ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 29 de março de 2009

O PRIMEIRO DE ABRIL, MOBILIZACIÓN INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES




A CUT súmase á xornada de loita mundial do 1º de abril que convoca a FSM



1º de abril A Federación de Sindicatos Mundial (FSM), da que a CUT é afiliada, convoca a unha xornada de loita mundial este 1º de abril. A CUT, como integrante da FSM, e por entender que as condicións sociais e económicas fan da convocatoria unha necesidade urxente, mobilizarase en Vigo.

A quebra do sistema capitalista, quebra que os patróns chaman crise financeira, está empeorando as condicións do proletariado. Levamos vinte anos perdendo poder adquisitivo, mentres a súa economía medraba, os salarios da clase obreira había que reducilos para non dispara-la inflación e seguir medrando a acumulación capitalista; agora que o sistema estoupa hai que conxelalos para que a deflación non sexa grave. A mesma receita sempre: socializar as perdas e privatizar as ganancias.

O pasado mes de decembro iniciamos unha xeira de mobilizacións encamiñadas a socializa-la necesidade dunha FOLGA XERAL. Non podemos permanecer impasíbeis ante os ataques continuos que vimos sufrindo dende o capital.

Dende a CUT e a FSM denunciamos a explotación da clase obreira e as medidas que a patronal, coa complicidade dos sindicatos traidores e dos goberniños lacaios do capital, está a tomar: conxelación salarial, abaratamento do despido, precariedade, EREs, pago de despedimentos coas subvencións públicas, nega-las negociacións colectivas... É hora de saír a rúa, non podemos ser cómplices do sistema que nos está a escravizar. A nosa pertenza á clase obreira obríganos a acumular forzas de cara a unha FOLGA XERAL que evite que o capital saia coas súas. Non podemos salvar un SISTEMA QUE NON SERVE, temos que tombalo e facer cumprir as nosas reivindicacións:

-Distribución da riqueza e mellora nos salarios

-Non máis despedimentos e defensa dos dereitos socio-laborais

-Nacionalización da banca e dos sectores estratéxicos como enerxía e soberanía alimentaria.

-Cesamento das guerras, dos fondos da OTAN, das armas militares e que estes presupostos sexan invertidos no desenvolvemento dos pobos e na creación de emprego.

-Non máis represión e asasinatos de sindicalistas e loitadores/as sociais.

-Retiro inmediato das forzas de ocupación en Iraque, Afganistán e Palestina.

-Pleno dereito á soberanía e á libre determinación dos pobos.

-Marco galego de relacións laborais

-Igual traballo, igual salario

-Xornada laboral de 35 horas semanais

-Renda social básica para as persoas desempregadas maiores de 18 anos.

-Defensa dos sectores públicos.

-Eliminar os cursos de formación das mans dos sindicatos

-Eliminar as subvencións públicas ao ensino e sanidade privadas.

-Unha sociedade laica na que todo cargo público teña prohibida a asistencia aos actos relixiosos.

O VINDEIRO 1º DE ABRIL ESTAREMOS NAS RÚAS DE VIGO E DO MUNDO.

CONCENTRACIÓN, ÁS 12 HORAS, NO CRUCE DE COLÓN EN VIGO!!

imaxes da mobilización unitaria do 28 de marzo






imaxes de mobilización unitaria do 28 de marzo en Vigo, coincidindo coa mobilización global anticapitalista, convocada por Arbore, Asamblea republicana de Vigo, Frente Popular Galega, Partido Comunista de Galicia, Attac, Esquerda Unida, Partido Comunista dos Pobos de España e Xuventudes Comunistas de Galicia.




















NON MÁIS REPRESIÓN CONTRA A MOCIDADE NON MÁIS REPRESIÓN CONTRA OS MOVEMENTOS POPULARES


A democracia burguesa declara cínicamente, a través das súas institucións, voceiros e ideólogos, unha serie de liberdades e dereitos formais que pretenden ser universais, e que en realidade parapetan o verdadeiro carácter ditatorial e autoritario do estado como instrumento de clase. Este feito, que se evidencia constantemente, adquire unha das súas mais infames expresións na cada vez mais común "dialéctica das porras", a represión e a fustrigación xudicial dirixida polo estado e polas súas distintas Forzas e Corpos de Seguridade contra a clase traballadora, a mocidade combativa e as loitas populares. Lonxe de ser simple retórica apartada da realidade que nos rodea, esta afirmación fai referencia a unha serie de feitos enmarcados na actual tendencia de intensificación da tónica xeral de represión, así como á vulneración das liberdades e dereitos mais elementais como a liberdade de expresión, de circulación ou de pensamento, negados de xeito recorrente por un réxime que de xeito hipócrita trata de erixirse como o seu maior garante.

Os medios de comunicación de masas adoptan a este respecto un papel fundamental. As agresións represivas son sempre acompañadas dunha serie de ataques mediáticos que teñen o fin último da criminalización e marxinación dos movementos populares, difamando e sementando a confusión entre a poboación mediante montaxes mediatico-policiais. A instrumentalización política destes medios de comunicación por parte do estado evidencia, de novo, a nula democracia existente no actual réxime.

O movemento antifascista, como unha das expresións políticas máis boiantes entre a mocidade, estivo durante os últimos tempos duramente exposto ás arremetidas represivas. O proceso xudicial contra os 14 compañeiros antifascistas asturianos que trataron de manifestarse pacíficamente en protesta ante unha convocatoria de corte racista, mais coñecidos como os "14 de Cangues", culminará no mes de abril enfrontándoos a unha pena total que suma 35 anos de cárcere entre todos os imputados. De xeito similar desenvólvese o caso dos antifascistas madrileños detidos o primeiro de xuño tras as brutais cargas da Unidade de Intervención Policial. En ambos os casos, as respectivas delegacións de goberno, Antonio Trevín (Delegado do goberno en Asturias) e Soledad Maestre (Delegada do goberno en Madrid) e os distintos órganos xudiciais actuaron de forma semellante: permitindo sendas manifestacións fascistas, criminalizando as mobilizacións de protesta e reprimindo salvaxemente ao movemento antifascista, evidenciando a conivencia de elementos da xudicatura con estas organizacións. Outro dos exemplos mais recentes do xa constante uso da "presunción de culpabilidade", que trata de servir de fundamento lexitimador das detencións selectivas, é a persecución sufrida polo movemento antifascista malagueño no pasado mes de febreiro, saldándose con mais dunha ducia de arrestos sen contarse sen ningún cargo ou acusación clara contra os compañeiros detidos.

