ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 28 de outubro de 2009

CAPITALISMO É CORRUPCIÓN . Comité executivo PCPE


 
Partido Comunista dos Pobos de España.

Comité Executivo


CAPITALISMO É CORRUPCIÓN


Ante a sucesión de feitos de extrema gravidade nos que se ven implicados políticos e empresarios evidenciando o alarmante nivel de corrupción sobre o que se sustenta a sociedade española,

o Comité Executivo do Partido Comunista dos Pobos de España DECLARA

Como cando falamos das causas da crise capitalista, errariamos se buscásemos a orixe e motivos da corrupción  nalgo distinto ao sistema capitalista. No núcleo central dun sistema baseado na división da sociedade en clases e na explotación das persoas está a causa da corrupción, desigualdade e violencia que azouta a esta sociedade.

No feito primario da explotación das persoas, o saqueo dos recursos naturais e a diferenza de posibilidades entre as persoas pola súa diferente orixe de clase, achamos o maior acto de corrupción imaxinable.

Seguidamente atopamos un sistema político profesionalizado e elitista que para se soster necesita de algo máis que das avultadas sumas que recibe dos nosos impostos vía o erario público. Dependencias, a do estado e a de empresas "mecenas" que os subvencionan, que os anula para calquera outro propósito que non sexa a perpetuación do sistema.

Corrupción estrutural (económica, política ideolóxica) que impregna ao conxunto da sociedade e que, ao se  asimilar pola clase obreira, a incapacita para a tarefa histórica que lle corresponde como clase e que non é outra que a destrución do sistema capitalista e a construción dunha sociedade, a socialista, onde desaparezan as bases materiais da explotación e, xa que logo, da corrupción como feito estrutural e intrínseco á formación social.



Corrupción xeneralizada que, ademais de nos negar o presente e o futuro, pagamos directamente a clase obreira, os sectores populares e a mocidade co noso traballo e o noso diñeiro. Todo euro que se apropian os corruptos nutre a parte da torta que corresponde ás rendas do capital e retraise do anaco das rendas do traballo.

A resposta necesaria

Á marxe das medidas legais que puntualmente adopta o sistema contra algúns elementos e tramas corruptas, os/as comunistas habemos de aproveitar o feito noticioso de tramas como a Gürtel, ou as de Santa Coloma, Marbella, El Ejido, Bigastro  e tantos e tantos outros casos, para romper o consenso social que permite que todos estes feitos de latrocinio escandaloso se suceder sen o menor custo político e social para o capitalismo.



Batalla ideolóxica para demostrar, unha vez máis, que este sistema xa non ten nada positivo que nos ofrecer e que dentro del , para a clase obreira e a maioría social, non hai alternativas positivas.

Corrupción e capitalismo son sinónimos e por iso a ditadura do capital alimenta a corrupción e os corruptos. No franquismo déronse os maiores casos de corrupción con absoluta impunidade, hoxe os seus herdeiros seguen a gozar, agás  algún peón que ás veces é necesario tombar, da mesma impunidade. O rei e a súa familia, os banqueiros, os partidos políticos do sistema aos que se lles manteñen débedas multimillonarias coa banca sen executar, os "axentes sociais" que reciben permanentes e substanciosas prebendas e dotacións do estado, todos eles son a base sobre a que se sustenta a corrupción e o sistema de dominación capitalista.


Madrid, 29 de outubro 2.009
 

SABIAS QUE CON BOLOÑA PAGAS MÁIS POR UN PEOR SERVIZO?








O novo curso comeza e Boloña xa está implantada en numerosas carreiras nas universidades do Estado Español. A medida que Boloña se vaia implantando, debemos facer que a loita creza. E hai moitos motivos polos que loitar. Especialmente, un dos grandes problemas que presenta Bolonia, e que xa notamos, é a subida das taxas.



A introdución de criterios mercantís na Universidade procura que, o que debería de ser un servizo público, sexa un negocio rendible. A subida das taxas non é máis que unha desas formas da procura de rendibilidade, facendo que o alumnado pague cada vez máis pola súa matrícula. Deste xeito, o Estado diminúe o investimento no ensino universitario.



