


GRANDE ÉXITO DA CONVOCATORIA UNITARIA CONTRA A AGRESIÓN TERRRORISTA SIONISTA EN COMPOSTELA. PERTO DE 10 MILLEIROS DE MANIFESTANTES CONVOCADOS POR GALIZA POR PALESTINA E MÁIS DE 80 COLECTIVOS E ORGANIZACIÓNS, ENTRE ELAS O P.C.P.E. E OS CJC-CMC ENCHEMOS AS RÚAS DE COMPOSTELA EXIXINDO A RUPTURA DIPLOMÁTICA E O BOICOT COMERCIAL AO ESTADO SIONISTA TERRORISTA E DENUNCIANDO A COMPLICIDADE DAS DIFERENTES INSTANCIAS IMPERIALISTAS, ESPAÑOLA, EUROPEA E IANQUI.

segunda-feira, 12 de janeiro de 2009

Xornada nacional de Mobilización por Palestina


MARCHA NACIONAL EN COMPOSTELA

Domingo 18 de Xaneiro ás 12 hrs. Con saída na Alameda

Para deter os crimes dos israelís contra o Pobo Palestino, manifestate.

GALIZA POR PALESTINA

www.galizaporpalestina.blogspot.com

CUBA NON ESTÁ SOA!!!!



