ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 28 de setembro de 2009

O POBO HONDUREÑO ENFRÓNTASE AO EXERCITO GOLPISTA NAS RÚAS





A utilización indiscriminada da forza contra o pobo hondureño  recruécese nos últimos días.

As forzas represivas utilizan gases tóxicos (gas amoníaco e acedo nidrinico) contra a poboación que resiste coa seguridade da vitoria.

A embaixada do Brasil,onde se atopa o presidente Zelaya continua rodeada polos militares golpistas, illada e con cortes de luz. Zelaya denunciou plans golpistas para allanar a embaixada e asasinalo, facéndoo parecer un suicidio.

Prodúcense mortes, e as desaparicións chegan ata aos hospitais onde atenden aos feridos.

As detencións ilegais son masivas, 400 persoas atópanse retidas nunha instalación deportiva.

O goberno de Zapatero, do mesmo xeito que outros gobernos europeos, utiliza o discurso para condenar o golpe, pero na práctica non se toman medidas eficaces contra os golpistas, a viaxe que a vicepresidenta fixo o pasado Agosto a Costa Rica non tiña ningún interese pola liberdade do pobo hondureño, a prioridade da súa visita respondía á presión dos empresarios españois, que invisten na rexión, para reactivar o Acordo de Asociación con Centroamérica, suspendido tras o golpe en Honduras.

Algúns gobernos mesmo retoman a proposta do imperialismo norteamericano que reclama volver ao plan de mediación de Costa Rica, onde golpistas e goberno electo tiñan o mesmo tratamento.


A mobilización de solidariedade coa resistencia popular en Honduras é urxente, o Partido Comunista Dos Pobos de España fai un chamamento a saír ás rúas, participar en concentracións e marchas.


-Esiximos ao goberno de Zapatero contundencia nas medidas contra o goberno golpista de Fonduras. A prioridade é o pobo e non o mercantilismo empresarial.

-Denunciamos o silencio mediático da resistencia do pobo hondureño , o tratamento parcial e selectivo das noticias relacionadas co golpe de estado en Honduras.


A loita do pobo hondureño contra os militares golpistas polo restablecemento constitucional e a asemblea constituínte tamén é a nosa loita.


Comisión Antiimperialista do CC do PCPE










 
 

TRABALLO


O 1 de outubro comezarán as protestas na residencia “Mapfre-Quavitae” en Compostela
Traballadoras e traballadores das Residencias Privadas da Terceira Idade mobilizaranse contra a perda de dereitos que pretende impor a patronal na negociación colectiva. As medidas de presión, apoiadas pola CIG-Servizos e CC.OO, comezarán o 1 de outubro na residencia “Mapfre-Quavitae” (San Lázaro-Compostela), ás 11:30 horas.
Mentres, a patronal pretende aumentar a eventualidade, aplicar un incremento salarial dun 0´5%  máximo, impedir a asistencia do persoal aos exames médicos da sanidade pública, denegar o crédito horario sindical a un membro da mesa negociadora do convenio, cambiar o cobro da antigüidade….Mentres, o volume de negocio nos servizos privados sanitarios sobe anualmente case un 6%
Desde marzo, pola crise da automoción, os traballadores e traballadoras Do Centro Especial de Emprego Garevol estaban afectados por un ERE de suspensión, que ampliaron en agosto dous meses máis para buscar unha saída empresarial. O xoves 17 de setembro a empresa convocou ao Comité de empresa para informar da súa vontade de levar adiante un ERE de extinción para fechar esta fábrica.
Máis de 300 delegados e delegadas da CIG da comarca de Vigo mobilizáronse diante do hospital de Povisa para demandar a readmisión da delegada da CIG e portavoz do Comité de folga, Consuelo Martínez.
Abafante presenza de antidisturbios, con identificacións, mesmo a medios de comunicación, e unha constante presión sobre as convocantes.