A taxas foron subindo aos poucos desde os últimos anos, para suavizar psicoloxicamente a subida. De forma escura e progresiva, a subida das taxas conseguiu non levantar sospeitas e, así, tentouse frear a mobilización do estudiantado. Con todo, está claro que as taxas son moito máis elevadas agora que fai 5 anos, en practicamente todas as carreiras.



O feito de que as taxas suban non debe facernos esquecer que a mesma existencia de taxas é un ataque aos nosos dereitos e á nosa igualdade. As taxas existen aquí e agora, pero nalgúns países, aínda hoxe, están prohibidas, para facilitar o acceso á educación universitaria.



Por iso, non debemos berrar unicamente “Non á subida de taxas”, debemos dicir contundentemente “Educación gratuíta!”. Os estudantes temos que loitar por unha educación xenuinamente pública, que cubra transporte, material de estudo, libros,...


Boloña tamén inclúe un novo sistema de créditos, pásase do crédito actual ao crédito ECTS que computa tanto as horas empregadas nas clases (teóricas e prácticas) como as horas empregadas en facer traballos, prácticas e estudar que se fan en casa. O que antes era de balde, agora pagámolo cos nosos créditos.



Ademais, o novo sistema de grao-posgrao supón unha redución de contidos no grao, para forzar que se cursen posgraos que completen a formación. Estes posgraos teñen prezos altos (máis barreiras económicas para o estudantado) e prazas reducidas, o que supón un auténtico delirio cando o posgrao é necesario para o exercicio de actividades profesionais (como é o caso do CAP). Boloña elitiza a universidade.



Pero a cousa non remata aí. Para os que consigan a licenciatura, Boloña é un plan europeo e ao “homologar” titulacións crea para as empresas unha reserva de man de obra cualificada moito maior. As “oportunidades” que abre aos licenciados pesan pouco na balanza, en comparación á redución relativa dos soldos que vai significar a competencia no mercado laboral coas persoas máis formadas de 26 países europeos.



Para os que queiran acceder á Educación, Boloña limita a entrada de estudantes ao ensino superior, a través de barreiras económicas. O Estado Español necesita reducir o número de licenciados, porque son innecesarios para os traballos con menor titulación cara á que queren dirixirnos. Máis do 60% dos xóvenes teñen unha cualificación maior á do traballo que exercen, pero ter un título, xeralmente, implica soldos superiores. Queren menos licenciados, para reducir soldos, xa que non hai emprego de calidade.



A UE, á súa vez, é a causante de que no Estado Español non se necesiten licenciados. A estrutura económica actual é consecuencia da destrución do tecido industrial e agropecuario que se impuxo desde a UE a España nos 80. O Estado Español, segundo a UE, debe ser un país con boas infraestruturas para o turismo e o sector servizos, pero non ten que facer barcos, aceiro, leite ou cereais. Por iso, condénannos a un emprego precario e de baixa calidade, para o que a cualificación universitaria é irrelevante.



É o momento de volver a saír á rúa, de volver a mobilizarnos, se o estudantado non loita polos seus dereitos ninguén o fará, non permitamos que acaben coas conquistas conseguidas con anos de loita, non consintamos que acaben co noso dereito a unha educación pública, laica, gratuíta e de calidade.


Non a Boloña

Contra a subida das taxas

Contra a redución de prazas

Mobilízate

COLECTIVOS DA MOCIDADE COMUNISTA


--
A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución
www.cjc.es






segunda-feira, 26 de outubro de 2009

GALIZA POR PALESTINA. FESTIVAL DE SOLIDARIEDADE

FESTIVAL  DO  DÍA  INTERNACIONAL  CO
POBO  PALESTINO
 

 
O venres 27 e o Sábado 28 de Novembro, en A Coruña,  celebrarase un Festival de Solidariedade co Pobo Palestino.
O programa de actividades publicarase oportunamente.
Agradecemos a súa  difusión
 

galizaporpalestina@hotmail.com

Apartado 2083  -    15080 A Coruña


sexta-feira, 23 de outubro de 2009

E PRECISO MOBILIZARMONOS EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA!!