Pero non só o movemento antifascista é vítima da fustrigación policial, tamén o é e o será cada vez en maior medida, toda a mocidade estudante e traballadora no seu conxunto. Os feitos acaecidos na noite do 20 de febreiro no Barrio Húmido da cidade de León, onde un dispositivo da Unidade de Intervención Policial detivo de xeito agresivo e desproporcionado a sete mozos que alí se atopaban gozando do lecer nocturno é unha proba evidente diso; así como a represión exercida polos Mossos d´Esquadra de Joan Saura contra o movemento estudantil durante as últimas mobilizacións en Barcelona. Por outra banda, a ilegalización de ideas en Euskal Herria segue sendo recorrente, a través de todo un aparello xudicial e lexislativo de carácter totalmente antidemocrático destinado para iso, tratando de impedir a expresión política de moitos vascos.

Desde os Colectivos da Mocidade Comunista queremos mostrar a nosa total solidariedade con aqueles que sofren dun ou outro xeito o carácter mais brutal do réxime democrático-burgués, así como pedir a absolución de todos os imputados nos procesos xudiciais apontoados mediante montaxes mediático-policiais que teñen como fin último crear un estado de "alarma permanente" mediante o cal minguar e destruír os movementos populares e as estruturas organizativas da mocidade estudante e traballadora. A solidariedade, como vinculo inquebrantable entre os loitadores, é a nosa principal arma contra os embistes represivos do estado.

Comité Central dos CJC

Marzo 2009


--
A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución
www.cjc.es

A loita contra Bolonia golpea os intereses do sistema


Nos últimos meses as loitas contra Bolonia incrementáronse no Estado español. Por mor da folga estatal do pasado 13 de novembro, celebrouse o primeiro encontro de asembleas de estudantes universitarios en Valencia. Desta primeira iniciativa, que comeza a abrir o camiño cara á coordinación estatal, xurdiu a convocatoria dunha nova folga o pasado 12 de marzo, que sacou unha vez máis miles de estudantes á rúa en todo o Estado para reivindicar a paralización do EEES, incluíndo de xeito máis ou menos xeral consignas como a paralización de clases para a celebración de debates públicos sobre o proceso de Bolonia coas autoridades universitarias, ou a realización dun referendo.

Isto último resultou ser, ademais dun dereito básico e democrático, o máis difícil de asumir por parte das institucións universitarias. A universidade gábase de ser unha institución democrática mentres se aproban graos entre "catro paredes" a través de mecanismos de representación que non funcionan e de forma totalmente antidemocrática. Á vez négase un dereito como a consulta popular.

Con todo, aínda que a negativa sexa algo constante entre as institucións universitarias, nalgunhas universidades, como a de Barcelona, conseguiuse a convocatoria dun referendo de carácter consultivo ao estudantado, cuxa resposta foi, nun 93%, pola paralización do EEES. A vontade dos estudantes exprésase na mobilización e no voto.
Ante esta situación xeral dun movemento organizado con síntomas de coordinación estatal, como así o demostran as folgas xerais e os métodos de loita (asembleas, reparticións de información, ocupacións de facultades), os reitores sentense ameazados, recorrendo á petición de axuda ao goberno, xa que se atopan ante un movemento que escapa ás súas predicións, e está totalmente fora do seu ámbito de control e manipulación.

Igualmente, os medios de comunicación xogan un papel importante en todo este ambiente, pois tachan ao movemento de minoritario e radical, coa única vontade de criminalizar un movemento de características totalmente diferentes, unitario, asembleario, combativo, en crecemento.

Todas estas cuestións non escapan tampouco aos ollos da represión institucional, que se vai incrementando, e así o demostran os recentes casos de cargas policiais na universidade da Lagoa, en Canarias, o pasado 12 de marzo, e o recente desaloxo, mediante unha serie de cargas policiais brutais, dos e as estudantes que ocupaban o reitorado da universidade de Barcelona. Esta última deixando ao descuberto a responsabilidade dos reformistas de ICV na represión, xa que Joan Saura, conseller de Interior e máximo responsable da represión violenta, é o líder desta plataforma electoral. Pola súa banda, EU non dubidou en volver chegar a un acordo con ICV de face a compartir lista nas próximas eleccións europeas. Tanto ICV como EU se reafirman como opcións institucionais, afastados de calquera proxecto de ruptura real co actual sistema. Esta ruptura, cada vez máis necesaria, debe abrir as portas á verdadeira realización dos intereses dos estudantes, a clase obreira e os sectores populares.

Pero a pesar de todo o anteriormente mencionado, non todo se lle presenta negro ao movemento antibolonia, pois a solidariedade cos e as compañeiras de Barcelona non se fixo esperar noutras partes do Estado. A incorporación de novos sectores á loita dá unha nova dimensión ás reivindicacións, e así o mostra a firma, por parte de aproximadamente 300 profesores, dunha carta en contra do proceso de Bolonia, ou a incorporación ás mobilizacións de novos colectivos e sectores sociais.

A mobilización sostida e a loita continuada contra o EEES e por unha educación pública, laica, científica e de calidade tórnase clave no contexto actual de imposición de políticas neoliberais no ámbito da educación. Nesta loita, como a realidade deixou ben patente, non podemos confiar en proxectos institucionais como EU ou ICV, que ante as xustas demandas do estudiantado, só responden con porras e violencia. Os CJC, como xa o expresou a nosa organización en Catalunya, os JCPC, mostramos a nosa solidariedade con todo o estudantado catalán en loita e, especialmente, coas compañeiras e compañeiros que sufriron a represión violenta da policía de Joan Saura. Tamén animamos a seguir a loita. ¡Ata a Vitoria sempre!