·   
Hoxe luns 28, as mobilizacións do sector leiteiro seguen a ser  levadas adiante polas gandeiras e gandeiros d´A Terra Chá. Ás 12:30hrs. da mañá, xuntabanse nunha leira situada a 3kms. de Vilalba, á beira da LU-541 en dirección Lugo. Parroquia de Noche.  




sábado, 26 de setembro de 2009

URXENTE HONDURAS



URXENTE URXENTE URXENTE URXENTE URXENTE


HONDURAS


RADIO GLOBO E RADIO LIBERADA DENUNCIAN QUE O EXERCITO
ESTÁ ATACANDO CON GASES QUIMICOS NESTES MOMENTOS A EMBAIXADA DO BRASIL
ONDE ESTÁ O PRESIDENTE ZELAYA


Radio Globo e Radio Liberada, unhas das poucas que están transmitindo desde Honduras a favor da orde constitucional, acaba de comunicar que tropas do exercito están atacando con gases quimicos a embaixada de Brasil. Os gases que se arroxaron están provocando ouriños e vomitos con sangue, diarreas e cólicos moi dolorosos, e perda de coñecemento en quen quedaron expostos a este ataque que se produciu hoxe venres pola mañá.
O reporte sobre o que está ocorrendo e as súas graves consecuencias foron confirmados por médicos presentes no lugar.
Os gases quimicos son arroxados constantemente por helicopteros artillados, e os efectos dos gases estan afectando a veciños da zona da Embaixada. Repórtanse numerosos casos (ás 11,16 hora de Honduras) nos arredores, hai numerosos casos de nenos veciños do lugar que estan vomitando e defecando e ouriñando sangue.
O médico persoal do presidente Zelaya denunciou fai minutos nunha improvisada rolda de prensa que os efectos dos gases (ao parecer de procedencia israelí) son peligrosisimos xa que destrúen os glóbulos vermellos dos afectadas.
 
É URXENTE DENUNCIAR ESTE NOVO ATAQUE REPRESIVO DO GOLPISMO
 

 

sexta-feira, 25 de setembro de 2009

Chamamento conxunto dos Partidos Comunistas e Obreiros de Europa ante o novo referendo irlandés


Solidariedade co voto irlandés polo NON


O rexeitamento do Tratado de Lisboa polo pobo irlandés no referendo que se celebrou o ano pasado, así como o rexeitamento previo de Tratados e a Constitución da UE por outros pobos en varios estados membros da UE, creou grandes dificultades aos gobernos e a unha serie de forzas políticas que serven aos monopolios, así como á UE, esta unión interestatal imperialista que ten os intereses do gran capital como forza motriz.

Por tal razón, négase a aceptar o resultado da votación popular. Bruxelas, co apoio dos partidos políticos burgueses de Irlanda, obriga aos irlandeses a votar novamente, coa esperanza de poder intimidarlles e forzarlles a cambiar a súa decisión .

O Tratado de Lisboa, como anteriormente os Tratados de Maastricht e Niza, consolida e reforza a estratexia imperialista da UE en favor dos intereses do capital monopolista.


Este tratado, en particular,


*

Reforza o carácter militarista da UE, reforza os poderes do Alto Representante para Política Exterior, e establece unha colaboración máis estreita coa OTAN e os EE.UU.
*

Limita os dereitos soberanos dos estados membros e recoñece a supremacía do Dereito comunitario sobre o nacional.
*

Elabora novas políticas para a explotación dos traballadores e a demolición dos dereitos laborais e sociais, como continuación das sentenzas do Tribunal de Xustiza da Comunidade Europea nos casos Vaxholm, Laval, Ruffert e Luxemburgo baseadas en disposicións de tratados anteriores .
*

Suprime o dereito de veto en 50 sectores para beneficio dos países poderosos da UE, aumentando tamén a forza do voto relativo dos estados máis grandes.
*

Reforza decisivamente as competencias policiais e represivas a nivel central e en cada estado membro por separado, na dirección de crear unha única política europea de orde interior e seguridade.
*

Restrinxe e golpea fortemente os dereitos e liberdades políticas individuais e colectivos, e inclúe a loita contra as ideoloxías "radicais" no paquete "antiterrorista" da UE.
*

Reforza o papel internacional de rapiña e ameaza da UE nas súas relacións cos países en desenvolvemento, ditando as condicións do comercio e a política económica e a apertura dos seus recursos á explotación polas multinacionais europeas.
*

Socava máis aínda a capacidade dos estados membros de tomar decisións independentes e soberanas en asuntos crave de carácter social, político e económico, polo cal, calquera referencia á tradicional "Política irlandesa de neutralidade" queda desposuída de significación práctica.