DEFENDE A SANIDADE PÚBLICA!
Feijóo recortou os fondos para Saúde pública e paralizóu o plan de investimento en
Sanidade para os anos 2008-2013
A Xunta , como denuncióu a Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública,
vai
reducir o número de camas dispoñibles e derivar aos pacientes a clínicas privadas
Tal feijoada copia do modelo PRIVATIZADOR doutras CCAA, como a Generalitat
Valenciana e a CA de Madrid.
Así, o Goberno autonómico, é decir, NÓS, OS E AS CONTRIBUÍNTES, imos
pagar CUSTOS BRUTAIS consecuencia da concesión dos centros a grandes
constructoras e aseguradoras.
Feijóo prometera “espera cero” aos enfermos graves: .Agora imos ter unha
proporción entre número de médicos-enfermeiros e pacientes insoportable para os e
as traballadoras da sanidade, e tan insuficiente para @s usuarios que imos ter que
recorrer á vía privada quen teña cartos para pagala.
A “austeridade” para salvar “a crise” (PERO HAI CARTOS PARA ARMAS E
PARA OS BANCOS), inscríbese claramente na POLÍTICA PRIVATIZADORA
deseñada pola UNIÓN EUROPEA DO CAPITAL, para sair da crise a costa do
recorte dos nosos dereitos e servizos BASICOS.
Á luz destas cousas que nos pasan compre que vaiamos interpretando qué quere decir
a Europa dos mercaderes e ambas dereitas, a dura e a blanda, cando falan de
“modernización e calidade”. Dito para entendernos, eso significa someter o que é un
dereito básico de cada cidadá/n aos dictados do MERCADO E A COMPETENCIA.
Quere decir, que a crise que eles xeneraron, habemos pagala NÓS, os e as
traballadoras.
DEFENDE A SANIDADE PÚBLICA, É O TEU DEREITO
NON ÁS PRIVATIZACIÓNS DA DEREITA E DA U.E. DO
CAPITAL E A GUERRA
A CRISE, QUE A PAGUEN OS RICOS
comunistasdagaliza@gmail.com http://comunistasdagzpcpe.blogspot.com/..


segunda-feira, 19 de outubro de 2009

A LOITA DO METAL CONTINÚA



@S COMUNISTAS ESTAREMOS PRESENTES APOIANDO A MOBILIZACIÓN E DISTRIBUINDO FOLLAS


Recentemente o Metal da Provincia de Pontevedra librou unha dura batalla ao longo de 23 días de folga.


Neses 23 días de loita, en contraste coa impecable dignidade e altura da
actuación dos traballadores e traballadoras, póñense de manifesto:
a brutal represión policial e a prepotencia da patronal, máis envalentonada que nunca pola complicidade institucional e a represión policial.
Estas son as únicas respostas posibles ás xustas demandas dos traballadores no marco da Dictadura do Capital e da Unión Europea imperialista, que aposta pola
fórmula da escravitude asalariada para garantir a reproducción ampliada do capital rebaixando o prezo da forza de traballo.


Esta folga, ao igual que a do 2006, volveu a colocar ao Metal no lugar histórico que lle corresponde: o de destacamento de vangarda da nosa Clase.
O 9 de maio de 2006, na folga pola negociación do Convenio, e cando os traballadores pretendían concentrarse na Estación de Renfe de Vigo, a policía cargou sañudamente, cercando os traballadores que accederan á praza. Resultaron feridos vintetrés compañeiros do Metal, dos que tres tiveron que quedar ingresados durante varios días no Xeral.
A maiores, foron detidos trece traballadores de distintos sectores (naval, aluminio, mecanizados e automóbil) que como todos os demais só cometeron o delito de intentar defenderse.