Comité central dos CJC
Marzo 2009

--
A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución
www.cjc.es

terça-feira, 24 de março de 2009

MOBILICÉMONOS O 28 DE MARZO

OIMOS FALAR CADA DIA

DA CRISE.

DAS GUERRAS QUE ANIQUILAN AOS POVOS.

DA FAME NO MUNDO.

DA DESFEITA MEDIOAMBIENTAL.

DA DISCRIMINACION DOS E DAS MAIS FEBLES.

DO DESPREZO POLOS DEREITOS DA CLASE TRABALLADORA.

DA DESTRUCION DE MAN DE OBRA NA INDUSTRIA, NO AGRO E NO MAR.

DA USURPACIÓN DO DEREITO Á CULTURA AOS FILLOS E FILLAS DA CLASE TRABALLADORA.

DA EXPLOTACION CARENTE DE TODO ESCRÚPULO AOS E ÁS INMIGRANTES, DA BRUTALIDADE RACISTA.

DA CARESTÍA QUE AZOUTA A MOITOS E AMEAZA A TODOS.

DA CARENCIA DE SOBERANÍA DOS POVOS.

DA PREPOTENCIA APARENTEMENTE INTOCABEL DOS PRIVILEXIADOS.

ESTES FEITOS NON SON INEVITABEIS

A SÚA CAUSA FUNDAMENTAL É A COBIZA SEN FREO DUNHA MINORÍA ÍNFIMA E DOS SEUS CENTROS DE PODER ECONÓMICO E POLITICO.

A SÚA CAUSA É UN SISTEMA, O CAPITALISTA, QUE VIVE DE EXPLOTARNOS, DE LEVARNOS A GUERRAS QUE SÓ SERVEN AO LUCRO DISA MINORÍA ÍNFIMA.

UN SISTEMA DISPOSTO A USURPARNOS DEREITOS CONQUERIDOS EN DURÍSIMAS LOITAS SINDICAIS, POLÍTICAS E SOCIAIS.

COMUNISTAS DA GALIZA- PCPE LOITA AO TEU CARÓN CADA DÍA POR ABOLIR O CAPITALISMO E A SÚA BARBARIE.

OUTRO MUNDO É POSIBEL, PERO NON BAIXO O CAPITALISMO.

O CAPITALISMO É UN SISTEMA EN CRISE.

SÓ A SÚA DESAPARICIÓN PODE GARANTIR A XUSTIZA SOCIAL.

ORGANÍZATE E LOITA.

NON Á U.E. OTAN FORA.

A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS.

COMUNISTAS DA GALIZA- PCPE

comunistasdagaliza@gmail.com


segunda-feira, 23 de março de 2009

MOBILICEMONOS O 28 DE MARZO




Carta aberta á cidadanía e colectivos sociais vigueses:


Sufrimos unha crise capitalista internacional que impacta á humanidade en varios planos : alimentario, financeiro, económico, ambiental, enerxético e migratorio.

Dentro da UE sufrimos esta crise con particular crueza no estado español. Excederemos en breve os 4 millóns de parados.
Miles de familias non poden xa pagar as hipotecas dás súas vivendas e estan a perdelas.
En máis de 800.000 familias non traballa ningún membro da unidade familiar.

Sufrimos en Galicia unha situación de paro por riba das 200.570 persoas.
En 34.500 fogares galegos ninguén dous seus membros activos está ocupado. Case 80.000 persoas non teñen xa protección social.
hai máis de 80 EREs sobre a comarca de Vigo, e un imcremento do paro moi superior á media galega.

Xa vimos as vergonzantes cantidades de diñeiro que foron liberadas ao voo para apontoar a grande banca, nunca dispoñible para frear o sufrimento de millóns de persoas.

Xa vimos como todas as medidas adoptadas pola UE, incluído ou goberno Zapatero, só buscan socializar as perdas para asegurar a supervivencia dun sistema baseado na privatización de sectores estratéxicos da economía os servizos públicos e os recursos naturais e enerxéticos, baseado na explotación do traballo e da natureza.

Entendemos que para facer fronte a esta crise é necesario ir á raíz dos problemas e avanzar o máis rapidamente posible cara á construción dunha alternativa superadora do capitalismo.

En consecuencia, subscribimos as medidas urxentes propostas pola Declaración da Asemblea dos movementos sociais no FSM de 2009 en Belém:

-A nacionalización da banca sen indemnización e baixo control social

- Redución do tempo de traballo sen redución do salario

- Medidas para garantir a soberanía alimentaria e enérgetica

- Pór fin ás guerras, retirar as tropas de ocupación e desmantelar as bases militares estranxeiras

- Recoñecer a soberanía e autonomía dos pobos, garantindo o dereito á autodeterminación

- Garantir o dereito á terra, territorio, traballo, educación e saúde para todas e todos

- Democratizar os medios de comunicación e de coñecemento

En consecuencia, as organizacións abaixo asinantes facemos un chamamento á cidadanía viguesa e a todos os colectivos e organizacións progresistas que compoñen o seu tecido social cidade a participar na Mobilización Global contra o G-20 e as saídas neoliberais á crise, convocada polo Foro Social Mundial 2009 o día 28 de marzo.

Na cidade de Vigo terá lugar en forma de concentración no cruzamento de Urzáiz - Príncipe ás 18:00 Hs.

Esta mobilización constituirá un primeiro paso doutros tantos na coordinación de mobilizacións e xeración e reivindicacións e solucións concretas á crise no noso contorno, a comarca de Vigo, e en coordinación con outras campañas, plataformas e colectivos galegos, do estado español e doutras nacións.