As forzas obreiras e populares son agora máis conscientes do feito de que a UE non ten nada que ver cos intereses dos pobos. É unha Unión do desemprego e do subemprego, da abolición dos dereitos laborais e a seguridade social, da conxelación dos salarios e pensións, da mercantilización da saúde, o benestar social, a educación e a cultura. Os pobos de Europa acumularon unha experiencia ao terse demostrado na práctica que a UE e os seus tratados non só non constitúen un escudo contra a crise capitalista, senón que pola contra, reforzan os beneficios do capital que provoca a crise.


Os Partidos Comunistas e Obreiros de Europa expresamos a nosa solidariedade co pobo irlandés e instámoslles unha vez máis, a oporse decididamente á antidemocrática e antiobreira dirección inherente á UE, a rexeitar o militarismo da UE e a ameaza á paz e os dereitos dos pobos que ela representa. Instámoslles a desafiar os ultimátums da UE, a non crer nas promesas de regulacións, melloras e "protocolos sobre o respecto dos dereitos máis aló do tratado" que non mudan o carácter reaccionario do tratado.


Facemos un chamamento aos traballadores dos Estados membros da UE:


*

A mostrar a súa solidariedade activa co pobo irlandés.
*

A apoialo mediante mensaxes de solidariedade e en calquera outra forma, xa que esta é unha loita común e o seu resultado terá consecuencias para os traballadores de toda a UE.


A Europa das multinacionais pechou filas tras as forzas do "si". Nós, Partidos Comunistas e Obreiros, chamamos aos traballadores a pechar filas e solidarizarnos coa clase obreira irlandesa e as outras forzas populares do país.

Facemos un chamamento ao pobo irlandés a tensionar as súas forzas e votar NON unha vez máis e dar o golpe decisivo que marcará o rexeitamento ao tratado reaccionario. Este resultado colocará novos obstáculos ao ataque da UE imperialista e dará un novo impulso ás loitas da clase obreira e os sectores populares pobres en toda Europa.


Os Partidos


Partido Comunista de Bielorusia

Partido do Traballo de Bélxica

Partido Comunista Obreiro de Bosnia Herezegovina

Partido Comunista Británico

Novo Partido Comunista Británico

Partido Socialista Obreiro de Croacia

Partido Comunista en Dinamarca

Partido Comunista de Dinamarca

Partido Comunista de Estonia

Partido Comunista de Finlandia

Partido Comunista de Grecia

Partido Comunista Obreiro Húngaro

Partido Comunista de Irlanda

Partido Obreiro de Irlanda

Partido Socialista de Letonia

Partido Comunista de Luxemburgo

Novo Partido Comunista dos Países Baixos

Partido Comunista de Noruega

Partido Comunsita de Polonia

Partido Comunista Portugués

Partido Comunista da Federación Rusa

Partido Comunista Obreiro Ruso - Partido Revolucionario dos Comunistas

Partido Comunista de Eslovaquia

Partido Comunista dos Pobos de España

Partido Comunista de Suecia

Partido Comunista de Turquía



CONCERTO SOLIDARIO MASSÓ S.O.S







NIN PORTO DEPORTIVO NIN REPRESION POLICIAL: "CONCERTO SOLIDARIO MASSÓ S.O.S”
O martes, unha vez máis, dous mariñeiros foron detidos e ducias de veciños identificados por volver a intentar parar a aberración especulativa en Massó.

Este sábado 26 de setembro "concerto solidario" solidarízate cos mariñeiros e veciños que levan catro anos impedindo a construción do porto deportivo de Massó e defendendo a ría e a pesca de baixura.

CONCERTO SOLIDARIO MASSÓ S.O.S

SÁBADO 26 DE SETEMBRO ÁS 21:30H
CAMPO DE FÚTBOL DO MONTE CARRASCO - CANGAS



Actuarán os grupos:

O SONORO MAXIN
DIOS KE TE CREW
STUPENDA JONES
DAKIDARRÍA

ENTRADA - 5€  (A entrada deste concerto destinarase integramente a facer fronte ás multas e denuncias impostas pola garda civil e a empresa construtora contra veciñ@s e mariñeiros)

ESTA VEZ NON PASARÁN

¡¡BASTA XA DE AGRESIÓNS Á RÍA!!