Os días 19, 20 e 21 deste mes xulgan aos trece compañeiros detidos naquela carga. En consecuencia, O día 19 a CIG convoca unha folga no Metal dende as 09:00 horas até as cinco horas laborais seguintes e nas catro primeiras horas da quenda de tarde.


Os e as comunistas do PCPE chamamos a:
Mobilizarnos e apoiar esta acción: Por solidariedade cos compañeiros e por un Convenio Xusto.
Reiniciar o camiño da loita, no que a pasada Folga supuxo un grande paso adiante na fase de acumulación de forzas e de experiencias.
Recuperar unha dinámica sindical de UNIDADE e orientación de clase, respectuosa da asamblea dos traballadores e dos seus acordos, porriba de particularismos das distintas cúpulas e estructuras sindicais: Unha clase, un obxectivo, unha loita.
Ela está chamada a ser un importante paso adiante cara ao horizonte da Folga Xeral que compre facer, e ante todo compre preparar e organizar.


Comunistas da Galiza  PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA
comunistasdagaliza@gmail.com






sábado, 17 de outubro de 2009

MOVEMENTO OBREIRO. CIG-Metal de Vigo chama á folga


CIG-Metal de Vigo chama á folga polo xuízo a 13 traballadores do sector o luns 19 de outubro desde as nove da mañá

