ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 29 de abril de 2009

NON Á XENOFOBIA


o colectivo "veciños pola tolerancia" de Pontecaldelas, está a convocar unha concentración mañán xoves en Caritel ante o incremento do acoso a familia xitana alí establecida, auspiciada pola sentencia xudicial que declara ilegais ditos realoxos fomentando a xenofobia.

segunda-feira, 27 de abril de 2009

Os CJC ante a folga estudantil en defensa da educación pública do 28 de Abril





Os CJC ante a folga estudantil en defensa da educación pública do 28 de Abril

O próximo 28 de Abril os e as estudantes de todos os pobos e nacións do Estado Español estamos chamados a saír á rúa unha vez máis para frear un dos procesos mercantís máis agresivos contra o ensino público. O EEES (Espazo Europeo de Educación Superior), unha reforma estudantil que profunda na elitización do ensino e converte nun mercado a educación. Nesta reforma, orquestrada desde a Unión Europea, o capitalismo intenta destruír os dereitos conseguidos pola clase traballadora pondo a universidade ao servizo da empresa..

A xornada de loita do 28 de Abril, que xorde do encontro de asembleas que tivo lugar o pasado mes en Burgos, tórnase clave na dinámica e avance actual do movemento AntiBolonia. É o momento de expor que este non é só un problema estudantil, senón que é un problema social, non debemos esquecer que o proceso de Bolonia é un reflexo claro da política de privatización da UE. No contexto actual, de crise capitalista e de fracaso dun sistema, debemos ser capaces de vincular a loita contra o EEES á loita xeral que desenvolven os movementos sociais, políticos e sindicais, a privatizacón dos servizos sociais e o aumento da explotación da mocidade e os sectores populares é a solución da burguesía. Para que a crise non a paguemos a clase traballadora, senón para que a crise capitalista a paguen os ricos, é necesario organizarse, loitar e mobilizarse.

Por iso os Colectivos da Mocidade Comunista chamamos á participación, na próxima folga de estudantes a nivel estatal do 28 de Abril, como ferramenta de mobilización de todo o estudiantado para frear dunha vez por todas a implantación deste modelo educativo que nos pretenden impor ás costas dos verdadeiros prexudicados.

POLA MOBILIZACIÓN UNITARIA E DESDE A BASE

NON Ao EEES

QUE NON COMERCIEN COS teus ESTUDOS,
QUE NON PRECARICEN A túa VIDA

NIN ESCOLA DE ELITES, NIN FÁBRICA DE PRECARIOS


CMC-CJC

acción en lugo de boicot a israel


http://www.medioscomunitarios.org/palestina/pag/index.php?id=33&idn=7380

manifesto polo galego



Asina o manifesto porque o pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial.

http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

domingo, 26 de abril de 2009

1º de maio



¡A crise capitalista que a paguen os ricos!



Loitemos por un futuro socialista





Celebramos o 1º de maio de 2009 inmersos nunha profunda crise económica provocada, entre outros factores, pola voracidade sen límites dun capitalismo que favoreceu o enriquecemento rápido a través da economía especulativa, xerando durante os últimos anos un aumento vertixinoso da taxa de beneficio fundamentalmente dos sectores financeiro e inmobiliario. O desplome anunciado da chamada burbulla inmobiliaria e a caída en picado da produción industrial, xunto á pechada negativa de concesión de crédito por parte das entidades financeiras son elementos craves dunha crise na que a peor parte recae, como non podía ser doutro xeito, sobre a clase traballadora e os sectores populares.

Máis de 4.010.700 de persoas están no desemprego, situando a taxa de paro nun alarmante 17.36% da poboación activa. No primeiro trimestre do ano 802.800 traballadores e traballadoras perderon o seu posto de traballo, nun ritmo de destrución de emprego sen precedentes na historia recente. Pero detrás das frías cifras e porcentaxes escóndese a verdadeira realidade que habemos de vivir, día tras día, as familias traballadoras, como a de 1.06.400 fogares nos que todos os seus membros están no paro, ou a dos traballadores inmigrantes, cuxa taxa de paro supera o 28%.

Non hai día en que non se aprobe un Expediente de Regulación de Emprego ou se peche unha empresa deixando a todos os seus traballadores e traballadoras na rúa. Mentres, o goberno de Zapatero dedica os seus esforzos ás operacións cosméticas no seu gabinete e a inxectar máis diñeiro ás entidades financeiras para garantir a súa liquidez, mostrándose incapaz de tomar medidas que conteñan a destrución de emprego e garantan unhas condicións de vida dignas para os sectores populares.

Na mesma onda os empresarios aproveitan a conxuntura para esixir reformas do mercado laboral, pondo o seu punto de mira na consolidación dos recortes de dereitos laborais e sociais coa escusa da crise económica. Outros xestores do capital, como o gobernador do banco de España claman por unha reforma das pensións que confronta claramente cos intereses da clase traballadora e os sectores populares.

Nesta conxuntura de ofensiva capitalista, e cunhas estruturas sindicais entregadas fai tempo á clase dirixente, a nosa tarefa máis urxente ha de consistir en dotar á clase obreira dos instrumentos necesarios para buscar unha saída á crise favorable aos intereses do pobo traballador. A oposición frontal ás medidas de conxelación salarial, á implantación de EREs en empresas con beneficios e aos despedimentos, han de ser a pedra angular dun sindicalismo de clase cuxos principais actores non serán os dirixentes sindicais senón os propios traballadores e traballadoras que adquiren conciencia da necesidade de loitar para non ser esmagados pola maquinaria capitalista.

Os comunistas do PCPE chamamos aos sectores máis conscientes e combativos da clase obreira a fortalecer o noso proxecto político. Só a existencia dun Partido Comunista forte e cun programa político profundamente transformador, que traballe entre as masas, será a garantía dunha saída á crise que beneficie ao pobo traballador e dun futuro socialista. O contrario será unha “refundación” do capitalismo que non pode traer outra cousa que máis explotación e miseria para a inmensa maioría da humanidade.

Facemos un chamamento a participar na xornada de loita contra a crise capitalista que as organizacións do PCPE desenvolverán ao longo e ancho do estado español o próximo 22 de maio baixo o lema ¡A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS!

PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA


Comité Central www.pcpe.es

quinta-feira, 16 de abril de 2009

CELEBRADO EN MADRID O XIII PLENO DO COMITÉ CENTRAL PCPE





FRONTE Á CRISE CAPITALISTA, ORGANIZANDO A
LOITA OBREIRA E POPULAR POLO SOCIALISMO



No XIII Pleno do Comité Central -celebrado en Madrid os días 4 e 5 de abril- o PCPE
aprobou un ambicioso plan de traballo que sitúa ao conxunto do Partido ante o reto de
desenvolver unha ampla ofensiva política fronte á crise capitalista. Un Partido consciente da
súa responsabilidade histórica que, en contacto directo coa clase obreira e os sectores
populares, fai realidade na loita de clases as súas análises e as súas propostas programáticas.
Facer avanzar a loita obreira e popular, denunciar con claridade que o sistema capitalista é o
único responsable da crise, e que dentro del non hai saída favorable aos intereses da clase
obreira e os pobos, desenmascarar a todos os axentes sociais, políticos e sindicais
comprometidos cunha saída favorable ao sistema e lesiva para os intereses da maioría social,
situar o Socialismo como único horizonte real de superación da crise capitalista... son parte do
ambicioso programa que vimos impulsando, e que entendemos que, neste momento de
profunda crise do sistema, debemos desenvolver a fondo para converternos na ferramenta útil
que necesita a nosa clase para a súa emancipación.
Nese sentido a Xornada Estatal de Loita do día 22 de Maio - prolegómeno partidario do que
deberá ser a convocatoria dunha Folga Xeral masiva e combativa levada a cabo por un amplo
bloque popular fronte á crise - cobra un especial significado para medir a nosa capacidade de
intervención política e a ela, desde este momento, comprometemos todas as nosas mellores
capacidades. O partido é convocado pola Dirección Central a desenvolver unha xornada onde
o conxunto de organizacións territoriais, ao mesmo tempo, demostre as súas capacidades de
intervención política na loita de masas.