 

POLOS NOSOS DEREITOS, LEI DE ABORTO SEN RECORTES

"Mujeres ante el congreso", plataforma apoiada pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, convoca á concentración-festa POLOS NOSOS DEREITOS, LEI DE ABORTO SEN RECORTES, que terá lugar en Madrid o 26 de setembro, de 18h a 21h,na Praza do Museo Reina Sofia.
As forzas anti-dereitos das mulleres están a preparar mobilizacións para outubro co obxectivo immediato de impidir que a lei sexa reformada e, a medio prazo, restrinxir ainda mais a súa interpretación e incluso o seu conteúdo. Iso fai ainda mais urxente que quenes defendemos  o dereito a decidir das mulleres sobre a súa maternidade nos mobilicemos para garantir a aprobación dunha nova lei acorde con ese dereito. Pola reforma da lei, e por unha boa reforma.
Mujeres ante el Congreso


!!! A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza acudirá a esta concentración do dia 26 de setembro organizando AUTOBUSES que sairán na mañá do sábado 26 e regresarán á medianoite desde Ferrol, A Coruña, Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense, segundo demanda, a un coste de 10€. !!!


--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info









 

CAMPAÑA DE BOICOTE AOS PRODUCTOS PESCANOVA

ADEGA esixe que a Xunta de Galiza cumpra a lei e convoque unha mesa de participación pública cos distintos sectores implicados na problemática do Plano Acuícola (administración, veciñanza afectada, concellos, asociacións de protección do ambiente e patronal acuícola) co obxectivo de realizar unha planificación sectorial participativa e sustentábel que teña “garantías de futuro”. As últimas decisións adoptadas polo goberno da Xunta e as sentenzas e recursos xudiciais sobre os planos acuícolas de 2005 e 2007 amosan que esta planificación sectorial está dando “paos de cego”, fomentando a inseguridade xurídica, polo que cómpre establecer criterios serios e sustentábeis para acadar o consenso dos sectores implicados.
  O caso de de Quilmas (Carnota) Como exemplo da falta de criterios e inxustiza na planificación acuícola hai que citar o exemplo do pobo de Quilmas. O pobo de Quilmas, con 200 habitantes ten unha piscifactoría de rodaballo de 25.000 m² que pretende ampliarse a 250.000 m², ocupando as terras de cultivo e pechando o acceso de Quilmas á súa costa. Como resposta, os veciños e veciñas de Quilmas constituiron, con apoio da propia administración, a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa que cultiva e comercializa produtos horta e froita ecolóxicos en 20 hectáreas de terreo, na zona na que Stolt Sea Farm pretende ampliar a súa piscifatoría. A ampliación desta instalación (reiteradamente denunciada por verteduras contaminantes) destruirá terreos e cultivos, estragando os empregos e derramando os beneficios que está a xerar a cooperativa. No entanto, e pesar de Núñez Feijóo aludíu a criterios sociais e ambientais para retirar 4 proxectos, as reivindicacións dos veciños de Quilmas non foron escoitadas. Agora, a Xunta vai quitarlles os terreos e o modo de vida aos veciños para beneficiar a unha empresa privada. Que entenden entón o Sr. Feijóo e a Sra. Quintana por impacto ambiental e social?   Touriñan como símbolo na conservación da natureza De entre os proxectos acuícolas que nunca deberan ser nen sequera considerados polo seu alto impacto ambiental está o de cabo Touriñán. Unha análise minimamente seria e rigorosa do proxecto de Touriñán debería concluir cunha Declaración de Impacto Ambiental negativa: 350.000 m² de cemento e plástico non poden ser compatíbeis coa conservación dos hábitats prioritarios terrestres e mariños presentes en Touriñán. Este proxecto exemplifica a submisión da política aos intereses de empresas sen escrúpulos que só pretenden o seu lucro a costa de estragar o ambiente e xerar atraso económico e social. E o goberno galego, por boca do seu Presidente, afirma sen rigor científico ningún que o macroproxecto acuícola de Touriñán non ten impacto ambiental algún. Como e posíbel tanta ignorancia, soberbia a prepotencia nun responsábel público? Tamaña irresponsabilidade é inadmisíbel e merece unha resposta firme, contundente e pacífica da cidadanía en defensa da lei e do noso patrimonio, para esixir a retirada do proxecto de cabo Touriñán. Touriñán é un símbolo da irracionalidade do Plano Acuícola: improvisación, destrución do ambiente e vulneración das leis e dos dereitos dos cidadáns.   Boicote a Pescanova Cómpre que os cidadáns demostren aos políticos e empresarios sen escrúpulos, que as súas accións provocan rexeitamento e van ter consecuencias. Entre as medidas que podemos tomar para obrigarlles a repensar o o desastroso proxecto de Touriñán, ADEGA propón o boicote aos produtos do Grupo Pescanova. Os boicotes son unha forma de protesta pacífica promovidos polos precursores do ecopacifismo dos que temos bo exemplo en Mahatma Gandhi, quen acuñou o termo “resistencia non violenta”, para boicotar os produtos británicos en 1915 e loitar polos dereitos do pobo hindú. Esta sinxela acción pode ser practicada por calquera persoa para esixir á dirección de Pescanova e ao goberno galego a retirada do proxecto de piscifactoría en Touriñán: a os primeiros doeranlle os cartos e aos segundos, os votos.   Baixa o cartaz para rotular os produtos de Pescanova nos supermercados:



http://www.adega.info 
 
 
 

quarta-feira, 23 de setembro de 2009

1.023 GALEGOS SEN CASA!

O Banco quedou con ela. 

Esta cifra acadouse no 1º semestre do 2009. Un 182% máis de perda de vivenda por non poder pagar a hipoteca, que no mesmo período do 2008.
Trátase de auténticas expropiacións en masa por parte da Banca, quen está a taxar a vivenda a prezo actual, máis baixo que no momento da compra.
Aínda que  baixa o Euribor, os titulares das hipotecas estamos a pagar máis interés e contribuíndo a engordar os beneficios bancarios aínda máis. 
Máis dun milleiro de galeg@s sen casa, e aí ven o inverno. 
A CRISE, QUE A PAGUEN OS RICOS E OS BANQUEIROS!!

sexta-feira, 18 de setembro de 2009

Vigo, Homenaxe ás víctimas do franquismo 27 Setembro



              O Domingo 27 de Setembro, ás 12´00 hs. no Cementerio de Pereiró en Vigo, acto de homenaxe ás víctimas do franquismo diante da tumba de Xosé Humberto Baena Alonso, militante do PCE (M-L) e do FRAP, fusilado nesa data fái 34 anos xunto cos seus camaradas José L. Sánchez Bravo e Ramón Garcia Sanz, e dous militantes de ETA, Txiki e Otaegui.
 
             Foron estes asasinatos de xóvenes comunistas e antifascistas os últimos asinados polo criminal Franco, trás uns Consellos de Guerra coas sentencias de morte decididas de antemán, e a pesares da extraordinaria denuncia e movilización dos pobos de España e dos pobos do mundo.
 
             Estes loitadores seguen a ser considerados polo  Estado burgués e monárquico como "terroristas",  por terse oposto co maior esforzo e sacrificio á dictadura -esa sí terrorista sin dúbida algunha- franquista, e loitar pola república Popular, o Socialismo e o dereito de autodeterminación dos pobos.
 
            O acto está convocado por republicanos e antifascistas organizados na Asamblea Republicana de Vigo e na Asociación Memoria Histórica do 36 de Vigo.

quarta-feira, 16 de setembro de 2009

XA ASINACHES CONTRA A RESOLUCIÓN ANTICOMUNISTA?



Do KKE, via PCPE: Communist Party of Greece, Tuesday, 15 September 2009
http://inter.kke.gr , mailto:cpg@int.kke.gr

==================================================



Estimados camaradas e amigos:

O chamamento "Respondamos masivamente e con firmeza contra o anticomunismo e todas as súas expresións" que denuncia o intento de igualar nazismo e comunismo por medio de intentos de proclamar o 23 de agosto "día de lembranza das súas vítimas" está na rede.