Mentres continúa a negociación do convenio do Metal, onde os mediadores volveron presentar case a mesma proposta presentada antes das vacacións do verán.
CIG
A CIG-Metal ten convocado unha folga o luns 19 de outubro no sector do Metal sen convenio propio, na comarca de Vigo e nos concellos de área metropolitana, desde as 9 horas e durante as próximas cinco horas laborais na quenda da mañá e nas catro primeiras horas da quenda da tarde. O motivo desta convocatoria é a celebración do xuízo a trece traballadores do Metal detidos na folga do ano 2006 na carga da Estación de Renfe, con petición de penas de cadea para catro traballadores superiores a tres anos e medio. Para o resto as penas achéganse aos tres. Ademais a negociación do convenio do Metal continúa sen avanzos, e só coa presentación dunha proposta por parte dos mediadores, na que hai escasas diferenzas respecto á presentada antes das vacacións do verán, que fora rexeitada no seu momento e que non se considerara suficiente polo conxunto dos traballadores do sector, polo que naquel momento se continuou coa convocatoria de folga até comezos de xullo.
"O 9 de maio de 2006, na folga pola negociación do Convenio e cando os traballadores pretendíamos concentrarnos na Estación de Renfe de Vigo, a policía cargou dunha maneira descomunal, con ensañamentos, cercando os traballadores que accederan á praza. Resultaron feridos vintetrés compañeiros do Metal, dos que tres tiveron que quedar ingresados durante varios días no Xeral. A maiores, foron detidos trece traballadores de distintos sectores (naval, aluminio, mecanizados e automóbil) que como todos os demais só cometeron o delito de intentar defenderse daquela brutal pallosca", asi comeza a folla informativa repartida no sector para explicar os motivos da convocatoria da folga do luns 19 de outubro.
Campaña de convocatoria
Repartíronse estas follas informativas, convocáronse asembleas nos centros de traballo do sector, e coláronse carteis na cidade e especialmente nas zonas industriais que concentran ao maior número de traballadores e traballadoras do Sector.
Percorridos das distintas marchas
O luns 19 de outubro comezarán desde as nove da mañá as habituais marchas dos traballadores do Metal desde Teis, Beiramar, Avenida de Madrid e o Camiño do Caramuxo. Os traballadores/as do Naval encontraranse no cruce de Colón, e continuarán a súa marcha até a Praza do Rei, onde se xuntarán co resto do persoal en folga que se desprazará desde outros pontos da comarca.
Asi, desde esta praza do Concello comezará unha manifestación ás dez da mañá que se achegará até as portas do Xulgado, na rúa Coruña, onde terá lugar o proceso xudicial contra estes trece compañeiros, na Sala do Penal número 2, ás dez da mañá.
Negociación do convenio 
O xoves 15 de outubro tiña lugar unha nova xuntanza da Comisión negociadora do Convenio do Metal, na que participaban as distintas asociacións empresariais afectadas pola negociación do convenio provincial, asi como as centrais sindicais e os mediadores.
A CIG xa manifestara en distintas ocasións aos mediadores que para avanzar nesta negociación era preciso que se presentara unha mellora á proposta realizada no mes de xuño, xa que esa proposta xa fora rexeitada polo conxunto dos traballadores e traballadoras, e como consecuencia dese rexeitamento xeral despois da presentación desa proposta decidirase continuar coa folga pois aquela proposta non convencera a ninguén.
Asi, comezaba a reunión ás cinco da tarde e chegou até as doce da noite, mais con moitas sub-reunións entre os mediadores e os empresarios, asi como reunións aparte con CCOO e UGT para pactar o texto da proposta que se presentaría ao final desta xornada de xuntanzas.
Proposta pactada con CCOO e UGT
Os mediadores reuníronse con CCOO e UGT para pactar o texto que ía ser presentado pola mediación, pero non tiveron o valor de asinar este texto como un pre-acordo ou dicir claramente que asumian esta proposta e aceitaban, xa que a CIG non entrou a asinar esa proposta nin a asumiu.
Unha proposta que non ten case nada novo
A proposta realizada polos mediadores, co beneplácito de todas as partes agás a CIG, podedes descargála ao final deste documento en pdf, tal e como foi presentada.
Establécese nesta proposta unha vixencia de tres anos (2009-2011). O incremento salarial para o 2009 sería do IPC do 2008 máis 1,10, para o ano 2010 será o IPC do ano 2009 máis 1,5; e para o ano 2011 o IPC do ano 2010 máis 1,25. No suposto de que o IPC fose negativo, non se aplicaría desconto en ningún ano. 
A única novidade viría da mán da regulación do exceso da xornada, onde xa hai un artigo para regular este apartado. 
No tema da contratación propoñen que no prazo de 45 dias a contar desde a data da sinatura do preacordo trataría a cuestión referente á contratación no naval no seo da Comisión de Seguimento da Axencia da Bolsa de Emprego.
En definitiva, unha proposta moi semellante á xa rexeitada a finais de xuño polo conxunto dos traballadores e traballadoras do Metal.
Xuntanza dos organismos
O venres 16 de outubro está prevista unha xuntanza das Executivas comarcais da CIG-Metal de Pontevedra e Vigo, coa presenza do secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, Antolín Alcántara, e o secretario nacional da CIG-Metal, Miguel Malvido, para entrar a analizar a negociación do convenio colectivo e esta proposta, que é case idéntica á que xa fora rexeitada. Previsibelmente convocarase unha asemblea de afiliados/as do sector para o luns 19 de outubro á tarde, xa que o martes hai convocada unha nova xuntanza de negociación do Convenio do Metal.
http://www.galizacig.com/avantar/novas/16-10-2009/cig-metal-de-vigo-chama-a-folga-polo-xuizo-a-13-traballadores-do-sector-o-luns-19-d

ASEMBLEA DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES NO PARO DA CORUÑA


Contra o paro loita obreira e popular !

Nota de prensa donde comunicase a cración desta asambleia na Coruña.
Asambleia de Traballadores e Traballadoras no de A Coruña | ATTP-AC | Hoy a las 14:11 | 71 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/contra-paro-loita-obreira-popular
contra o paro loita obreira e popular  
Comunicado de prensa.

De: Asambleia de traballadores e traballadoras en paro de A Coruña.
Para: Medios de comunicación.

Convocado pola Comisión de Parados/as de A Coruña tivo lugar nos locaes da Asociación de Veciños do Agra do Orzan unha xuntanza dunha veintena de traballadoras e traballadores desempregados. Na mesma debatiron-se os graves problemas que este colectivo enfronta para ter unha vida digna polo feito de carecer de traballo.
Como primeiro paso na organización do colectivo de desempregados e desempregadas da nosa cidade aprobouse a creación dunha Asambleia de Traballadores e Traballadoras en Paro de A Coruña co obxetivo de defender o dereito ao traballo de todos e todas. Asi mesmo acordouse convocar unha nova xuntanza para o vindeiro dia 29 de octubro na que invitan a acudir a todo-los los traballadores e traballadores en paro da Coruña.