ELECCIÓNS EUROPEAS:
CONTRA A EUROPA DO CAPITAL E A GUERRA

VOTA COMUNISTA. VOTA PCPE

O próximo día 7 de Xuño a clase obreira, o campesinado, os sectores populares e a mocidade
dos pobos de España poderán votar a unha candidatura comunista.
O CC do PCPE aprobou a presentación dunha candidatura que, avanzando en coordinación
co resto de partidos comunistas europeos, ofrece unha alternativa electoral e de loita a todas
aquelas persoas que entendan que a Unión Europea -como proxecto económico e político da
oligarquía-, é unha formación contraria aos intereses da maioría de cidadáns e cidadás
europeas.
A UE é irreformable, todas as súas institucións e organismos existen para consolidar unha
estrutura de dominación oligárquica, por iso o PCPE preséntase cun programa que con
claridade expón a saída de España da UE. Rexeitamos o envío de tropas ao estranxeiro,
reivindicamos a recuperación da soberanía monetaria e territorial e por iso esiximos a saída
do Euro e da OTAN e o peche de todas as bases militares estranxeiras no noso territorio,
denunciamos o Tratado de Schengen e o peche de fronteiras e esiximos a libre circulación dos
traballadores e traballadoras, reivindicamos a nacionalización da banca e de todos os sectores
estratéxicos, e pedimos traballo ou prestación social para todas as persoas.
Sabemos que co noso programa nos situamos radicalmente fora da institucionalidade e que
por iso confrontamos directamente co sistema dominante. As nosas razóns, e a nosa forza
militante, irán construíndo unha alternativa á que se sumen cada día unha maior cantidade
de sectores sociais e a clase obreira que nesta situación de crise sistémica orienta as súas
aspiracións cara a cambios políticos profundos. Só no socialismo outro mundo é posible.


Declaración do grupo europarlamentario do PARTIDO COMUNISTA DE GRECIA KKE




Comunicado de Prensa
Bruxelas, 2/4/2009
Declaración do grupo europarlamentario do PARTIDO COMUNISTA DE GRECIA KKE sobre a despreciable resolución anticomunista do Parlamento Europeo
O europarlamentario do KKE, Thanasis Pafilis, realizou unha declaración en nome do grupo
europarlamentario do KKE sobre a despreciable resolución anticomunista do Parlamento
Europeo. Declarou:
Ningún parlamento, ningunha maioría parlamentaria de representantes e servidores do
bárbaro sistema capitalista, do sistema de explotación do home polo home, pode borrar a

historia das revolucións sociais utilizando a calumnia, a mentira e a falsificación. Esta historia
escribiuse polos pobos e asinárona co seu sangue. Ningunha fronte negra anticomunista pode
eliminar a grande contribución do socialismo, os seus logros sen precedentes e a abolición da
explotación do home polo home. Non importa a cantidade de veleno e porcallada que se verta
contra os comunistas e o poder obreiro, xa que non se pode impedir o inevitable
derrocamento do capitalismo e a súa substitución polo socialismo-comunismo, xa que é unha
necesidade social. A clase obreira mundial ten memoria. Hoxe en día a clase obreira mundial
ve aos comunistas en primeira liña da loita e máis tarde ou máis cedo buscará o seu futuro
xunto aos comunistas.
A resolución conxunta do Partido Popular, os Liberais, os Verdes, a Unión pola Europa das
Nacións tamén foi adoptada polos Socialistas. Igualan fascismo e comunismo, aos réximes
nazifascistas e socialistas de forma vulgar e sen fundamento histórico. A resolución ofende a
memoria dos 20 millóns de soviéticos e miles de comunistas que sacrificaron as súas vidas
para acabar co fillo natural do capitalismo, o fascismo. Ao promover unha deplorable
convocatoria, propón un día de conmemoración conxunta das víctimas e os victimarios. Así
absolven ao fascismo, calumnian ao socialismo e purifican ao imperialismo dos seus crimes
pasados e presentes. Ideológicamente, presentan ao capitalismo como o único sistema
democrático. As forzas políticas que se manteñen equidistantes son amplamente responsables
desta histeria anticomunista, xa que proporcionan unha coartada a esta política oscurantista.
O KKE fai un chamamento á clase obreira e a todo o pobo progresista para que condene o
anticomunismo e aos seus propagandistas. A resistir coas súas loitas a política antipopular da
UE, que aumentou ao aproveitarse da crise económica. A unirse aos comunistas para
enfrontar o ataque aos seus dereitos e loitar pola riqueza que producen así como polo poder
popular.
A resolución anticomunista demostra unha vez máis o carácter antipopular e reaccionario da
UE e os seus organismos. Mostra a necesidade e a obriga das forzas obreiras e populares, da
mocidade, de resistir nas eleccións ao parlamento europeo xunto cos comunistas, que
defenden os seus dereitos con firmeza e coherencia.




60 ANOS DE OTAN: FASCISMO E GUERRA PARA SUPERAR As CRISES CAPITALISTAS


A Coordenadora de Pontevedra Contra a Guerra , plataforma de persoas e colectivos pontevedreses na colaboramos xunto a compañeiras e compañeiros doutras forzas, únese ós actos de protesto internacional contra a OTAN/NATO e o seu 60 aniversario, denunciando o seu papel real agresivo e de imposizón militar do capitalismo en crise para a población.


Este xoves 23 de abril organiza, na Sala Sargadelos de Pontevedra, ás 20,30h:
Unha mesa redonda co lema OTAN NON, BRILAT FORA ...
... contará con relatores que exporán as súas experiencias: veciñais contra a expansión da Brilat e os graves problemas que causa nos eidos e vivendas do vecindario das parroquias limítrofes; de insubmisión ó exército español na leva obrigatoria do servicio militar, e, tamén contra o armamentismo e pola obxección fiscal na crise do capitalismo mundial tan mal acompañada de gastos militares e desaforados.


Con desmesurados fornecementos económico-militares do Goberno do €$tado €$pañol, a Coordenadora Contra a Guerra, hoxe como onte, fai un chamamento público á cidadanía para que amose unha outra vez a sua oposición e repulsa ás guerras, acudindo a este acto.

Os desaforados e fastuosos gastos militares son resultado tamén de este doble rumbo militar i económico (OTAN dispensa 70% gastos militares mundiais).
O mesmo sucede no €$tado €$pañol, que gastou 51 millóns € diarios durante o ano pasado, cuias inxerencias noutros países camufladas como misións de paz custan MILLÓN E MEIO € diariamente, e que, cando remate o 2009, teremos tirado individualmente 422 € en concepto de novo armamento, mantemento das forzas e investigazón militar (por cada € que o Goberno €$pañol invirte en investigazón sanitaria, mete 5 en investigazón militar)




DATOS XUSTIFICATIVOS


No remate do século pasado e no que de este vai, este BRAZO ARMADO OCCIDENTAL continuóu as suas ofensivas e agresións, no 1999 prendendo a GUERRA DE JUGOSLAVIA, (que dinamitou o seu Estado), e nomeadamente na OCUPACIÓN DO AFEGANISTÁN, onde o €$tado €$pañol compromete a sua participación brindando o seu €xército da BRILAT desde o comenzo.