¡¡¡¡¡¡CUBA NON ESTA SOA¡¡¡¡¡



Comisión Antiimperialista CC do Partido Comunista dos Pobos de España





¡¡¡¡¡¡CUBA NON ESTA SOA¡¡¡¡¡


Comisión Antiimperialista CC do Partido Comunista dos Pobos de España

A incontinencia do fascismo, nas súas pretensións inxerencistas e colonizadoras, tivo unha nova expresión nas declaracións de Esperanza Aguirre, Presidenta da Comunidade de Madrid , caudilla do partido popular e especialista en insultar e desprezar aos pobos.
En declaracións recentes Esperanza Aguirre cualificou ao Che de canalla, ignorando que o Che non morreu e que forma parte da historia dos pobos, que está presente en cada batalla pola liberdade e nas loitas dos pobos oprimidos. Canallas son os neofascistas que pululan impunemente polas rúas de Madrid, en complicidade cos corpos de policía, asasinando e exercendo todo tipo de violencia. Esperanza Aguirre é continuadora da ditadura fascista anterior á cal non condenou e da cal se sente herdeira, asumindo xa que logo os miles de crimes cometidos neses anos.
Agora reclama “recuperar a súa liberdade” para Cuba, recalcando que antes da Revolución Cuba era un país rico e agora está sumido na pobreza. Ata o 1 de Xaneiro de 1959 en Cuba se torturaba e asasinaba impunemente, a poboación non tiña ningún tipo de protección social. Os prostíbulos e casinos eran a riqueza que tanto estraña Esperanza Aguirre. O nivel de analfabetismo nas zonas rurais alcanzaba ao 80% da poboación, as condicións de traballo eran esclavistas. A asistencia médica existía só nas grandes urbes e apenas chegaba para atender aos cidadáns.
Hoxe Cuba goza da mellor estatística no mundo en canto a número de médicos por habitante, todas as especialidades médicas están cubertas e son un dereito gratuíto do pobo cubano, a educación é tamén gratuíta en todos os niveis académicos. Os nenos teñen protección desde o seu nacemento.
Os cargos electos para a cámara do pobo elíxense por barrios, teñen que render contas do seu traballo e poden ser revogados se os veciños consideran que non lles representa adecuadamente, ningún deles cobra salario polo seu cargo. E non como nesta España postfranquista onde a corrupción invade a todas as institucións públicas, entre elas e en numerosas ocasións as gobernadas polo Partido Popular, sen que existan mecanismos democráticos que permitan á cidadanía acabar con tanto roubo e tanta estafa ao pobo.
Esa situación de Cuba, de garantía dos servizos ao pobo, é unha grande desgraza para o Partido Popular, para o fascismo, para Esperanza Aguirre, que pechou o ano 2008 con protestas en hospitais públicos ante o proxecto de privatización e roubo da sanidade pública da Comunidade de Madrid; aguantou -coa ironía déspota que a caracteriza- os insultos dos traballadores da sanidade pública que a chamaron mentireira, especuladora, privatizadora, alegando que eran opositores políticos.
Tamén suspendeu en educación, cualificada polos estudantes do nivel máis baixo en comparación con outras comunidades; acusada de manipular e enganar en vivendas de protección oficial para xóvenes, o 60% dos cidadáns da comunidade están en contra da súa política de vivenda, chega ao 70% cando se trata de mozos de 18 a 34 anos.
Insiste así mesmo, en continuar proporcionando diñeiro público aos seus a través da realización de proxectos de estradas que confrontan abertamente coa preservación de espazos naturais, non deténdose nin con sentenzas xudiciais na súa contra.
A súa preocupación polas “liberdades” levouna hai dous anos a erixirse como madriña da mafia de Miami, desviando cantidades do orzamento público para cooperación e desenvolvemento e entregándoo a terroristas que operan contra Cuba. Recibiu un premio desta organización pola súa miseria contrarrevolucionaria. Esa estreita unión que ten coa mafia de Miami lévaa a apoiar unha concentración en contra do pobo cubano prevista para o 31 de Xaneiro en Madrid.
Con todo tanto ela como o Partido Popular, asisten impasibles ao masacre do pobo palestino, máis de 800 asasinatos en 12 días, entre eles máis de 200 nenos; este xenocidio non lles provoca ningunha declaración de condena. O terrorismo do exército de Israel non lles causa vergoña, non lles inmuta. O seu silencio failles cómplices de proxecto sionista que intenta acabar co pobo palestino e dos crimes que cometen. Asasina quen dispara. e tamén asasina quen cala.
Os pobos sentímonos indignados ante a barbarie e os seus cómplices que a consenten e a amparan; por moito que lles pese aos fascistas recoñecemos onde se atopa a liberdade e a democracia.
Denunciamos a campaña de inxerencia contra Cuba que desenvolve de forma sostida o Partido Popular.
Esiximos que os nosos recursos non sexan destinados a mafiosos terroristas en Miami.
Apoiamos o dereito dos pobos a defender a súa soberanía, ao pobo cubano e á súa revolución. CUBA NON ESTA SOA, os pobos estamos en débeda pola súa resistencia ao imperialismo e identificámonos co seu proxecto socialista.
Facemos un chamamento a responder ao Partido Popular, á mafia terrorista de Miami, aos seus portavoces no estado o estado español, a mobilizarnos fronte ás inxerencias fascistas dos lacaios do imperialismo e a sua representante en Madrid, Esperanza Aguirre
Madrid 13 de Xaneiro de 2009

acto antifascista na REVIRA LOCAL SOCIAL



Este sábado 24 de Janeiro às 20:30 Acçom Antifascista Galiza projectará na Revira o documentário "CARLOS, un año sin ti, un año contigo".


--
http://revira.agal-gz.org
Arcebispo Malvar, 33 rés-do chao
Ponte Vedra

Goberno boliviano rompe relacións diplomáticas con Israel




No saúdo do corpo diplomático acreditado en Bolivia, o Presidente da nación informou que "Bolivia tiña relacións diplomáticas con Israel, pero fronte a estes feitos graves, atentado á vida, atentado contra a humanidade, Bolivia rompe as relacións diplomáticas con Israel".

La Paz, 14 -X. Tribuna Popular TP/TeleSur.- O presidente de Bolivia, Evo Morales, anunciou este mércores a ruptura das relacións diplomáticas do seu Goberno co Estado de Israel en repudio ante a invasión que mantén na Franxa de Gaza e que deixou preto de mil mortos e máis de 4 mil 600 feridos.