ÁRBORE

ESQUERDA UNIDA

PCG

PCPE

XCG

FPG

Adhire ao Manifesto pola retirada da simboloxía franquista da Coruña


Manifesto “Os tempos son chegados”, pola retirada da simboloxía franquista da Coruña e as distincións honoríficas a Franco e a todos os ministros da ditadura. Facede o voso adherimento dirixido ao enderezo A Oliveira de Teo <memoriateo@gmail.com>


Os tempos son chegados

POLA RETIRADA DA SIMBOLOXÍA FRANQUISTA DA CORUÑA

E AS DISTINCIÓNS HONORÍFICAS A FRANCO E A TODOS OS

MINISTROS DA DITADURA

As persoas abaixo firmantes apoiamos a proposta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) para que se retiren todo tipo de distincións honoríficas, concedidas durante a Ditadura, a Franco e a todos os seus ministros, así como a eliminación das rúas e simboloxía franquistas da Coruña

Ante o debate aberto na Coruña sobre este tema, consideramos que non debe quedar reducido a uns “expertos”, nin sequera á corporación municipal, senón que interesa a toda a sociedade galega e, como membros da mesma, queremos dar a nosa opinión.

A Lei da Memoria Histórica sinala no seu artigo 15 que “as Administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura”. É unha evidencia que durante a Ditadura de Franco houbo unha feroz represión e, como sinala a citada lei, “graves violacións de Dereitos Humanos”. Entendemos que as mencións ou distincións honoríficas, concedidas a Franco e todos os seus ministros, están incluídas no citado artigo 15.

Francisco Franco –sinalado no auto do xuíz Garzón, de 16 de outubro de 2008, como autor, xuntamente con outros dirixentes, de crimes contra a humanidade- ten a Medalla de Ouro, é Alcalde Honorario, Fillo adoptivo e Predilectísimo da Coruña. Dez ministros da Ditadura, entre eles Manuel Fraga, son Fillos Adoptivos. Lembremos que a Ditadura franquista foi definida pola ONU en decembro de 1946 como un “réxime criminal”, e recibiu este mesmo cualificativo nas Conferencias de Potsdam e San Francisco en 1945.

Estes dez ministros son responsables, como colectivo, da política represiva da Ditadura, que se aprobaba no Consello de Ministros: 200.000 persoas foron fusiladas despois de rematar a guerra; 750.000 estiveron en cárceres e campos de concentración; millóns de persoas despedidas do seu traballo, entre eles 60.000 profesores; centos de miles tiveron que marchar ao exilio; aínda hoxe hai cen mil persoas desaparecidas en fosas comúns; miles de nenas e nenos foron roubados a familias de demócratas e republicanos, cambiando a súa identidade. Neses consellos de Ministros aprobouse toda unha política represiva: fusilamentos, execucións como a de Julián Grimau en 1963; o Tribunal de Orde Público, estados de excepción, expedientes a xornalistas, peches de periódicos, asasinatos de traballadores como en Ferrol, en 1972, ou en Vitoria en 1976, sendo Fraga ministro de Gobernación.

Querer minimizar estes feitos, que repugnan a calquera conciencia democrática; tentar minusvalorar as gravísimas responsabilidades políticas dos ministros, facendo unha artificial clasificación daqueles entre “militares”, “tecnócratas” e “políticos” ou definir o papel dalgúns como simples “administradores ou servidores ministeriais”, é unha inmoralidade e unha negación da historia.

A Deputación de Málaga vén de retirar 36 honores e distincións, concedidas durante a Ditadura, a ministros de Franco –José Utrera Molina aínda vive-, Gobernadores Civís e Presidentes da Deputación. O Presidente socialista, Salvador Pendón, sinalaba que “Es necesario quitar los honores franquistas porque significa una etapa negra y de represión”, engadindo que todas esas persoas foron “cómplices” desa situación. E remataba, dicindo: “La democracia debe servir para ver que los honores y distinciones otorgados durante un régimen dictatorial no deben seguir siendo válidos ahora”.

En Galicia numerosas institucións, como a universidade e concellos, están a retirar distincións honoríficas a Franco, aos seus ministros e a outras personalidades franquistas. Nos últimos meses o concello de As Pontes retirou por unanimidade a Medalla de Prata a José Antonio Girón de Velasco, ministro de Franco; o concello de Vilagarcía retirou a Medalla de Ouro a Franco e a Perla de Arousa a súa muller; o concello de Curtis (alcalde do PP) suprimiu as rúas Calvo Sotelo e Nieto Antúnez, ministro de Franco. A Deputación de Lugo vén de retirar a Franco o título de Presidente de Honor, así como as Medallas de Ouro a Pilar Primo de Rivera, en representación da Sección Feminina de Falanxe, e ao Fronte de Xuventudes.

Non merecen ningún recoñecemento público os alcaldes da Ditadura, Hernán Martín-Barbadillo, José Fuciños Gayoso, Eduardo Ozores Arraiz, Sergio Peñamaría de Llano, José Pérez-Ardá e Eduardo Sanjurjo de Carricarte, ben porque xogaron un importante papel , como militares, na sublevación fascista de 1936 contra a República, participaron na represión ou asinaron penas de morte como fiscais militares.

O concello da Coruña debería cambiar a rúa Calvo Sotelo e revogar as distincións honoríficas a este personaxe, fascista declarado, promotor e instigador do golpe militar contra o goberno lexítimo da II República. Debe retirar toda a simboloxía franquista do palacio municipal de María Pita; o escudo da Ditadura, que está na vidreira da entrada principal e que é ilegal desde 1981, debe ser substituído polo escudo da cidade. O baixorrelevo do ditador Franco non pode estar no salón de Plenos, que é a cámara da democracia.

Pouco despois do triunfo da sublevación militar de 1936, os fascistas quixeron deixar moi claro que estabamos diante dunha nova etapa, caracterizada por un terrorismo de Estado e a privación de liberdade; por iso a corporación municipal da Coruña, presidida polo capitán Fuciños, acordaba cambiar o nome da rúa Liberdade por Disciplina. A Liberdade debe volver a esta rúa do barrio de Monte Alto.