Esta aposta pola PERMANENTE GUERRA do capitalismo occidental (VIOLENCIA MUNDIALIZADA), cuia crise económica, tecnolóxica, ecolóxica, financieira, de escaseza enerxética, etc, inexorablemente nos transporta socialmente hacia épocas próximas da chamada Segunda Guerra Mundial, mentres os gobernos fártanse a mans cheias de engordar de regalías en cartos, desgravacións e desregulamentos á banca capitalista mundial para o seu reparto ás multinacionais, causantes todos en grado superlativo, -ó tempo que a subxacente permanente crise estructural do capitalismo-, de esta renovación da depresión de 1929, un retroceso nas forzas e capacidades productivas da sociedade de case un século, do que apenas vemos por agora o seu comenzo.

terça-feira, 14 de abril de 2009

RESOLUCIÓN DO PCPE SOBRE O DEREITO AO ABORTO


RESOLUCIÓN DO PCPE SOBRE
O DEREITO AO ABORTO



O Comité Central do PCPE diante da proposta de reforma da lei do aborto que inclúa unha lei de prazos na nova Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo declara que:



Unha lei de prazos sen trampas constitúe un avance importante na recuperación dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres e é máis progresiva que a lei de supostos de 1985, patriarcal e criminalizadora.



Con todo a proposta feminista do PCPE sostén a defensa do dereito ao aborto libre e gratuíto, na sanidade pública e sen obxección de conciencia para o persoal sanitario, porque iso constitúe a única garantía do respecto aos dereitos sexuais e reprodutivos de todas as mulleres, sen discriminación por razón de clase social, idade ou nacionalidade, sen requisitos administrativos, burocráticos ou familiares e na sanidade pública.



A política de privatización dos servizos públicos que aplica tanto o goberno central como os respectivos gobernos autonómicos é incompatible co exercicio do dereito ao aborto no caso de multitude de traballadoras que carecen de recursos suficientes para pagar este dereito legal (e tantos outros) no mercado empresarial do medicamento privado.

As derivacións de pacientes a hospitais privados, afastados en ocasións ata centos de quilómetros do seu domicilio, e a desregulación da obxección de conciencia do persoal sanitario, supón de feito a negación do dereito legal a moitísimas traballadoras, especialmente ás inmigrantes.



A reforma deixa intacto o axioma patriarcal que degrada á muller á súa utilidade maternal, porque a expropia dos seus dereitos reprodutivos e exerce o control da sexualidade en función dos intereses dunha clase social (burguesa) e un xénero hegemónico (masculino).



Debemos, neste sentido, denunciar o papel xogado pola dereita máis reaccionaria do Estado español que acada as súas cotas máximas na derradeira campaña realizada da Igrexa católica onde a muller é comparada a unha femia da especie animal reducíndoa a mero mecanismo reprodutivo, negándolle por imposición divina e patriarcal a facultade de decidir como persoa soberana sobre o seu propio corpo e a súa maternidade, que é unha decisión especialmente significativa na vida das mulleres.



A realidade demostra que a educación sexual, a correcta información e o acceso real á anticoncepción, é dicir, unha adecuada política de planificación familiar integral, áchanse en relación directa coa diminución do número de abortos voluntarios.



Para o PCPE, o dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo, a súa capacidade reprodutiva e a súa vida, representa un dos factores fundamentais para a emancipación das mulleres, e por todo iso reivindicamos:


1- O dereito ao aborto libre e gratuíto para todas as mulleres, na sanidade pública, sen obxección de conciencia para o persoal sanitario nin derivación de pacientes ás clínicas privadas. 2- O acceso libre á información e ao uso de métodos anticonceptivos e de planificación familiar nos servizos públicos, garantindo unha educación sexual non patriarcal da infancia e a adolescencia no ensino público. 3- A despenalización total do aborto e o arquivamento dos procesos xudiciais abertos contra calquera das persoas implicadas na interrupción do embarazo, garantíndose a privacidade das mulleres que exercen este dereito. 4- A laicidade do estado español. A moral católica non poderá imporse politicamente ao conxunto da sociedade, e manterá a súa actuación no ámbito privado, respectando rigorosamente a legalidade vixente.



Partido Comunista dos Pobos de España
Comité Central

domingo, 12 de abril de 2009

14 DE ABRIL



A ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO (AMIGOS/AS DA REPÚBLICA) CONVOCA A MANIFESTARSE

“POLA REPÚBLICA”

O MARTES 14 DE ABRIL AS 20.15 HORAS DENDE O MARCO

¡¡ABAIXO A MONARQUIA¡¡



desde o PCPE chamamos a participar.REPÚBLICA, AUTODETERMINACION E SOCIALISMO!!





INTERNACIONAL


quarta-feira, 8 de abril de 2009

traballo embarazo e lactancia.


Resumimos polo seu interese un artigo de Pilar Rodríguez publicado por AVANTAR.

O artigo aborda aquelas situacións no mundo laboral que poñen en risco a vida dos fetos e mesmo das nais.

Situacións diante das que a Igrexa Católica, patronal e sectores afíns gardan silencio.

Denuncia a vulneracion de dereitos legais por parte de mutuas e empresas que denegan a continxencia de risco durante o embarazo.

Unha vez feita a denuncia, e cando saen as resolucións, mesmo se son favorabeis, con frecuencia as mulleres xa non están embarazadas por terse producido o parto.

O mesmo acontece coas demandas por risco durante a lactancia, resolucións que chegan tarde.

A baixa por continxencia común produce unha diminución de poder adquisitivo que provoca a reicorporación forzosa da muller, asumindo un risco de enfermidade e mesmo morte fetal ou materna por traballar en ambientes tóxicos.

Logo , denuncia Pilar Rodríguez,“criminalizan e denuncian como inmoral o dereito a decidir en caso de aborto médico pero non fan o mesmo coa patronal que, para obter o maior beneficio pon en risco a vida do feto”.

CIG INFORMA (AVANTAR)

A sección sindical da CIG en GKN Driveline denuncia o incumprimento por parte do INEM, no pago das prestacións por desemprego derivadas do Expediente de Regulación de Emprego da empresa GKN Driveline, case 800 os traballadores afectados”.

O persoal da Vidreira do Atlántico iniciou a oitava xornada de folga o domingo 5 de abril desde as dez da noite, que se prolongará até as seis da mañá do martes, 32 horas continuadas..

SACYR, unha das principais empresas construtoras do AVE na provincia de Ourense, está a incumprir reiteradamente a normativa en materia de xornada laboral e descansos, impoñendo un horario de 10 e 11 horas diarias e obrigando a traballar en datas festivas.

Centrais sindicais da Saúde con representación no Hospital Meixoeiro e no Nicolás Peña denuncian a mudanza das condicións laborais das enfermeiras que forman parte do servizo de hospitalización a domicilio, facendo quendas rotativas, pasando de traballar no ámbito rural ao urbano, e viceversa.

Os delegados e delegadas da CIG-Construción realizaron o 3 de abril unha nova xornada de mobilizacións para denunciar o incumprimento sistemático do convenio por exceso de xornada, (mínimo 10 horas) e a perda de salario.