Durante o saúdo do corpo diplomático acreditado en Bolivia, o Presidente da nación informou que "Bolivia tiña relacións diplomáticas con Israel, pero fronte a estes feitos graves, antentó á vida, atentou contra a humanidade, Bolivia rompe as relacións diplomáticas con Israel". O mandatario tamén presentará unha denuncia contra o Estado israelí ante a Corte Penal Internacional, polos feitos ocorridos na Franxa de Gaza.

"É urxente convocar a unha asemblea xeral extraordinaria de Nacións Unidas para emitir un voto de condena á actitude criminal de Israel contra o pobo palestino", referiu o Xefe de Estado, mentres lía o documento da denuncia.

Indicou, que "calquera Estado pode promover a investigación e a sanción destes crimes. Bolivia como Estado soberano e independente manifesta a súa adhesión ao principio de non agresión e ao respecto á vida".

Neste sentido, informou que o Estado boliviano "coordinará con outros Estados e organizacións humanitarias, a presentación dunha solicitude de investigación ante a Corte Penal Internacional polos graves crimes que comete o primeiro ministro e outros membros do gabinete israelí na Franxa de Gaza".

O presidente Evo Morales solicitou ao Comité do Premio Nobel con sede en Oshlo, que retire o premio nobel da Paz outorgado ao presidente israelí Simón Peres no ano 1994. "O señor Simón Peres, actual presidente do Estado de Israel, debe ser tamén acusado ante a Corte Penal Internacional xa que nada fixo por frear a actitude criminal do primeiro ministro israelí e o seu goberno".

Referiu que o presidente do Estado israelí "ao contrario, xustificou as accións criminais contra os palestinos en Gaza".

"Os crimes que comete o Goberno de Israel afectan a estabilidade e paz mundial e fixeron retroceder ao mundo á peor etapa dos crimes de lesa humanidade que non se viviu senón na segunda Guerra Mundial".

Pola súa banda, o Goberno venezolano decidiu o pasado martes 6 de xaneiro expulsar ao embaixador de Israel, Shlomo Cohen, e a parte do corpo diplomático en Venezuela en rexeitamento á invasión na Franxa de Gaza.

Nun comunicado difundido pola Cancillería, Venezuela condena de forma tallante as flagrantes violacións do Dereito Internacional nas que incorreu o Estado de Israel, así como o uso do terrorismo de estado para castigar a un pobo enteiro.

= = = = = = = = = = = = = = = =

Portal de Internet
Refundación Comunista
Porto Rico


www.refundacioncomunistapr.com

PCPE 25 ANIVERSARIO



Partido Comunista dos Pobos de España.
Comité Executivo


Ignorado polas institucións e os medios de comunicación burgueses, pero moi presente na loita de clases, o Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE) celebra este 15 de Xaneiro o seu 25 Aniversario.
Os días 13, 14 e 15 de Xaneiro de1.984 milleiros de comunistas dos distintos pobos e nacións deron o paso de iniciar a recuperación da organización revolucionaria de vanguardia do proletariado español. Foi un Congreso que soubo romper a tendencia liquidacionista que o eurocomunismo impuxera nas filas do comunismo español e abría as vías para recuperar futuros escenarios de loita revolucionaria en España. Tras anos de desconcerto entre a militancia comunista pola traizón que supuxo a aceptación polo PCE da chamada Transición, formouse o Partido que, en torno á defensa do marxismo – leninismo, soubo defender os principios que son a nosa esencia como comunistas españois: República, Internacionalismo e Socialismo.

foron anos moi difíciles, no que o capitalismo impuxo a súa hexemonía mundial cun alto grado de violencia e no que, desde a soidade de ter que explicar o evidente, soubemos nutrirnos da nosa ideoloxía para seguir intervindo política e socialmente. Na loita de clases e na solidariedade cos países que seguiron construíndo o Socialismo e cos pobos que loitan contra o imperialismo e pola súa liberación, o noso Partido ha ir crecendo como unha organización con cada día máis capacidade de intervención política, maior capacidade ideolóxica e máis alto grado de organicidade leninista.