A Coruña a 16 de octubro do 2009

Telefons de contacto e información:

Martin Naya............645 961 091
Chuchi Fontenla......670 500 165

Pregase a difusión desta nota.

quinta-feira, 15 de outubro de 2009

a coruña, 16 outubro ás 21.00 en sargadelos SOLIDARIEDADE CON HONDURAS!!!!


O PCPE ANTE A REPRESIÓN FASCISTA EN EUSKADI.





Comité Executivo






O PCPE ANTE A REPRESIÓN FASCISTA EN EUSKADI.


O pobo que oprime a outro pobo no pode ser libre”. F. Engels






Ante a nova vaga de detencións contra dirixentes do movemento popular vasco e o asalto das forzas represivas á sede do sindicato LAB en Donosti, o Comité Executivo do PCPE, quere manifestar:

1º.- O capitalismo español está sumido nunha profunda crise estrutural, froito das súas propias contradicións e da explotación brutal da clase obreira e o roubo sistemático ao pobo. A saída á crise, para as forzas que non ven máis aló do marco do capitalismo monopolista, pasa necesariamente por incrementar a represión contra o movemento obreiro e popular en todo o Estado. Esta é a opción do sistema e para iso utiliza todos os medios ao seu alcance (políticos, xudiciais, policiais, militares?) cantas veces o considera necesario.

2º.- A oligarquía española foi incapaz de resolver o carácter plurinacional do estado na perspectiva dunha convivencia pacífica e solidaria entre os pobos baseada no exercicio democrático do dereito de autodeterminación; recorrendo sistematicamente á represión fronte ás ansias de liberdade e soberanía dos pobos.

3º.- A antidemocrática Lei de Partidos Políticos é a base legal coa que o Estado pretende lexitimar a represión, que en España alcanza tinguiduras realmente fascistas. As inxustificables ilegalizacións das organizacións da esquerda abertzale abriron a porta a un goberno reaccionario do PSOE e o PP contrario ao sentimento e aos intereses do pobo traballador vasco.

4º.- As detencións realizadas no día de onte son un exemplo máis de como concibe a democracia o bloque dominante de poder que exerce a ditadura do capital en España. A violación da sede de Donosti do sindicato LAB supón unha agresión á clase obreira vasca e de todos e cada un dos pobos de España que non estean dispostos a perder a súa liberdade sen reaccionar ante tamaño oprobio.










O PCPE manifesta a súa solidariedade á esquerda abertzale e ao sindicato LAB, esixe a inmediata liberación dos detidos e detidas e reitera que a solución a esta realidade pasa necesariamente polo recoñecemento do dereito de autodeterminación e pola celebración dun referendo que exprese o sentir democrático do pobo vasco. Conscientes que a represión fascista só conseguirá aumentar o sufrimento xa que xamais logrará dobregar as ansias de liberdade do pobo vasco, facemos un chamamento á máis ampla unidade popular para, nunha decidida acción de masas allea a calquera opción aventureirista, poder crebar a estratexia da oligarquía española, tan ben desenvolvida polos seus lexítimos representantes PSOE/PP e todos aqueles que co seu silencio ante feitos como este se converten en cómplices necesarios, e recuperar para a clase obreira e os sectores populares de Euskal Herria a iniciativa política que lles permita ser protagonistas da súa propia historia


¡SOLIDARIEDADE FRONTE Á REPRESIÓN!
¡LIBERDADE PARA OS DETIDOS E DETIDAS!
¡LIBERDADE PARA EUSKAL HERRIA!
¡REPÚBLICA, AUTODETERMINACIÓN E SOCIALISMO!








Madrid, 14 de Outubro de 2.009




quarta-feira, 14 de outubro de 2009

O GOBERNO DO PSOE ALIMENTA AO FASCISMO



O pasado día 12 de outubro celebrouse en Toledo unha manifestación neofascista autorizada pola Subdelegación do Goberno, sen ningún tipo de traba.