A lista de asinantes aínda está aberta a novas adhesións e quen queira unirse á protesta pode asinar en 
http://23august.kke.gr/es/

Sección de Relacións Internacionais


DO XORNAL AVANTAR:As traballadoras de Treves ocupan a Deputación de Pontevedra para demandar implicación da Administración no conflito


Pecháronlles as portas e durante dúas horas permaneceu pechado este edificio público
O martes 15 de setembro tiña lugar unha nova xornada de folga na fábrica de Treves da Avenida de Vigo. Neste día de mobilización e loita polo mantemento dos 133 postos de traballo, ameazados pola deslocalización e un ERE de extinción, as traballadoras de Treves decidiron levar a súa protesta até a Deputación de Pontevedra. Alí ás dez da mañá tentaron entrar mais cando as mulleres concentradas encamiñaron os seus pasos cara á porta principal, pecharon as portas. Durante preto de dúas horas o edificio permaneceu pechado, e pouco despois das doce da mañá finalmente accedían a que as traballadoras entraran ocupar o Salón de Plenos da Deputación, onde permanecerán pechadas até as dez da noite.
"Hoxe é un dia máis de folga, e dados os distintos contactos que tivemos cos distintos axentes sociais, analizamos que había que golpear á Administración porque é a máis allea e menos implicada no conflito, polo que decidimos vir aquí á Deputación", declaraba diante dos medios de comunicación Xosé Fernández Piñeiro, secretario nacional da FGAMT, ás portas da Deputación de Pontevedra.
Peche de portas
Desde quince minutos antes das dez da mañá as traballadoras de Treves comezaron a concentrarse na Alameda de Pontevedra para levar adiante unha acción nesta nova xornada de folga. Así foi como pouco despois das dez da mañá estas mulleres encamiñaron os seus pasos cara á Deputación, onde rapidamente pecharon as dúas portas de entrada e saída, provocando eles mesmos un auténtico bloqueo dun edificio público como este.
"Imos estar aquí e tentaremos entrar"
Piñeiro adiantaba nestas horas nas que as traballadoras se sentaban nas escaleiras de entrada deste edificio que "sen lugar a dúbida imos estar dentro e poder ocupar este edificio público, que non pode estar pechado todo o día, xa que ten que prestar un servizo á cidadanía, imos estar aquí e trataremos de entrar" e lembrou que "o presidente da Deputación, cando estiveramos aquí nunha mobilización anterior, nos largou un mitin político de que ía facer xestións, porque ademais é un dos pesos pesados do Partido Popular, o seu presidente provincial, e todo o que nos manifestou naquela ocasión quedou en nada".
Xunto ás traballadoras de Treves estiveron apoiando esta acción os membros do Comité de Empresa de Treves do Campiño, "porque a loita da Avenida de Vigo é tamén a nosa, non só pola solidariedade, senón tamén polo noso futuro".
O secretario nacional da FGAMT insistiu nas súas criticas á implicación da Xunta, "que está totalmente allea" e aclarou que "todas as xestións e avances que conseguimos foi a través das presións das traballadoras, do Comité e da representación sindical".
A Deputación cede pola presión
E con esta concentración nas portas avanzaba a mañá na Alameda de Pontevedra, coa ameaza de que enviarían á Policía para desbloquear o seu propio autobloqueo. Antes das doce da mañá o responsábel da Seguridade da Deputación púñase en contacto co secretario nacional da FGAMT a través do móbil para ofrecer a posibilidade dunha reunión de tres persoas co presidente da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e que o resto permanecera fóra. Esta proposta non foi aceitada e transmitiuse que ían entrar todas as traballadoras e que na xuntanza cos Deputación participaría o Comité e dous representantes sindicais de CIG e UGT.
As portas abríanse pouco despois das doce, e as traballadoras de Treves ocuparon desde ese momento o Salón de Actos, onde permanecerán até as dez da noite.
Xuntanza con Pedrosa e Louzán
Ao mesmo tempo que o azul dos uniformes de Treves enchía o salón da Deputación, Teresa Pedrosa, vicepresidenta da Deputación, recibía á representación das traballadoras desta auxiliar da automoción, e escoitaba as queixas e críticas pola súa falta de implicación e de concreción nos compromisos adquiridos.
Mentres, o presidente da deputación, Rafael Louzán, daba unha rolda de prensa sobre unhas subvencións a entidades deportivas, na que comezaba queixándose do "asedio á Deputación" e de que, segundo o presidente provincial, esta institución sexa un "manifestódromo".
Críticas á Administración
Ao remate desta rolda, Rafael Louzán tamén se reuniría coas traballadoras de Treves e a representación sindical, co que mantivo unha forte discusión ao comezo porque argumentaba que non entendía a que se debía a presenza destas traballadores xa que "xa fixemos todas as xestións posíbeis", e insinuaba que a súa presenza na Deputación se debía a "artimañas políticas para tentar culpabilizar ao PP", así como xustificaba o peche da Deputación por seguridade e por conflitos coa acción sindical da CIG .
Diante destes argumentos, tanto a presidenta do Comité de Empresa, Flora Pintos, como o secretario nacional da FGAMT, Xosé Fernández Piñeiro, responderon con firmeza, sinalando que "vostede pode que fixera vinte mil xestións, mesmo que falara con Obama, pero a realidade é que para as traballadoras de Treves non houbo ningún cambio", ao que Louzán respondería que el ten "a conciencia moi tranquila".
Despois desta reunión realizouse unha asemblea coas traballadoras para reafirmarse na súa vontade de permanecer na Deputación até as dez da noite, así como dar a coñecer o contido desta reunión, e anunciar a súa vontade de continuar coas mobilizacións e a loita na defensa dos seus postos de traballo.
O persoal de Treves da Avenida de Vigo agarda que na próxima semana se teña xa o informe negativo da Inspección de Traballo ao ERE, polo que este conflito se encontra nun momento decisivo.
Máis imaxes da xornada
Na galería de imaxes da nosa web podedes atopar máis fotografías desta mobilización, ou tamén a través desta ligazón.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela

terça-feira, 15 de setembro de 2009

POLO DEREITO A DECIDIR DAS MULLERES


CONCENTRACIÓN SÁBADO 26 DE SETEMBRO EN MADRID
POLO DEREITO A DECIDIR DAS MULLERES
DESPENALIZACIÓN DO ABORTO VOLUNTARIO
MAIS DEREITOS, SEN RECORTES
A COORDENADORA LOCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES ORGANIZA A VIAXE EN AUTOBUS PARA PARTICIPAR NA CONCENTRACIÓN
(Prezo: 10 €)
Saída aproximada desde Galiza: 8:00 hrs. (sábado día 26)
Regreso desde Madrid: 24:00 hrs. (sábado día 26)
Tes que facer o ingreso de 10€ poñendo o teu nome ou o da asociación (se o facedes colectivamente) en Caixa Galicia Nº conta: 2091-0531-80-3040008535 e deixar os teus datos e o teu teléfono neste correo ou mandar unha mensaxe ao 657825556 para que poidamos confirmar os horarios.
Con motivo do Día Mundial da Contracepción, 28 de setembro, e co obxectivo de exercer presión a prol dunha reforma na lexislación que recoñeza o dereito das mulleres a decidir, a Marcha Mundial das Mulleres participará na concentración convocada polas “MULLERES ANTE O CONGRESO” o sábado día 26 entre as 18 e 21 hrs. na Praza do Museo Raiña Sofia no que haberá un teatriño, batucada, obradoiros, e lectura do manifesto.


--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres

sexta-feira, 11 de setembro de 2009

RESOLUCIÓN

O PCPE ANTE O ENVÍO DE NOVAS TROPAS AO AFGANISTÁN

O Ministerio de Defensa Español anunciou o envío de reforzos a Afganistán, tras a petición realizada polo Xefe do Estado Maior da Defensa (JEMAD). O Goberno do PSOE pretende aprobar o envío de polo menos 220 efectivos militares o vindeiro venres, durante a comparecencia da Ministra na Comisión de Defensa do Congreso.


Este reforzo sumaríase aos militares españois presentes en Afganistán, integrados na Forza Internacional de Asistencia á Seguridade (ISAF) baixo mando da OTAN, sendo destinado á provincia de Badghis, onde crece a resistencia popular ante as tropas de ocupación e rexístranse constantes enfrontamentos.


O Goberno do PSOE, e os intereses monopolistas aos que representa, acoden así en auxilio da Administración Estadounidense e da nova estratexia geopolítica de Barack Obama, precisamente nun momento en que o imperialismo ianqui apunta como obxectivo aos países latinoamericanos que loitan pola súa liberación, e crecen as protestas en Europa e nos propios Estados Unidos ante a continuidade das políticas de guerra das principais potencias capitalistas.


En todo o mundo crece a indignación ante os centos de vítimas causadas polas tropas da OTAN, o que confirma o carácter criminal desta "CRUZADA" na que participan as tropas españolas desde xaneiro de 2.002.