CUT INFORMA

A xornada de loita mundial do 1º de abril, convocada pola Federación de Sindicatos Mundial (FSM) foi secundada pola CUT en Vigo, con un acto de protesta contra o Capital, fronte ás oficinas bancarias de Colón.


segunda-feira, 6 de abril de 2009

COLECTIVO REPUBLICANO DE REDONDELA


REDONDELA
14 DE ABRIL, SEMPRE!

CAPITALISMO É GUERRA. GUERRA AO CAPITALISMO!





algunhas imaxes do primeiro dunha serie de actos de denuncia do carácter agresivo da OTAN, brazo armado do capital contra os pobos, levado adiante pola Coordenadora Contra a Guerra de Pontevedra, no derradeiro 4 de Abril, 60 aniversario da súa fundación


NOTA DE PRENSA DA COORDINADORA DE PONTEVEDRA CONTRA A GUERRA DE 2 DE ABRIL DE 2009:


4 de abril: Mobilización internacional no 60 aniversario da OTAN

60 anos de OTAN, 60 anos de agresións impunes


Dentro da mobilización internacional contra a guerra, na conmemoración do 60 aniversario da OTAN, o vindeiro sábado 4 de abril a Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra despregará unha pancarta ás 13h na Cruz da Alameda de Pontevedra pola saída da OTAN e a desaparición da BRILAT de Pontevedra e do €xército.


Este acto será a presentación da súa campaña antimilitarista que contará con unha mesa redonda o día 23 de abril con participantes en experiencias veciñais contra a expansión da BRILAT, de insubmisión, contra o recrutamento (servicio militar obrigatorio), etc.


A Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra aproveita a conmemoración do 60 aniversario para unirse ós actos de protesta internacional e denunciar o seu papel real agresivo e de imposición militar de un capitalismo en crise mortal.


Mentres o custo total en armamento nos estados membros da OTAN seguen a subir chegando ao 70% dos gastos militares mundiais, no estado español adícase este ano ao gasto militar 50,98 millóns de euros ao día, recursos que non se dedicarán a problemas reais (laborais, sociais, ambientais, de pobreza) que a sociedade enfronta de cotío.


Mentres se xustifican as intervencións militares por razóns humanitarias (as chamadas misións de paz do exército español custan máis de un millón y medio de euros ao día), realmente so o 0,006% se destina a cuestións humanitarias do gasto total militar. Por cada euro dedicado a investigación sanitaria se dedican 5 á investigación militar.


A base militar da BRILAT, -que ocupa uns montes comunais (arrebatados pola forza durante o franquismo) e se quere ampliar en contra da vontade da veciñanza-, participa na ocupación de Kosovo, Líbano ou Afganistán (so Afganistán supón un gasto de 700 millóns de euros dende 2002).


Dende a Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra apostamos pola saída e futura disolución da OTAN, e pola desaparición da BRILAT e o Exército.


quinta-feira, 2 de abril de 2009

KARL MARX DESFASADO?!


ISTO SON PROFECÍAS E NON AS DE NOSTRADAMUS:

"Os donos do capital estimularán á clase
traballadora para que compren máis e máis bens de consumo,
vivendas e tecnoloxía, facéndolles deber cada vez máis,
ata que a súa débeda se volva insoportable. A renuncia ao
pago da débeda levará aos bancos á bancarrota, polo que
terán que ser nacionalizados e o Estado dirixir
a economía."

Karl Marx, no Capital

quarta-feira, 1 de abril de 2009

Declaración conxunta de Partidos Comunistas e Obreiros con motivo do 60 aniversario da OTAN


O 4 de abril de 2009 ten lugar o 60 aniversario da fundación da OTAN, organización imperialista dirixida polos EEUU.

A OTAN creouse supostamente para confrontar coa URSS, o primeiro estado obreiro do mundo que resistiu e afrontou con éxito o ataque da praga nazi, dando un novo ímpeto á loita pola liberación nacional e social en todo o mundo.

Ao mesmo tempo, os gobernos capitalistas dos EEUU, Canadá e Europa Occidental necesitaban un mecanismo político e militar para reprimir e intimidar aos pobos. Esta necesidade foi cuberta coa fundación da OTAN.

O seu obxectivo era facer fronte e obstruir por medio das armas todo tipo de cambios de tipo progresista. Por ese motivo, pero tamén para asegurar os intereses do imperialismo, a OTAN apoiou a réximes reaccionarios e ditaduras en Grecia, Turquía, España e Portugal, mentres xogaba un papel dirixente na partición de Chipre.

A súa actividade baseábase, e aínda se basea, no anticomunismo e en todo tipo de manipulacións e provocacións contra o movemento comunista revolucionario e a loita popular pola paz, a xustiza social e o socialismo.

A historia da OTAN, no seu papel de "sheriff" mundial do imperialismo, vai unida a violacións do dereito internacional. Está salpicada polo sangue das vítimas das súas intervencións directas ou indirectas por todo o mundo.

O carácter da OTAN como mecanismo militar, como ferramenta básica da actividade imperialista nos seus estados membros, así como fóra das súas fronteiras, para o establecemento da "nova orde" é plenamente coñecido hoxe.

O argumento de que a OTAN era un Tratado supostamente defensivo é unha mentira e propaganda baleira tendente a ocultar os verdadeiros obxectivos e o verdadeiro papel desta organización agresiva. Desde o Cume de Roma de 1992 e o de Wáshington de 1999, a OTAN adoptou unha nova doutrina que dá a posibilidade de intervir en todo o mundo, en nome de novas ameazas, baixo o pretexto de loitar contra o terrorismo, da protección do fluxo dos recursos naturais, etc. Durante este período, a OTAN funcionou coa súa nova estrutura, baseada principalmente nas agresivas "forzas de despregamento rápido".

Os EEUU, xunto coa UE, organizaron a disolución de Iugoslavia e así a OTAN desencadeou a guerra en Bosnia, levou a cabo unha guerra sucia contra Serbia, con 78 días de bombardeo en 1999 que puxeron ao país de xeonllos e levaron á ocupación pola OTAN e a UE de Kósovo e á súa "independencia" de Serbia.

As guerras da OTAN nos Balcáns e Afganistán e a participación na intervención no Iraq, demostraron que a brutalidade imperialista e a imposición dunha "nova orde" son inimigas dos estados e os pobos que reaccionan fronte á agresividade imperialista. Por iso, aumenta o armamentismo e desenvólvense novos sistemas armamentísticos de ameaza, como o denominado escudo antimísiles, en Polonia e a República Checa.

O programa da OTAN "Partenariado para a Paz" promove a súa expansión cara a novos estados membros. Aplicouse en todos os antigos estados socialistas da Europa Central e Sudoriental que posteriormente se converteron en membros da OTAN. Hoxe presiónase ao goberno da República de Chipre para que se una a este programa e se integre nos plans euroatlánticos. O goberno e o pobo de Chipre resisten firmemente porque unirse a ese programa significaría outorgar a indulxencia pola invasión do exército turco de Chipre, levada a cabo coa aprobación dos EEUU e a OTAN, así como aceptar a ocupación de facto dunha parte da illa polas tropas turcas, ocupación que hoxe continúa.

Os conceptos imperialismo, EEUU, OTAN e UE están moi vinculados entre si. A pesar das súas contradicións e antagonismos, tanto a UE como os EEUU vólvense contra os pobos, xa que a UE, no Tratado europeo, considera á OTAN como o seu principal alicerce e acepta plenamente o seu papel. O Euroxjército está vinculado á OTAN e Francia volve ao brazo militar desta.