Esta é a realidade que hoxe nos permite afirmar que o PCPE e o conxunto da súa militancia, nun escenario internacional da loita distinto e máis favorable, está en disposición de librar con éxito, desde o desenvolvemento do seu proxecto inasimilable polo sistema, a batalla que situará no terreo da loita de clases o combate contra o capitalismo en crise. A oligarquía española e os seus xestores socialdemócratas e reformistas só conciben no escenario da Unión Europea a hipotética superación da crise capitalista. Nós sabemos que só a adopción dunha serie de medidas orientadas a satisfacer os intereses e necesidades da maioría social e estratéxicamente orientadas á construción do Socialismo, serán quen de mudar a realidade de represión e recorte de liberdades e dereitos que padecemos.
Porque sabemos que nos observan, non só, a clase obreira, os sectores populares e a mocidade dos pobos e nacións de España, senón tamén o conxunto de Partidos irmáns cos que avanzamos, cada día máis, no proceso de erguer o necesario referente internacional dos e as comunistas, afrontaremos con decisión todos os retos que a loita revolucionaria nos ha de situar no futuro.


¡¡¡ VIVA O MARXISMO – LENINISMO!!!

¡¡¡VIVA O PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA!!!


Madrid 15 de Xaneiro de 2.009


LABORAL



CIG INFORMA

O Comité de Empresa de Valeo xunto a representantes sindicais da CIG permanece pechado na sede do Clúster da Automoción en Vigo, para demandar unha solución e unha saída para as 92 traballadoras e traballadoras desta factoría de cableado para o automóbil, que desde o 31 de decembro está pechada.

O responsábel de CIG-Mar, Xabier Aboi, presentou nova documentación sobre a situación dos mariñeiros indonesios que traballan en barcos con bandeira ou con intereses españois, que avala as denuncias feitas por esta central o pasado mes contra as empresas intermediadoras.

“Traballo nómade?, non grazas!”, é o lema escollido por CIG-Saúde para a campaña que acaba de iniciar contra os traslados temporais do persoal do Centro de Transfusión de Galiza. A través da iniciativa preténdese denunciar a situación de precariedade laboral que padecen os e as traballadores e traballadores deste servizo.

CUT INFORMA

A folga do servizo de cafeterías do Hospital Clínico de Compostela, convocada pola Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), así como pola CIG , foi seguida por máis dun 90% dos 48 traballadores/as, que conseguiron pechar, durante todo o día, a cafetería pública do CHUS de Santiago de Compostela, xestionada pola empresa SODEXHO. Así pois, estes traballadores deixaron ben claro que non van permitir que se encubra unha redución do plantel da empresa baixo o nome dun suposto “despedimento disciplinario”

CXT INFORMA

Caixanova é dona de “R” e, polo tanto, tamén é responsable das condicións de traballo que se dan no grupo “R”. É dicir, en “R” e as súas contratas. É un mundo de precariedade laboral, de represión e de despidos. E para mostra, din que basta un botón: o despido de Xurxo Gómez Nuñez.

MARTES 13 XANEIRO ÁS 20.00, na CIG de VIGO. Charla do Director de APORREA

sábado, 10 de janeiro de 2009

Pontevedra contra o Xenocidio de Gaza. 10-1-09
















10 de xaneiro. VIGO CONTRA A MASACRE DE GAZA

































Imaxe tomada da páxina

http://contradiscursovisual.blogaliza.org/

sexta-feira, 9 de janeiro de 2009

destrucción de emprego na UE


A taxa de paro da zona euro subiu en novembro ata o 7,8% da
poboación activa, o nivel máis alto alcanzado desde setembro do 2006,
segundo anunciou onte Eurostat, o organismo de estatísticas comunitarias. A
taxa experimentou un aumentou de 0,1 puntos respecto de outubro, continuando a
tendencia alcista iniciada en maio do 2008, cando comezou a declinar de forma
significativa a actividade económica. No conxunto da UE, o
nivel de desemprego tamén se incrementou en 0,1 puntos, ata situarse no
7,2%.

comunicación de SODEPAZ

Más informacion de las convocatorias
http://www.sodepaz.es/index.php?option=com_content&task=view&id=809&Itemid=1

Viernes 9 de enero
Pamplona , Castello, Villalba, Jaen, Premia de Mar, Sueca, Siero,
Santa Cruz de Tenerife, Ponferrada...