Manter hoxe na Coruña esas distincións honoríficas, as rúas e a simboloxía franquistas, sería unha auténtica indecencia, unha indignidade, unha humillación, un oprobio e un insulto á cidadanía -especialmente ás familias dos represaliados- que non pode permitir unha sociedade democrática.

IV XORNADAS REPUBLICANAS



ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO


Apdo. Correos 3054. 36200 Vigo.

www. asemblearepublicana.org

contacto: contacto@asemblearepublicana.org



O MARTES (24 DE MARZO) dentro das IV XORNADAS REPUBLICANAS que organiza a Asemblea Republicana de Vigo " Amig@s da República " e que estan tendo lugar no Edificio Municipal do Areal(Antigo Rectorado) , Francisco Fernández Buey , Catedratico de Filosofía Política da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona pronunciara unha conferencia baixo o titulo “REPUBLICANISMO E DEMOCRACIA ”

O acto que dara comezo ás 20.15 horas sera presentado por Luis García Soto, Profesor Titular de Filosofía Moral e Decano da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago


Os aspectos que o Profesor Fernández Buey vai desenvolver na súa conferencia son

1. Por qué volve agora o republicanismo?

2. Un excurso histórico: republicanismo teórico, republicanos na práctica

3. Laicidade e República

4. Patrias, nacions e loita de clases

5. Qué república para os tiempos que corren?


6. Da democracia representativa á democracia participativa

domingo, 22 de março de 2009

da OLIVEIRA DE TEO



As Xornadas da Oliveira




Venres, 27 de marzo, ás 20,30:

Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco, por Carlos Parrado.

Local Social da Oliveira, Escola de Ameneiro, Calo.




Nas terras de Toques, de Melide e da Ulloa, Ramón Rodríguez Varela, máis coñecido como Curuxás, foi o guerrilleiro que se converteu naquela zona en lenda e símbolo da resistencia contra o franquismo.


Desde os anos 70, o investigador de Melide Carlos Parrado seguiulle as pegadas a este loitador contra o franquismo, caseiro na súa aldea, despois obreiro en Asturias, na Sionlla e nas minas de Lousame, militante da CNT que viviu na súa terra ata o día da súa morte, por enfermidade, no ano 1967, despois de pasar 31 anos como fuxido, como militante do Exército Guerrilleiro de Galicia, e amparado logo polos seus veciños e veciñas, que o protexeron da persecución das autoridades da dictadura.


Carlos Parrado compartiu estas súas pescudas en actos diversos de divulgación ao longo do país, e recentemente recolleunas nun libro, editado por A Nosa Terra, titulado Curuxás: o guerrilleiro que non cazou Franco.


Na Oliveira de Teo temos nesta ocasión a sorte de contar con este investigador, que nos falará do guerrilleiro e presentará o seu libro sobre o mesmo. Continuamos así coas nosas xornadas de recuperación de memoria, de feitos históricos que temos a obriga de lembrar, porque, segundo conta o noso conferenciante deste próximo venres 27 de marzo, “os guerrilleiros, aínda hoxe que se está iniciando a recuperación da historia do movemento guerrilleiro, están moi pouco considerados, malia que foron moito tempo o único facho de liberdade fronte ao fascismo do réxime de Franco".


Teo, 21 de marzo de 2009.


quinta-feira, 19 de março de 2009

E EU?? PROTEXE A MIÑA VIDA....

humor

O PRIMEIRO DE ABRIL, MOBILIZACIÓN INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES



O PRIMEIRO DE ABRIL, MOBILIZACIÓN INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES E FORZAS PROGRESISTAS DO MUNDO, PARA ESIXIR QUE A CRISE A PAGUEN OS QUE A XERARON E NON OS TRABALLADORES NIN OS POBOS VÍTIMAS DO NEOLIBERALISMO.

A Federación Sindical Mundial -FSM- diríxese ao movemento sindical e organizacións sociais progresistas do mundo, para reafirmar os acordos da Conferencia sindical realizada en Lisboa do 15 e 16 de Decembro, 2008, entre eles promover a realización e converxencia na mobilización e accións de loita a escala internacional para o PRIMEIRO DE ABRIL.

- A clase traballadora e os pobos do mundo vítimas das políticas antilaborais esixen cambios profundos; construír, consolidar e defender as políticas económicas e sociais como alternativas ao capitalismo e o seu modelo neoliberal de globalización.

- Só a acción unitaria dos traballadores/as e as forzas progresistas baixo os principios de clase, poderán impedir máis explotación e precarización do traballo.

- Pola distribución da riqueza, mellorar os salarios.

- Contra o traballo infantil.

- Non máis despedimentos de traballadores/as, defensa dos dereitos sociais e laborais.

- Redución da xornada de traballo sen reducir os salarios, polo fortalecemento dos sindicatos.

- Contra toda forma discriminación cara ás mulleres traballadoras, novas, inmigrantes etc, pola igualdade de oportunidades

- Nacionalización da banca e demais sectores estratéxicos, como a enerxía, soberanía alimentaria baixo control social.

- Cesamento inmediato das guerras, cesamento dos fondos á OTAN e as armas militares; que eses orzamentos sexan investidos no sector produción para xerar emprego e para o desenvolvemento dos pobos.

- Non máis represións nin asasinatos de dirixentes sindicais e loitadores sociais.

- Polo retiro inmediato e sen condicións das forzas militares de ocupación de Iraq, Palestina e demais territorios árabes así como de Afganistán.

- Polo pleno respecto á soberanía e libre determinación dos pobos.

Unamos as nosas forzas e voces, na mobilización e accións de loita para o 1º de Abril, as organizacións sindicais e sociais poden agregar as demandas dos seus respectivos países, rexións e centros de traballo ás da FSM.

Organicemos accións nos lugares de traballo e nas ramas profesionais.

Que o 1 de abril cada sindicato elixa a súa forma de actuar.