No 60 aniversario da súa fundación, a OTAN tenta presentarse "tan inocente como unha pomba", cunha campaña de propaganda sen precedentes para terxiversar a historia, por medio de medios de comunicación manipulados polo sistema, de universidades financiadas con programas de investigación da OTAN, etc.

A OTAN aparece como todopoderosa, pero non o é. A crise económica mundial do capitalismo fortalece a agresividade imperialista á vez que mostra os seus límites. O imperialismo non pode existir sen o control de novos mercados, sen a ampliación da súa influencia, sen a opresión a outros pobos, ademais da os pobos dos seus propios estados, para acadar a expansión da actividade dos monopolios.

Existe un contrapeso á OTAN: as forzas antiimperialistas de todo o mundo, os movementos globais contra a guerra, antiimperialistas e pacifistas que, en coordinación co movemento obreiro e o resto de movementos sociais das mulleres, da mocidade e da solidariedade, loitan contra o imperialismo e esixen aos colaboradores da "alianza depredadora" a inmediata disolución da OTAN.

Esta é a única vía posible para os pobos. Habemos de deter a agresividade imperialista, contribuír a derrotar ao imperialismo, o que constitúe unha condición necesaria para un mundo en paz.

Hoxe en día, a condena verbal dos crimes e ameazas da OTAN non é suficiente. É necesaria a existencia dun amplo movemento pacifista contra a guerra e antiimperialista que una aos traballadores, a mocidade e amplas capas sociais e populares.

Os pobos, coa súa loita, poden realmente obstaculizar os plans criminais da OTAN e o resto de forzas imperialistas, e poden vencer.

Os Partidos Comunistas e Obreiros chaman aos pobos a intensificar a súa loita:
Contra os gastos militares.
Pola prohibición dos programas da OTAN nas universidades.
Polo regreso inmediato de todas as tropas e o resto de misións que participan en operacións imperialistas fóra dos nosos países.

Pola empancipación dos nosos países das guerras imperialistas, das ocupacións e as intervencións imperialistas.

Pola retirada de todas as bases militares dos nosos países.
Pola saída dos nosos países da OTAN.
Pola disolución da OTAN.
VIVA A AMIZADE ENTRE OS POBOS
ABAIXO A NOVA ORDE DOS IMPERIALISTAS

Os Partidos
Algerian Party for Democracy and Socialism
Communist Party of Bangladesh
Communist Party of Belarus
Worker’s Party of Belgium
Workers' Communist Party of Bosnia and Herzegovina
Brazilian Communist Party
Communist Party of Brazil
Communist Party of Britain
New Communist Party of Britain
Party of the Bulgarian Communists
Communist Party of Canada
Socialist Workers' Party of Croatia
Communist Party of Cuba
Communist Party of Bohemia Moravia
Communist Party in Denmark
Communist Party of Estonia
Communist Party of Finland
German Communist Party (DKP)
Communist Party of Greece
Hungarian Communist Workers’ Party
Communist Party of India
Communist Party of India [Marxist]
Communist Party of Ireland
Party of the Italian Communists
Jordanian Communist Party
Socialist Party of Latvia
Lebanese Communist Party
Socialist Party of Lithuania
Communist Party of Luxemburg
Communist Party of Malta
Party of the Communists, Mexico
New Communist Party of the Netherlands
Communist Party of Pakistan
Communist Party of Poland
Portuguese Communist Party
Romanian Communist Party
Communist Party of Russian Federation
Communist Party of Soviet Union
Communist Workers Party of Russia-Party of Communists of Russia (RKRP-RPC)
Union of Communist Parties –CPSU
New Communist Party of Yugoslavia
Party of the Serbian Communists
Communist Party of Slovakia
South African Communist Party
Communist Party of Spain
Communist Party of the Peoples of Spain
Communist Party of Sri-Lanka
Syrian Communist Party
Communist Party of Syria
Communist Party of Sweden
Communist Party of Turkey
Communist Party of Ukraine
Union of Communists of Ukraine
Communist Party of Uruguay
The endorsements continue to be gathered

Non loitaban pola democracia


Quen hai setenta anos, no momento álxido da loita de clases, decidiron defender ata as últimas consecuencias a República non loitaban pola democracia burguesa. É un discurso recorrente por parte do poder e das organizacións que, aínda que se digan de esquerdas, están subordinadas ao mesmo. Dinnos que todo está como debería estar, que hoxe temos todo aquilo polo que tantos e tantas entregaron a súa vida.


Quen posúen o poder manipulan o pasado para xustificar o presente. Quitan todo o contido político á Guerra Civil: como se fose un feito anecdótico, unha guerra de bos e malos, e non un exemplo vivo da loita de clases e da vontade dos pobos do Estado Español por ser suxeitos activos na, a súa, Historia.

Hoxe, cando tan de moda están os monumentos, placas e recordos nos cemiterios, os Colectivos de Xóvenes Comunistas queremos denunciar a manipulación histórica que estamos vivindo. Non, non: aquel que está na fosa común non era monárquico. Nin era capitalista. Quen está na fosa común non estaba ao lado dos poderosos. Podía ser anarquista, independentista, socialista, comunista? pero en calquera dos casos loitaba dunha forma sinceira por superar o capitalismo e liberar á clase traballadora e aos pobos que compón o Estado Español.

Naquel momento de 1936, cando maior foi o nivel de conciencia e o compromiso por parte das clases populares e da clase traballadora, o poder recorreu ao fascismo para manter a súa hexemonía. Non ían ter unha vitoria fácil. Os CJC somos conscientes do exemplo heroico que nos legaron quen antes que nós loitaron pola emancipación da clase traballadora, e enfrontaron ao fascismo sen dar un paso atrás.

Cando os CJC recordamos a quen caeron, a quen seguiron loitando, a quen hoxe aínda seguen loitando, acompañados/as xa por nós, non o facemos de forma nostálxica nin conformista. Camaradas que regastes co voso esforzo e sangue a nosa terra, non vos ofrecemos nin poesías nin belas palabras, senón o noso compromiso de que, do mesmo xeito que vós, dedicaremos todo o noso tempo e toda a nosa vida a loitar polo futuro da clase traballadora e a emancipación da mocidade.

Contra o esquecemento e a impunidade
Pola memoria dos pobos
Pola memoria das vítimas
Comisión de República dos CJC
Marzo de 2009
republica@cjc.es




A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución

78 aniversario da II República


A MONARQUÍA É A DITADURA,

A REPÚBLICA SERÁ A DEMOCRACIA




No 78 aniversario da proclamación da República, desde o PCPE e os CJC saudamos o continuo avance do movemento pola República e manifestamos a nosa determinación de seguir loitando para que a III República sexa logo unha realidade.

A monarquía borbónica consagrada pola Constitución de 1978, co rei designado pola ditadura fascista, garante a pervivencia do franquismo con outras formas. A chamada Transición foi un cambio na forma de dominación dos mesmos sectores sociais minoritarios que se ergueron en armas contra o lexítimo goberno republicano. Como republicanos e defensores da democracia, as liberdades e os intereses populares, rexeitamos dita Constitución e o réxime que se sustenta nela. Non nos serven as reformas á Constitución monárquica; é necesario superala mediante unha loita continuada que leve á súa derogación e á apertura dun proceso constituinte coa proclamación da III República.