Contra a celebración desa manifestación erguéronse, días antes, diversas voces esixindo a prohibición da mesma polo seu manifesto carácter fascista. Entre elas as do PCPE e os CJC de Toledo que, de xeito claro, entre outras cousas dicían: "Denunciamos esta convocatoria e como toledanos e toledanas respectuosos e solidarios con todos os pobos do mundo, consideramos unha provocación que o nazi-fascismo escolla a nosa cidade para as súas expresións xenófobas. Declaramos o noso apoio e solidariedade con todos os pobos do mundo e hoxe en particular con todos aqueles que por diversas circunstancias conviven connosco na cidade e provincia de Toledo. Facemos un chamamento a pronunciarse contra todo tipo de convocatoria que alimenta o racismo e a xenofobia"

Non foi ningunha sorpresa que, efectivamente, o grupo de neofascistas que se concentraron na Praza de Zocodover de Toledo saudaban brazo no alto, coreaban consignas racistas e xenófobas, e intimidaban ás persoas que se atopaban nas proximidades co seu aparello paramilitar. Ao cabo,  o que vén ocorrendo noutras ocasións nas que estes suxeitos saen á rúa en manda.

O crecemento dos grupos neonazis -ou neofascistas- é algo que coñecemos a diario polos distintos medios de comunicación. Asasinatos, puñaladas, malleiras e agresións de todo tipo forman o seu curriculo ante a total pasividade de quen teñen a responsabilidade de controlar estas situacións.

Por iso a autorización da citada manifestación por parte da Subdelegación do Goberno de Toledo é unha decisión absolutamente inadmisible. E pódese considerar "colaboración necesaria" e "enaltecimento do fascismo".

Que nesa situación se organizase unha resposta a esa manifestación constitúe un mínimo acto de decencia por parte de quen se mobilizaron para denunciar esta tolerancia institucional co fascismo.

Pero é máis grave o desenvolvemento dos acontecementos cando se produce unha colaboración entre os efectivos policiais presentes no lugar e a bandada neofascista, agredindo e perseguindo a quen se lle colocaron enfronte.

A policía protexeu a quen brazo en alto insultaban e berraban consignas contra os inmigrantes e outras de carácter claramente fascista. Non se procedeu a identificar a estes suxeitos, senón que se perseguiu, maltratou e encarcerou a quen se colocaron fronte aos fascistas.

A Subdelegación do Goberno non abriu dilixencias de ningún tipo contra os convocantes da manifestación fascista, mentres que si mantén detidos a sete mozos, entre os que se atopa unha militante dos Colectivos de Xóvenes Comunistas que foi apresada a moita distancia do lugar no que ocorreron os feitos.

O PCPE esixe a inmediata posta en liberdade desta militante e das demais persoas detidas. O PCPE esixe a inmediata dimisión do Subdelegado do Goberno de Toledo e a depuración de responsabilidades por colaborar á celebración dunha manifestación fascista. Nos próximos días o PCPE presentará unha denuncia contra o Subdelegado do Goberno por colaboración e permisividade coas bandas fascistas.

O capitalismo sempre ten no fascismo un recurso para ir "máis aló do que as leis permiten" na persecución do movemento obreiro e revolucionario. A historia demostrouno en numerosas ocasións. Agora o goberno do PSOE alimenta aos cachorros fascistas e os adestra para cando os necesite. Esta convocatoria de Toledo, e a actuación policial que lle seguiu, é unha actuación de auténtico manual, os fascistas saen á rúa e quen rematan en prisión son quen non admiten este tipo de manifestacións na rúa.

Hoxe é necesario erguer un amplo movemento contra este ascenso do fascismo. Mañá será demasiado tarde. O PCPE e os CJC estaremos en primeira liña da loita contra o fascismo, como sempre o estivemos os comunistas e as comunistas deste país, onte na defensa da II República, e hoxe en todo lugar no que o fascismo tente erguer o seu aparello contra os pobos e contra a humanidade.