10 de enero
Pamplona, Malaga, Barcelona, Guadalajara, Valencia, Cervera, Palma de
Mallorca,TORRELAVEGA, GALICIA (VIGO, SANTIAGO, PONTEVEDRA)....

11 de enero
Oviedo, Cadiz, Sevilla, Salamanca, Balaguer(Lleida)

DECLARACION DE LAS ORGANIZACIONES POLITICAS Y SOCIALES: PONER FIN A LA
AGRESION MILITAR DE ISRAEL CONTRA GAZA
http://forosocialmadrid.org/portal/index.php

!Por el fin de la agresion militar de Israel a Gaza!
!Paremos la masacre del pueblo palestino!

Dossier Ataque a Gaza
http://www.sodepaz.es/index.php?option=com_content&task=view&id=790&Itemid=16

Gaza... que el mundo sepa. hola a todos y todas,
Alberto Arce, desde Gaza
http://sodepaz.es/index.php?option=com_content&task=view&id=816&Itemid=36

Tres escenarios sobre la batalla de la ciudad de Gaza
Alfredo Jalife-Rahme (La Jornada)
http://sodepaz.es/index.php?option=com_content&task=view&id=812&Itemid=16
El matadero de Gaza: su dimension financiera y economica
Alfredo Jalife-Rahme (La Jornada)
http://sodepaz.es/index.php?option=com_content&task=view&id=813&Itemid=16

quinta-feira, 8 de janeiro de 2009

sabado 10, MANIFESTACIÓNS UNITARIAS CONTRA O XENOCIDIO DO POBO PALESTINO

VIGO: 18 h. Desde Vía Norte con Urzaiz. SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO.

RELACION DE ORGANIZACIONS CONVOCANTES DA MANIFESTACION DO SABADO 10 DE XANEIRO EN VIGO EN APOIO DO POBO PALESTINO

CC.OO.

C..I.G.

U.X.T.

B.N.G.

E.U.

GALIZA NOVA

COMITES

FEDERACION VECIÑAL EDUARDO CHAO

ADEGA

ATTAC GALICIA

COLECTIVO VIGUES POLA MEMORIA HISTORICA DO 36

FEDERACION GALEGA DE ASOCIACIONS DE INMIGRANTES MOVIMIENTO ARXENTINOS NO EXTERIOR

COMUNISTAS DA GALIZA- PCPE

ENCONTRO INRMANDIÑO

FRONTE POPULAR GALEGA

NOS-UP

BRIGA

NOVA ESQUERDA SOCIALISTA

ASOCIACION MARROQUI DE PONTEVEDRA

COMUNIDAD ISLAMICA EN GALICIA

MEZQUITA DE VIGO

ASOCIACION MULTICULTURAL SIN FONTERAS DE PONTEVEDRA

AGARB

CUT


SANTIAGO: 20.30. Desde o Toural. GALIZA CON PALESTINA.


PONTEVEDRA: 20.00. Desde a Ferrería. PAREMOS O XENOCIDIO ISRAELÍ. SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

A CORUÑA: 20.30 CONCENTRACIÓN NO OBELISCO, CANTÓNS

PONTEAREAS: 13.00 DIANTE DO CONCELLO

LUGO: 20.00 DIANTE DA SUBDELEGACIÓN

Chamamento dos PPCC por PALESTINA

Grupo de Traballo: Chamamento en solidariedade co pobo palestino.




Nós, Partidos Comunistas e Obreiros de todas as partes do mundo, condenamos firmemente os repetidos ataques aéreos asasinos da forza aérea israelí sobre Gaza que tiveron como resultado a morte de máis de 340 palestinos. Por medio destes brutais ataques e outros crimes cometidos polas forzas armadas, o goberno de Israel trata de lograr o que era imposible co muro, o asedio e o bloqueo: romper a resistencia do pobo palestino.