O continuo deterioro dos dereitos sociais e económicos, coa crecente explotación da clase obreira, e a defensa dogmática da unidade de España, en contra do dereito democrático de autodeterminación dos pobos, son as principais características deste sistema monárquico herdado do franquismo. As consecuencias vémolas diariamente, somos os traballadores e traballadoras, os e as moz@s, e en xeral as clases populares quen pagan co seu salario, o seu emprego e a súa contribución ás arcas públicas a crise capitalista.

Mentres mantemos á familia real con toda clase de luxos, nós temos cada día máis dificultades para pagarnos unha vivenda ou conseguir un traballo digno. Continúa a privatización dos servizos públicos e sociais e o goberno inviste cada vez máis no gasto militar. Baixo o desenvolvemento de novas formas de colonización económica prodúcese o saqueo doutros territorios máis desfavorecidos polas grandes empresas españolas, sobre todo en América Latina, ao mesmo tempo que aumenta o maltrato á inmigración procedente destes e outros países, en percura dunha vida mellor. O sistema xera xenofobia, que reforza aos grupos neonazis e racistas, á vez que a patronal utiliza a inmigración para a obtención de plusvalía coa superexplotación destes traballadores.

O bipartidismo deseñado na chamada Transición para impedir a existencia de alternativas ao réxime que daba continuidade ao franquismo, foise impoñendo e convertendo a suposta democracia nunha farsa, con dous partidos alternantes, o PP e o PSOE, que asumen e defenden a monarquía e o capitalismo neoliberal e impiden unha verdadeira alternativa para a maioría. Chámano democracia e non o é.

A crise capitalista recae sobre a clase obreira, mediante o aumento do paro, os recortes salariais, o abaratamento do despedimento e o empeoramento das condicións laborais. Tamén se suscitan novas privatizacions de servizos públicos, como impón o Tratado de Lisboa, que é a forma que finalmente adoptou a rexeitada Constitución Europea e que, como aquela, resume os intereses da oligarquía europea.

Algúns feitos dos últimos meses amosan a realidade do réxime monárquico. A Lei de Memoria Histórica é unha nova lei de punto final que profundiza no modelo español de impunidade e impide a restitución política, legal e moral das vítimas do franquismo e da transición. Os aparellos do estado lanzáronse abertamente á represión do republicanismo e da crítica á familia real. Agudízase a criminalización da esquerda abertzale, con novas ilegalizacions de candidaturas e o encarceramento de dirixentes políticos. A impunidade da que gozan os grupos ultradereitistas permitiu unha escalada de accions violentas que chegaron ao asasinato.

Fronte a todo isto, a República supón a esperanza de superar un estado limitador dos dereitos democráticos e sociais, e romper definitivamente co retroceso dos devanditos dereitos, o franquismo e os privilexios de oligarquía. Os CJC e o PCPE defendemos unha República de carácter confederal e socialista.

República Socialista para a recuperación da soberanía popular e como garante de liberdades e de xustiza social. Necesitamos un novo estado baseado na democracia participativa da clase obreira e do pobo, ao servizo do pobo e dirixido por este, coa clase obreira á fronte. Habemos de romper cos valores consumistas en aras de fomentar un #achegamento e acceso á cultura de todas e todos. República de carácter confederal, unión voluntaria de pobos libres e soberanos en que se recoñeza o dereito de autodeterminación, para que se garanta o desenvolvemento dos procesos de construción nacional das distintas realidades nacionais que conviven no estado español.

O PCPE e os CJC defendemos o traballo de construción da República desde a base.

O Movemento pola III República ven medrando e pode seguer a facelo.

Saudamos a creación de novos colectivos republicanos unitarios, o traballo da Coordinadora Estatal Republicana e das coordinadoras territoriais e chamamos a loitar unitariamente pola III República, a facer da súa reivindicación a base dun programa político de avance democrático e social, sustentado nos oito puntos do movemento republicano. É necesario, para iso, organizar e desenvolver colectivos republicanos en todo o estado e que estes se coordinen para aumentar a súa capacidade de intervención política.

Este movemento debe arraigarse e implicarse nos problemas populares cotiáns, logrando que a República sexa unha esperanza de progreso e transformación social para sectores cada vez máis amplos do noso pobo, á vez que se van implantando os seus valores desde a base, nun traballo que debe ser unitario e rexeitar todo intento de instrumentalización partidista ou electoral.

Os e as comunistas do PCPE vemos a importancia da unión dos e as mozas, a clase traballadora e as clases populares, na loita para a superación deste réxime monárquico imposto pola ditadura na que se nos obrigou a vivir, condición necesaria para a conquista dun futuro democrático no que sexa posible camiñar cara ao socialismo.

A loita pola III República avanza. Neste 14 de abril debemos conseguir que as mobilizacions unitarias acaden un gran éxito en todo o estado. Poñamos en marcha a nosa capacidade de medrar e organizarnos en aras de conseguir o noso obxectivo: a proclamación da III República.

POLA DEROGACION DA CONSTITUCION DE 1978

POR UN PERIODO CONSTITUINTE REPUBLICANO

POR UNHA REPUBLICA DE CARÁCTER CONFEDERAL E SOCIALISTA

POLA REPÚBLICA, A AUTODETERMINACIÓN E O SOCIALISMO


PARTIDO COMUNISTA DOS POVOS DE ESPAÑA


COLECTIVOS DE XÓVENES COMUNISTAS


60 ANOS DE OTAN: FASCISMO E GUERRA PARA SUPERAR As CRISES CAPITALISTAS




O próximo 4 de abril de 2009 cúmprense 60 anos da fundación da OTAN impulsada polos EEUU. Os seus obxectivos iniciais eran o apoio militar ás campañas agresivas dos seus estados membros, o monopolio do arma nuclear e un despregamento de bases militares que desde 1949 a 1991 tiñan como fin a agresión e invasión do bloque socialista. A súa propaganda presentábaa ao mundo como a defensora da "Democracia" fronte ao "totalitarismo soviético".

Pero a realidade xa era que a OTAN daba cobertura ao nazifascismo ante o prestixio da URSS polos seus méritos na Segunda Guerra Mundial, o cal contribuíu ao surximento do campo socialista europeo e ao crecemento mundial dos Partidos Comunistas. Historicamente foron membros da OTAN varias ditaduras fascistas e desde 1953, EEUU dá o seu apoio á ditadura de Franco a cambio da cesión de todo tipo de bases militares e de espionaxe e da súa apertura económica aos produtos e capitais USA, deste xeito protéxese ao réxime de Franco e impide a súa derrota a mans dos movementos democráticos.

Unha vez derrubado o campo socialista, ao que a OTAN contribuíu decisivamente, a súa pretendida función "defensiva" fronte a un ataque soviético queda desmentida, pois a OTAN non só non desaparece senón que se mostra moito máis agresiva que no pasado. Ás súas funcións de levar a cabo guerras coloniais contra Movementos de Liberación Nacional, guerras de agresión contra países socialistas e gobernos progresistas ou intervencións indirectas contra movementos revolucionarios, engádese a guerra "contra o terrorismo" e polo control dos recursos naturais.

Actualmente, a OTAN e os EEUU senten libres de toda presión e despregaron toda a súa capacidade criminal de levar a guerra a todas as partes do mundo cunha impunidade e insolencia só comparable á de Hitler. Coa desaparición da única garantía para a Paz na Terra -que era o bloque socialista- e co triunfo dun sistema que necesita da guerra e da morte para sobrevivir (o capitalismo), as guerras, as agresións imperialistas, os xenocidios e as matanzas multiplícanse en todo o mundo.