A entrada en combate de militares españois o pasado 3 de setembro, matando a 13 cidadáns afgáns, e non aclarada polo Ministerio de Defensa, do mesmo xeito que o asasinato perpetrado o día 4 de setembro polo bombardeo de tropas alemás, asasinando a preto de 100 civís; deixan claro que a pesar da propaganda do Goberno de Zapatero e da UE, esas tropas participan nunha misión de guerra e, máis en concreto, nunha guerra de ocupación contraria ao dereito á soberanía e á autodeterminación do pobo afgán e que tan só serve aos intereses dos grandes monopolios enerxéticos e dos países imperialistas centrais. O Goberno Español, co seu crecente militarismo, pretende participar en mellores condicións na repartición dos recursos que os imperialistas pensan obter coa ocupación.


A deslexitimación da guerra en Afganistán, co constante incremento de baixas, tanto civís como militares, cobrou unha nova dimensión ao recoñecer a ONU que o candidato monicreque dos EEUU nas eleccións xerais do pasado 20 de agosto, Hamid Karzai, cometeu unha fraude electoral masivo.


O imperialismo non gañará a guerra de ocupación en Afganistán. O PCPE esixe a retirada inmediata das tropas españolas de ocupación e chama á cidadanía a mobilizarse a favor da paz mundial, a solidariedade e a amizade entre os pobos.


¡Nin un soldado español á guerra imperialista!

¡Tropas fóra de Afganistán!

¡Pola paz, a amizade e a solidariedade: OTAN NON, BASES FÓRA!


Comité Executivo do Partido Comunista dos Pobos de España.

Madrid, 10 de setembro de 2.009.





 

quarta-feira, 9 de setembro de 2009

EVO MORALES en Leganés.ACTO PÚBLICO


EVO MORALES en Leganés
Acto Público
Domingo 13 de Setembro de 2009
Pavillón "La Cubierta", 17 horas Casa do reloxo Liña 12


COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS: O vindeiro domingo 13 de Xaneiro o Compañeiro Presidente de Bolivia, Evo Morales Ayma , celebrará un Acto Público no Polideportivo "La Cubierta" de Leganés á que están convidados todos os cidadáns e movementos sociais, entidades sociais, sindicais, políticas e culturais, e xente progresista solidaria coas loitas dos pobos de América Latina, que se identifiquen e compartan o proceso de cambios iniciado na Bolivia desde a chegada ao goberno dos compañeiros do Movemento Ao Socialismo de Bolivia, encabezados polo propio compañeiro Evo.

Escoitar a Evo de perto é desde logo unha oportunidade. A nosa presenza no devandito acto é moi importante para lograr que sexa un éxito absoluto. Pero tamén é clave que realicemos unha importante tarefa de difusión previa do mesmo, a través de todos os medios ao noso alcance.

Achégase o cartaz do acto, para a súa difusión masiva.





 

quinta-feira, 3 de setembro de 2009

VITORIA DAS MOCIDADES COMUNISTAS CHECAS



Vitoria da KSM ante a Corte Administrativa Suprema da República Checa A razón oficial da ilegalización da KSM polo Ministerio do Interior da República Checa en 2007 foi que os obxectivos programáticos da KSM son substituír a propiedade privada dos medios de produción pola propiedade colectiva. Tamén foi razón para ilegalizar a KSM a afirmación de que os mozos deben loitar por unha sociedade que non estea baseada en principios capitalistas. ler máis: VITORIA DAS MOCIDADES COMUNISTAS CHECAS

terça-feira, 1 de setembro de 2009

QUEN AUTORIZOU A INVESTIGACIÓN SOBRE UNHA REUNIÓN DA PLATAFORMA NOTTA

Adega demanda pronunciamento dos representantes das Institucións do Estado en Ourense

O pasado sábado, día 22 de agosto, celebrouse en Viana do Bolo unha reunión da Plataforma Non ao Trazado da Liña de Alta Tensión Trives-Aparecida (NOTTA). Era unha máis das diferentes reunións que mantén a Plataforma á que poden sumarse todos os apoios sociais e individuais para salvagardar o dereito á saúde das persoas afectadas por tan impactante proxecto....: LE MÁIS:QUEN AUTORIZOU A INVESTIGACIÓN SOBRE UNHA REUNIÓN ...