TODOS UNIDOS NA ACCION DE LOITA O 1º DE ABRIL

ELECCIÓNS EN EUSKADI E GALIZA

UNHA INTERPRETACIÓN E UNHA RESPOSTA Á MARXE DAS INSTITUCIÓNS.

Os resultados das eleccións aos parlamentos da Comunidade Autónoma Basca e Galiza amosan, alén das mediocres e interesadas interpretacións realizadas polos partidos e mais os medios de comunicación do sistema, que non é posible facer avanzar unha alternativa popular, sen cuestionar as dinámicas e os límites impostos pola institucionalidade burguesa. É verdade que son dous casos distintos, máis en ambos se impoñen e/ou avanzan as dúas mesmas realidades:
1- Por unha banda, dase un avance sostido dos dous principais partidos que respaldan a lexitimidade burguesa no estado español. A suma de votos e escanos do PSOE e PP, elección tras elección, é cada vez máis grande e apunta cara unha desaparición paulatina do resto de expresións políticas que de seu non sexan representativas dunha clase social determinada. Só o PNV como partido da burguesía basca, segue a manter o seu nicho de electores. O resto de partidos políticos que non representan con claridade unha clase social, están condenados a desaparecer ou ver cada vez máis reducida a súa representación institucional. Son agora, os casos da debacle de EA e EB, ou o paulatino descenso do BNG, mais hai algúns anos fora a desaparición de EE, UA , EU-EG...
A doble lección que podemos tirar desta realidade é que o interclasismo, como estratexia de engano social e electoral dos partidos políticos representantes dos intereses da clase social hexemónica, funciona sin problemas se a batalla política se da exclusivamente no campo das institucións e, como estratexia de penetración social das organizacións que din representar os intereses da clase obreira e dos sectores populares, é un verdadeiro fracaso.
2- Só cunha estratexia institucional non é posible construir ningunha alternativa de poder popular. As institucións burguesas asimilan e normalizan calquera proxecto que non estea respaldado por unha experiencia de organización popular e contrapoder das masas populares. É mentira a afirmación de que só desde as institucións se poden construir alternativas que creben a hexemonía económica, social e ideolóxica das clases dominantes.
O exemplo do BNG e Esker Batua (aplicable ao Tripartit catalán) son claros exemplos do
fracaso absoluto das políticas reformistas. Ao cabo, as reformas chocan coas súas propias limitacións, e acaban pechando o camiño a posibles proxectos emancipatorios de base, e dando cobertura á institucionalidade dominante.

Dous detalles máis:

Euskadi: O feito de que o voto dun alavés valla o triple do que o dun bizcaíno, e negarlle a representación política institucional á esquerda abertzale, son dous elementos que pervirten radicalmente a representatividade institucional na CAB. Faise moi difícil falar de lexitimación democrática con estas dúas realidades tan antidemocráticas.

Galiza; A secular estructura caciquil hexemonizada polo PP non se ten resentido nestes catro anos de goberno de "progreso", e permitiulle volver a gañar as eleccións. A lectura errónea para interpretar este feito é pensar que se mantivo pola súa fortaleza e capacidade de penetración social, a correcta é decir que -xa que PSOE e BNG desenvolveron a mesma política que os caciques-, a xente decidiu votar aos caciques de sempre. Durante a II República, e especialmente durante os cinco meses de victoria da Frente Popular, as estructuras caciquís derrubáronse na Galiza como un castelo de naipes; a diferencia está en que, daquela, procurouse crebar as estructuras que sustentaban a dominación, e agora non.

Construir a alternativa.

Coa excepción da esquerda abertzale, que malia o seu claro desgaste político e social, é aínda capaz de mobilizar amplos sectores populares, é evidente que non hai capacidade de resposta popular ás políticas burguesas. É inaceptable que no medio da crise que padecemos a clase obreira, os sectores populares e a mocidade, ainda
siga a ser o seu discurso o hexemónico, e o que consegue (enganando) imporse nos debates políticos. En Euskadi, na Galiza, e no conxunto do estado español, é preciso construir alternativas populares desde a base, que cuestionen a lóxica ideolóxica capitalista. No desenvolvimento desta tarefa, na que habemos estar amplamente implicados os e as comunistas, atoparase sen dubidas, a base política e social que -por qué non-, tamén coa súa participación institucional, poderá rachar as bases do sistema de dominación e abrir o horizonte dunha sociedade socialista na que, por fin, a liberación social e nacional sexa unha realidade.

Julio Díaz.
Membro do Comité Central do PCPE


INTERNACIONAL


Loitemos pola 3ª República







No noso proxecto de emancipación a República xoga un papel fundamental. Por dous motivos. O primeiro, pola propia negación de democracia e liberdade que supón unha monarquía, institución representativa da Idade Media. A monarquía aparece no Estado Español como herdeira do franquismo e, por iso, lexitímao e supón continuísmo. A imposta unidade aos pobos que compón hoxe o Estado Español, o poder en mans da oligarquía. E por suposto, a falta de liberdade e a mesma imposición da monarquía.

Fronte a esa realidade, unha proposta concreta para a mocidade: a 3ª República Confederal Socialista. A República, non polo seu valor histórico e a esperanza que supuxo para os pobos do Estado Español e para a mocidade en 1931 e, especialmente, en 1936 tras a vitoria da Fronte Popular, senón polo seu valor hoxe.

República para romper co franquismo e recuperar a Memoria Histórica. República para romper a unidade do Estado Español e construír un Estado sobre o alicerce do dereito á autodeterminación. E República, tamén, para romper co actual modelo económico e social, para desterrar o capitalismo das nosas terras e construír o socialismo, convertendo en realidade o que no capitalismo non son máis que promesas: o dereito a unha vida digna, con traballo, con vivenda.

Poderán deostarnos os monárquicos. Poderán dicir que a nosa causa está perdida, que é dun tempo pasado. Poderán mirarnos con malos ollos os reformistas, eses que propón simplemente República, sen ningún contido de clase. Pero é a nosa proposta a que está cargada de futuro para a mocidade, a República Confederal Socialista.