Como xa teorizóu Lenin, a militarización da economía e a política de guerra son dous recursos dos estados imperialistas para superar a crise, manter a taxa de ganancia das compañías privadas e asegurar o seu dominio mundial.

O estado español forma parte da OTAN desde que en 1986 se impuxo por referendo e aínda que en Catalunya, Euskadi e Canarias gañou o NON. Actualmente incorporouse ao mando da estrutura militar vulnerando as condicións daquel referendo, ademais das bases militares no noso territorio, a cesión de infraestruturas (como portos e aeroportos) e as intervencións das forzas armadas españolas (Yugoslavia, Iraq, Afganistán) que se realizaron desde entón e que se seguen realizando contra a vontade dos pobos de España.
Dicir NON á OTAN é dicir non a un sistema que só nos ofrece condicións de vida e de traballo precarias e que como solución de mellora proponnos a guerra e a morte. A mocidade comunista unímonos á loita antiimperialista por un futuro de paz e solidariedade entre os pobos e de progreso para a maioría da humanidade.

A MOCIDADE CONSTRÚE O SEU FUTURO LOITANDO

Comité Central dos CJC.
25 de marzo de 2009

INTERNACIONALISMO OU DERROTA

E CÓMO, SE NON?!

“Os compañeiros/as da CGTP recollen sinaturas nas fábricas portuguesas da BA, en solidariedade co persoal da Vidreira de Xinzo.

Dende o domingo pola noite, o persoal da Vidreira de Xinzo está desenvolvendo a sétima xornada de folga de 32 horas na fábrica, que novamente contou cun apoio masivo”.

Difundir novas como ista aparecida en Avantar é sempre agradabel, pero é máis ca iso. Son leccións de intelixencia de clase que debemos de compartir e sobre as que compre reflexionar coleitivamente e sen tregua.

Está moi escoitado xa aquelo de que mentres a patronal e a reación saben unirse contra da clase obreira, nós imos moito mais lentos nesa asignatura.

Pois ben, é responsabilidade de cada traballador e cada traballadora, de cada cadro sindical, a todos os niveis, loitar sen descanso pola confluencia das loitas sindicais nunha única e poderosa corrente mundial que poña en retroceso ao inimigo de clase. Internacionalismo ou derrota.

Non se trata dunha expresión de impaciencia. Limitámonos a observar os feitos e a súa lóxica implacábel.

Cada un e cada unnha de nós debe de levar adiante isa iniciativa dende o seu posto, sempre para adiante. Todo descoido desa prioridade é un lento (xa non tan lento!) suicidio de clase.


Cada un e cada unnha de nós debe de levar adiante isa iniciativa dende o seu posto, sempre para adiante. Todo descoido desa prioridade é un lento (xa non tan lento!) suicidio de clase.

. É possível que seu navegador não suporte a exibição desta imagem.

“É marabilloso e para tirar o sombreiro o comportamento dos compañeiros e compañeiras portugueses da CGTP e das fábricas da BA..;.é por iso que nós (os operarios/as da Vidreira de Xinzo) tamén somos da CGTP-IN”.


SINDICAL


CIG INFORMA (AVANTAR)

O pasado xoves 26 de marzo tiña lugar no Salón de Actos da CIG de Vigo unha nova asemblea de delegados e delegadas do Metal para analizar a situación da negociación colectiva do Convenio provincial do Metal da provincia de Pontevedra. Nesta asemblea interviron numerosos delegados, asi como aquelas persoas que, pola parte da CIG, conforman a Mesa Negociadora do Convenio, para trasladar a súa visión do que está a acontecer nas xuntanzas coa patronal….Ademais, nesta asemblea aprobáronse propostas de accións a desenvolver conxuntamente coas outras centrais sindicais, cara a comezar as mobilizacións para que se axilice esta negociación colectiva.

Traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar iniciaron esta mañá un peche indefinido na sede central do organismo para exixir a realización das oposicións dentro dos prazos acordados na Mesa de Negociación e defenderon o carácter público dos servizos prestados polo Consorcio, ante as declaracións do futuro presidente da Xunta de Galiza.

A CIG de Ourense denunciou diante da delegación da Inspección de Traballo e Seguridade Social nesta cidade o incumprimento de medidas de seguridade contra a empresa que está a executar obras de renovación da cuberta do edificio situado no no 13 da Rúa Coruña da cidade de Ourense, "sen que podamos precisar a razón social exacta da mesma". A denuncia débese á presenza de amianto nas obras.

CGT INFORMA


En protesta polo despido de Xurxo, de GAINCA. Estas son as concentracións (de 19:30 ata as 20:30 horas, diante do Teatro Sala de Concertos de Caixanova) previstas para o mes de abril: Días 2,3 e 4. Días 16, 17, 18 e 19. Día 21. Días 23, 24 e 25. Días 29 e 30.

CEIVAR


Contactamos com vós para informar-vos da luita que desenvolvem os presos independentistas galegos
na prisom espanhola de Mansilla de las Mulas, assim como dumha iniciativa
económica urgente em curso.

Quanto ao conflito, José M. Sanches e Santiago Vigo levam desde 10 de
Fevereiro –quase 2 meses- em isolamento como resposta do cárcere à sua
reivindicaçom de desfrutarem de celas individuais –segundo exige a
legislaçom carcerária-, ou partilhá-las entre eles ou com outro presos
políticos.

Vigo e Sanches estám 20 horas ao dia encerrados nas celas e saem apenas 4
ao pátio sem comunicar-se entre eles. As últimas informaçons indicam que
em breve se produzirá a dispersom de Vigo a Valdemoro (Madrid), enquanto
José Manuel Sanches permaneceria em Leom.

De Ceivar, além de sacar à rua a luita dos presos, queremos denunciar a
política repressiva do Executivo espanhol e do PSOE contra os presos
independentistas galegos, assim como o silêncio cúmplice de todos os
partidos com representaçom institucional frente à vulneraçom sistemática
de direitos de que som objecto ambos militantes galegos.


SOLIDARIEDADE ECONÓMICA URGENTE

Comunicar, por outra parte, que Ceivar fijo onte um chamamento público à
solidariedade comunitária galega para enfrontar gastos relacionados com a
defesa dos patriotas presos ante os tribunais de excepçom. Concretamente,
precisamos recadar neste mês 5800€ para enfrentar o pagamento dumha
peritagem imprescindível no juízo de Vigo e Sanches a finais de 2009 ou
princípios de 2010.

A conta disponibilizada é 2091 0395 21 3040001337 de Caixa Galicia.
Recomendamos que o abono se faga sob o epígrafe “Peritagem Madrid”.
Apontar, aliás, que nom é necessário incluir no ingresso o nome da pessoa
ou colectivo que o realiza com o que se pode manter sem dificuldade o
anonimato.

Mais informaçom em http://www.ceivar.org/principal.php?pagina=nova&id=1135

Agradecendo a vossa atençom e compromisso, despede-se atentamente


CEIVAR, organismo popular anti-repressivo
Sede nacional Rua dos Loureiros. Local 2. Edifício 3. Baixo
15704-Compostela
GALIZA

Sítio web nacional http://www.ceivar.org

1º de abril: Unha xornada mundial de loita





1º de abril: Unha xornada mundial de loita fronte ás políticas de axuste económico capitalista para combater o o fascismo, o imperialismo e o capitalismo

A convocatoria internacional de loita que a Federación Sindical Mundial convocou para o 1º de abril de 2009, ten unha importancia especial no actual marco de axuste estrutural que os monopolios capitalistas e o imperialismo no seu conxunto están orientando contra a clase obreira do mundo enteiro.