A política de xenocidio e terrorismo de estado do goberno israelí, apoiada e aprobada polas poderosas potencias imperialistas nos EEUU e na UE e aceptada por algúns gobernos reaccionarios árabes, é unha nova provocación contra os pobos e o movemento mundial de solidariedade.




Chamamos aos traballadores, mulleres, mocidade e outros sectores, a todas as forzas antiimperialistas e amantes da paz, a mobilizarse contra os criminais ataques e a criminal política do goberno israelí, a que esixan o fin dos ataques e que se impoñan sancións contra Israel. Chamamos tamén ao desenvolvemento de accións inmediatas de solidariedade e apoio humanitario ao pobo palestino.




Os nosos partidos expresan a súa firme solidariedade coa resistencia contra as agresións, coas forzas progresistas, antiimperialistas e comunistas en Palestina e Israel, con todos o que loitan polo establecemento dun Estado Palestino independente coas fronteiras de 1967 e con Xersualén Este como capital. ¡Palestina libre e independente!




O Grupo de Traballo do encontro internacional de Partidos Comunistas e Obreiros.




30 de decembro de 2008




Novas firmas




*Partido do Traballo de Bélxica

*Partido Comunista Británico

*Partido Socialista dos Traballadores de Croacia

*Partido Comunista Unificado de Xeorxia

*Partido Comunista de Israel

*Partido dos Comunistas, México

*Partido Popular Socialista, México

*Partido Comunista dos Pobos de España

*Partido Comunista de Turquía


MANIFESTACIÓN SÁBADO 10-01.08 NA PRAZA DA FERRERÍA DE PONTEVEDRA ÁS 20 h.


MANIFESTACIÓN SÁBADO 10-01.08 NA PRAZA DA

FERRERÍA DE PONTEVEDRA ÁS 20 h.:

PAREMOS O XENOCIDIO ISRAELÍ.

SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

MANIFESTO UNITARIO

Dende fai tres semanas o estado de Israel está levando a morte e a

desolación ó pobo palestino e somete a toda a poboación mundial á

humillación de ser testemuña impotente dun xenocidio, friamente

executado.

As entidades convocantes desta

manifestación denunciamos este

xenocidio, consentido polos gobernos

máis poderosos da comunidade

internacional.

Por tal motivo, decidímonos a:

1.- Amosar o noso horror diante da

acción de Israel e a nosa solidariedade

coas víctimas.

2.- Recoñecer o lexítimo dereito e deber do pobo palestino á defensa da súa

liberdade e dignidade e a combater a ocupación da súa terra, a devastación

do seu país e a apropiación violenta polo estado de Israel dos seus pobos,

campos e aldeas.

3.- Parar o xenocidio do pobo palestino e a invasión militar da franxa de

Gaza. Apertura inmediata pola comunidade internacional dun corredor para

auxiliar á poboación de Gaza e pór fin ó seu illamento.

4.- Esixir ós gobernos (autonómicos, español, europeos e internacionais)

que rematen coa súa pasividade, auxilien de xeito inmediato á poboación

palestina, condenen explicitamente este crime contra a humanidade e

impoñan a Israel o fin da súa agresión. Particularmente, esiximos ó goberno

español que denuncie ante os seus homólogos da Unión Europea o tratado

preferencial con Israel, o cese da venda de armas e que reconsideren o

tratamento político, económico e diplomático co pobo palestino, en

cumprimento da universalidade dos dereitos humanos.

Primeiros asinantes: Amarante, APDR, Asociación Multicultural Sen

Fronteiras, Asociación Marroquí de Pontevedra, Briga, Comunidade

Islámica de Paredes, CCOO, CGT, CNT, Galiza por Palestina, NOS UP,

UGT, Redes Escarlata, C.S. Revira, Verbo Xido, Comunistas da Galiza P.C.P.E. ……