¡Loitemos pola 3ª República!

¡Polo dereito á autodeterminación!

¡Polo socialismo!



Comisión de República dos CJC


Marzo de 2009

republica@cjc.es

www.cjc.es



--
A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución
www.cjc.es

lugo, boicote ao estado sionista de israel


TODOS CONTRA O MURO EN PALESTINA!!!

O Estado de Israel, amosando novamente o seu carácter totalitario e xenocida que o leva a violar sistemáticamente o Dereito Internacional e as resolucións da O.N.U., e coa complicidade e subvencións dos EE.UU., o Fondo Monetario Internacional e a U.E., iniciou en 2002 a construcción dun muro en Cisxordania de máis de 700 kms.

O pretexto foi o da “seguridade”, coma se o Estado de Israel, que posúe un dos mellores exércitos do mundo e mesmo armas nucleares, non tivera xa abondos medios para ameazar tal “seguridade”. Pero o certo é que o muro non é só un medio de discriminación étnica, senón un arma de ocupación máis, co obxectivo último de anexarse os territorios palestinos. Porque mediante a segregación da poboación, o que en realidade se busca é forzar a expulsión da súa propia terra (moitas veces de alto valor pola existencia de acuíferos). Ademáis, o muro divide e fractura os territorios palestinos, dificultando a mobilidade da poboación e a constitución dun Estado Palestino, proceso que goza da aprobación da O.N.U.

Boa proba de todo isto é o feito de que o trazado elixido non siga a “liña verde” (fronteira establecida tras o armisticio de 1949), senón que invade o propio territorio palestino (estímase nun 10 % o territorio palestino anexado directamente polo muro). Ademáis, esta invasión refórzase mediante a construción ilegal en territorio palestino de numerosas colonias de xudeus que conforman unha verdadeira forza de ocupación.

Ante a indiferenza dos gobernos occidentais, as consecuencias deste muro para a poboación palestina son nefastas: moitos cidadáns fican recluidos en ghettos, decote despoxados dos seus campos de cultivo, ou afastados deles (pois os puntos de entrada moitas veces están a kms.), e sen posibilidade de chegar a hospitais, escolas, universidade etc. En Qalquilya, case o 20% dos seus habitantes decidiron marchar incapaces de sobrevivir no que xa chaman “a gaiola do apartheid”.

O muro foi declarado ilegal pola Corte Penal Internacional de A Haia en xuño de 2004. A sentencia obrigaba a Israel a derrubalo, voltar a terra aos seus propietarios e indemnizalos. Pero a resposta das autoridades israelitas é boa mostra da catadura moral dos sionistas e dos seus cómplices, os EE.UU. e a U.E., así como do seu desprezo pola legalidade internacional: o Ministro de Asuntos Exteriores declarou: “esta sentencia irá ao basureiro da historia”.

No mesmo senso, a Asemblea Xeral da O.N.U. condenou a construción do muro e creou unha Oficina de Rexistro de Danos con sé en Viena. A resolución foi aprobada por 162 votos a favor, 7 abstencións e 7 votos en contra: os de EE.UU., Israel, Australia, Illas Marshall, Micronesia, Nauru e Palau).

Nalgúns destes territorios ocupados constrúense novos asentamentos xudeus por parte da empresa Leader, propiedade de Lev Leviev (un dos magnates máis ricos do mundo, propietario tamén da marca de bañadores Gottex, con licencia para a venta da roupa de Inditex das marcas Zara, Pull and Bear e Massimo Dutti).

Diante desta ilegal ocupación, desta política de apartheid e Terrorismo de Estado, e coincidindo co DÍA DE ACCIÓN GLOBAL DE BOICOTE, DESINVESTIMENTOS E SANCIÓNS CONTRA ISRAEL, chamamos a todos os lucenses a solidarizarse co pobo palestino apoiando o boicote contra os produtos fabricados en Israel e as empresas israelitas.

Lugo, 30 de marzo de 2009

LUGO, MASA CRITICA



O próximo xoves, 26 de marzo ás 20:15 diante do Concello temos unha nova MASA cargada de sorpresas. Contaremos coa presenza da Asociación de Veciños da Milagrosa que nos acompañaran durante todo o percorrido, cuxo itinerario fará unha parada especial no barrio da devandita Asociación, onde realizaremos unha breve explicación do movemento da Masa Crítica. Esta semana repartiremos cartaces polo barrio da Milagrosa, polo que non estaría nada mal que avisásedes a algún amigo/a da zona para convidalo a esta especial convocatoria que está encadrada no plan de divulgación da Masa Crítica a asociacións veciñais lucenses. Prevemos a presenza dunhas 60 PERSOAS, A MAIOR MASA SOBRE RODAS QUE SE VIU EN LUGO.

NON A PODES PERDER!!!

masacriticalugo.blogspot.com

CONTRA OS ESTUDANTES A MESMA MEDICIÑA QUE FRANCO



O desaloxo dos estudantes pechados na Universidade de Barcelona, na mañá de hoxe, por parte dos Mossos d´Escuadra, representa non só unha brutal agresión ao movemento estudantil, senón a demostración palpable do grao de histeria colectiva que azouta aos dirixentes políticos deste país, preocupados de que nada se mova na rúa, nestes momentos en que a crise económica fai tambalearse o seu mísero sistema capitalista.



Unha década despois do pistoletazo do plan Boloña os políticos deste país séguennos a ocultar os intereses reais do cambio de modelo educativo, baixo os eufemismos de modernizar a universidade, de aumentar a calidade do ensino; o que verdadeiramente se persegue é converter o ensino universitario nunha mercadoría capaz de xerar beneficios ao decrépito sistema capitalista. Intereses variados, desde patróns aos que lles sairá máis barata a man de obra cualificada, profesionais de prestixio como algún xornalista de renome que tamén espera cobrar, algunha empresa que aspira a titorizar algunha carreira, etc., en definitiva americanizar a universidade.