A FSM foi desde a súa fundación en 1945, cabeza de combate das forzas progresistas e revolucionarias do planeta, cuxa loita sindical sempre se orientou desde unha perspectiva de clase. Desde entón, organizacións sindicais de clase e combativas, co apoio de partidos e colectivos comunistas e populares, agrupáronse nela para facer fronte a unha situación económica mundial que non é... outra que a crise cíclica que o sistema capitalista aplica periodicamente e onde os grandes consorcios multinacionais e as elites económicas mundiais reforzan o seu control económico, acabando co mito das clases medias e os soños baleiros que nos inculcan de progresar baixo un desigual sistema de repartición do produto do traballo.

No Estado Español, esta xornada de loita ten unha importancia especial. A dependencia española dos centros de poder económico mundiais fai que o marco xeral de crise capitalista teña unha especial incidencia nas xa mermadas economías da clase obreira. A orientación histórica do Estado Español como punto estratéxico de localización de plans agresivos contra os pobos marcou sempre a súa dependencia, e ante esta crise cícilica do modelo económico, comeza a albiscarse as razóns polas que se estivo formando durante anos unha política de desmantelamento do tecido industrial, de fomento dun sindicalismo oficial totalmente entregado á burguesía local así como un continuo transvasamento das rendas do traballo ao sistema financeiro por medio de axudas públicas á banca e aos consorcios da construción: crear un marco económico dependente, forxar un territorio onde predomine a desmovilización social para reforzar ese carácter estratéxico que España ten para o imperialismo; en definitiva, un territorio libre de conflitos sociais e fortemente vixiado para un mellor desenvolvemento dos plans agresivos.

O papel da mocidade nesta crise capitalista vén reforzar precisamente esa característica do capitalismo español. Unha mocidade permanentemente agredida polo marco económico e que se pon de manifesto en forma de temporalidade nos contratos de traballo(máis do 50% en 2008), e unha evidente desigualdade salarial respecto da media(en torno ao 30%). E esa situación de temporalidade ten especial incidencia neste marco de axuste económico capitalista, e é que unha das primeiras vítimas destes axustes sexa o conxunto da mocidade, cun aumento excepcional do paro xuvenil e situacións cada vez máis avanzadas de pobreza relativa(con limitacións graves do nivel de consumo) e pobreza absoluta(cunha renda inferior a un euro ao día).

Ante isto, o capital ofrece as súas propias alternativas á mocidade ante a situación económica: a convocatoria de prazas para as Forzas Armadas, para contribuír ás misións imperialistas ás que España se comprometeu; convocatorias de miles de prazas axilizadas para Policía Nacional, Garda Civil e Policía Municipal, para reprimir á clase obreira e aos sectores populares que ousen protestar contra unha crise que eles pagan pero que non xeraron, etc. Tamén é considerable o gasto que o Goberno español está desenvolvendo en materia xudicial e represiva, onde tamén se incrementaron prazas para a reaccionaria Administración de Xustiza ou a construción de dous novos centros penais con modernas aplicacións represoras en Zamora e Ceuta. Esta é a resposta do Goberno Español ante a crise capitalista: militarización social e represión para os que protesten; millonarios fondos que irán parar ás Forzas de Seguridade, así soluciona o Goberno español a crise capitalista.

A clase obreira migrante

A composición maioritariamente xuvenil dos traballadores e traballadoras migrantes no Estado Español tamén é motivo especial para a loita. Tras ser obrigados a abandonar ás súas familias e os seus lugares de orixe polos mesmos grupos económicos que saquearon estas zonas, para seguir enriquecéndose á súa costa nos países do polo imperialista, agora son os elementos sobrantes do proceso produtivo. A brutal represión que están sufrindo á vista e paciencia das organizacións socialdemócratas, está sendo constatada polo apoio cómplice dos sindicatos oficiais a esta "man dura". O Consello Económico e Social, no seu ditame previo á enésima e fascista reforma da Lei de Estranxeiría, xustificou a actual represión contra a clase obreira migrante fundamentándoa na "situación económica". Dito Consello está composto tanto polas diferentes patronais de grandes, pequenas e medianas empresas, como polos sindicatos oficiais Comisións Obreiras e UXT. Este Informe, feito público o 11 de xaneiro de 2009, demostra a complicidade dos grandes sindicatos nesta materia e que veñen introducir as teses da racista Directiva europea de Retorno de Inmigrantes.
A mocidade migrante é vítima primeriza desta represión á clase obreira, e é tarefa de todos os revolucionarios que esta xornada sexa tamén un marco para a organización e loita unitaria dos obreiros e obreiras de todas as nacionalidades. É moi importante reforzar isto, dado que as estruturas mediáticas, xudiciais e policiais do Estado español están sinalando indirectamente(e cando non, directamente), a este sector da clase obreira como responsable da crise, aplicando un fascismo de Estado e intentando dividirnos como clase.

A mocidade comunista

Os Colectivos de Xóvenes Comunistas, como organización xuvenil da clase obreira, facemos fincapé neste tipo de xornadas de loita, porque preparan as condicións para un ulterior e máis agudo proceso de combate contra o capitalismo e o imperialismo. Con iso facemos nosa a reivindicación que a Federación Sindical Mundial fai para esta xornada, e á que animamos a desenvolver a todos os compañeiros alí onde traballen e nas formas que sexan consecuentes a cada ámbito de traballo que cada militante ou simpatizante leve a cabo no seu territorio. Estas reivindicacións son:
- A clase traballadora e os pobos do mundo vítimas das políticas antilaborales esixen cambios profundos; a construción, consolidación e defnensa das políticas, económicas e sociais como alternativas ao capitalismo e o seu modelo neoliberal de globalización.
- Defender a acción unitaria dos traballadores/as, e as forzas progresistas baixo os principios de clase, para impedir máis explotación e precarización do traballo.
- Pola distribución da riqueza, mellorar os salarios.
- Contra o traballo infantil.
- Non máis despedimentos de traballadores/as, defensa dos dereitos sociais e laborais.
- Redución da xornada de traballo sen reducir os salarios, polo fortalecemento dos sindicatos.
- Contra toda forma discriminación cara ás mulleres traballadoras, novas, inmigrantes etc, pola igualdade de oportunidades
- Nacionalización da banca e demais sectores estratéxicos, como a enerxía, soberanía alimentaria baixo control social.
- Cesamento inmediato das guerras, cesamento dos fondos á OTAN e as armas militares; que eses orzamentos sexan investidos no sector produción para xerar emprego e para o desenvolvemento dos pobos.
- Non máis represións nin asasinatos de dirixentes sindicais e loitadores sociais.
- Polo retiro inmediato e sen condicións das forzas militares de ocupación de Iraq, Palestina e demais territorios árabes así como de Afganistán.
- Polo pleno respecto á soberanía e libre determinación dos pobos.

¡NIN GUERRA ENTRE POBOS NIN PAZ ENTRE CLASES!
¡ENFRONTAR AO FASCISMO, AO IMPERIALISMO E AO CAPITALISMO!
¡ORGANIZAR A REVOLUCIÓN!

Colectivos de Xóvenes Comunistas, a 29 de marzo de 2009