Pero independentemente dos intereses que están detrás do Plan Boloña, o inconcibible é que a cidadanía vexa por televisión imaxes propias da ditadura fascista; non en branco e negro coma se fose un documental de televisión, senón en cor; a cargas policiais e o trato dispensado aos estudantes está máis próximo a unha ditadura que a unha democracia, a actitude de saña e violencia que algúns policías empregaron demostra ao servizo que quen están.



Se este país tivese os mínimos democráticos que esixen a outros países, mañá debería de facerse efectiva unha serie de dimisións:



En primeiro lugar, o reitor da Universidade de Barcelona, Dídac Ramírez, pois ten o triste record de levar só catro meses no cargo e actuar como os reitores da ditadura.



En segundo lugar, o Conseller d'Innovació, Universitats i Empresa, Josep Huguet, a súa prepotencia e a súa falta de vontade política para negociar cos estudantes, convérteo en principal responsable político da situación.



Para rematar, o Conseller d'Interior, Relacions Institucionals i Participació, Joan Saura, posto que os seus raparigos volveron a demostrar o que son, unha colla de energúmenos ao servizo do capital, en ningún caso unha policía dun país democrático, ao servizo dos cidadáns.



Desde o PCPC e os CJC-JCPC, esiximos a inmediata liberación dos estudantes detidos, e a nosa solidariedade coas mobilizacións que promove o movemento estudantil.



30 anys després, aquí non ha canviat res!



Fora mossos da Universitat!





Partit Comunista do Poble de Catalunya

CJC- Joves Comunistes do Poble Català


--
www.comunistes.org
http://www.pcpcat.org
www.cjc.es



--
A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución
www.cjc.es

domingo, 8 de março de 2009

entrevista ao camarada Alejandro Fernández no Diario de Arousa


http://www.diariodearousa.com/hoy/portada/ultima.html

"Líster loitóu pola paz, non pola guerra"

ACTO UNITARIO EN AROUSA, 6 DE MARZO




Nun ambiente caracterizado pola boa asistencia e organización, a camaradería e a disposición á loita e á unidade transcurríu este acto no que interviron desde a mesa o dirixente sindical de CCOO Fernando Ramos,o camarada Alejandro Fernandez da dirección central do PCPE e o coordenador de Esquerda Unida membro do PCG, Juan Fajardo.

Tras a proxección do documental de Margarita Ledo, a quen aproveitamos para expresar desde eiquí o noso agradecemento pola súa xenerosa colaboración, o camarada Alejandro, compañeiro de Líster na fundación do PCOE e dirixente do noso Partido desde a unificación de ambas organizacións comunistas, referíuse a obra revolucionaria dese grande dirixente comunista galego.


As intervencións dos camaradas asistentes, na súa totalidade destacados loitadores e loitadoras obreiros, así como mozos e mozas, e do mesmo xeito os discursos dos tres camaradas ponentes da charla, caracterizáronse pola unidade dun discurso nidiamente de clase e comunista, compartindo o chamamento a abordar xuntos e xuntas esta etapa que se inicia de contraataque da nosa clase fronte á ofensiva da patronal e os seus xestores. Avanzar na unidade de acción desdeñando calquera corporativismo ou patrimonialismo das siglas, impugnar a Unión Europea como ferramenta dos monopolios e bloque imperialista, tomar a rúa antes de que o fagan a dereita e o fascismo cun discurso xenófobo e populista, e avanzar dando a explicación e a proposta comunista, as claves explicativas da crise estructural que nos sacude tráxicamente, cara ao horizonte dunha grande Folga Xeral que faga frente á salvaxe ofensiva do Capital, e situando o Socialismo como a única alternativa posible.


A CRISE CAPITALISTA, QUE A PAGUEN OS RICOS

ADIANTE UNIDADE E LOITA OBREIRA

E COMUNISTA!!


COMPOSTELA, 7 DE MARZO, ACTO DO PCPE



Coa valiosa presencia e aportación de destacados cadros do Sindicalismo de clase, activistas da solidariedade con Cuba, da solidariedade con Palestina e con América latina, do Movemento pola Memoria Histórica antifascista, transcurriu o acto celebrado en Compostela onte sábado 7 de Marzo.

O camarada David dos Colectivos da Mocidade Comunista-C.J.C. explicóu o carácter claramente clasista e privatizador do chamado Proceso de Bolonia, que reservará o acceso á Universidade aos fillos dos ricos e dos burgueses , e a dirección e planificación dos programas de estudios ás grandes corporacións e fundacións capitalistas; reservando aos mozos e mozas filll@s da clase obreira o papel de forza de traballo altamente explotada e precarizada ao servizo do capital. O camarada Iago dos C.M.C.-C.J.C. referíuse a algúns dos aspectos máis sangrantes das consecuencias da crise capitalista sobre a mocidade traballadora e desempregada, escravizada a mans das usureiras Empresas de Traballo Temporal e condenada a non acceder a unha vivenda propia nen labrarse un futuro de seu .

O camarada Alejandro do CC do PCPE referíuse a diversos aspectos da crise capitalista que a patronal aproveita para enriquecerse e rarear plantillas coa connivencia do goberno da socialdemocracia liberal, a administración laboral e as cúpulas sindicais colaboracionistas.

Mencionóu a Lei de Memoria Histórica como insuficiente e inaceptable, e a necesidade de erguer a loita pola República enchendo de contido revolucionario e de futuro á loita memorialista.

Referíuse ao importante éxito acadado na Homenaxe a Antonio Gades do derradeiro 28 de febreiro, e ao seu importante contido antiimperialista e internacionalista.

Fixo un chamamento a organizarse e loitar nas filas dos comunistas, pois só agrupados e organizadas seremos quen de erguer o programa e as propostas que poñan fin á impotencia e a indefensión da nosa clase traballadora frente a agresión das políticas capitalistas e imperialistas.