Carmelo Suárez. Secretario Xeral do PCPE

Emma Esplá. Secretaria Xeral dos CJC
 
 
 
 
 
 

terça-feira, 13 de outubro de 2009

MOVEMENTO OBREIRO



CIG INFORMA (AVANTAR)

As centrais sindicais de Vigo fan fronte aos ataques do PP da cidade olívica e anuncian posíbeis medidas legais

O PP acusou a CIG, CCOO e UGT de receber financiación ilegal do concello e afirmou que asinaran un documento co bipartito a favor da xestión privada do novo hospital.
CIG, CCOO e UGT deron o venres 9 de outubro unha rolda de prensa conxunta para dar resposta ás acusacións realizadas nas últimas semanas polo voceiro municipal do PP de Vigo, Chema Figueroa, quen acusou ás centrais sindicais de receber financiación ilegal do concello a través do Plan E, asi como manifestou ter descuberto un documento no que as centrais sindicais asinaron co bipartito a súa aposta pola xestión privada para o novo hospital de Vigo. Xerardo Abraldes, secretario comarcal da CIG de Vigo, afirmou que "todo iso son mentiras e polo tanto non descartamos estudar algún tipo de medida legal que podamos presentar proximamente".
Abraldes presentou nesta rolda de prensa toda a documentación sobre o convenio asinado co concello. 

Persoal do Hospital Xeral de Lugo carece de uniformes limpos para traballar

O deterioro do servizo de lavandería e a falta de medidas correctoras levou ao persoal a acudir aos seus postos en chándal.
A CIG-Saúde denunciou a situación precaria que está a padecer o persoal do Hospital Xeral de Lugo a causa dos problemas de funcionamento do servizo de lavandería, que están a ocasionar a falta de uniformes e roupa hospitalaria limpa. Esta situación levou a varios traballadores/as a acudir ao seu posto en chándal, mentres que a dirección, en contra dos protocolos de seguridade e hixiene, aconsella o lavado da roupa nos domicilios particulares.


Unha mutua denega a unha traballadora un permiso por risco durante a lactación.

A Xunta desenténdese do problema alegando que non ten competencias

A CIG-Autonómica denunciou que a unha ATS dunha residencia de maiores de Ferrolterra veñenlle de denegar a solicitude de prestación por risco durante a lactación conforme lle recoñecía o Art. 135 bis da Lei da Seguridade Social, a Lei de Prevención de Riscos Laborais, o Regulamento de Prevención e a Lei 2/2007 do Traballo en igualdade das mulleres de Galiza. Mentres, o Servizo de Prevención da Xunta, consultado sobre o caso e sobre as súas competencias, manifesta a máis absoluta das imposibilidades, alegando que é competencia exclusiva das Mutuas.

A CIG de Ferrol denuncia as agresións racistas acontecidas na comarca na última semana e a pasividade policial ante estes feitos.

O venres 9 de outubro tivo lugar no local sindical da CIG de Ferrol unha rolda de prensa con colectivos de inmigrantes latinoamericanos, polas agresións racistas que aconteceron nesta comarca nas últimas semanas. Ademais de denunciar estes feitos, criticaron a actitude policial, que cualificaron de "pasiva”
Diversos colectivos de inmigrantes da comarca de Ferrol de paises latinoamericanos como Chile ou Colombia participaron conxuntamente coa CIG de Ferrol nunha rolda de prensa para denunciar as agresións racistas acontecidas nas últimas semanas nesta comarca.
CUT INFORMA
Asinado o novo Convenio Colectivo do Hostal dos Reis Católicos


O 8 de outubro, a primeira hora do serán, foi asinado o novo Convenio Colectivo do Hostal dos Reis Católicos, empresa na que a CUT conta coa representación maioritaria no Comité de Empresa, con 6 delegados dos 9 cos que conta o comité. 
A sinatura do Convenio, vixente durante os anos 2008, 2009 e 2010, foi acadada tras case que 18 meses de negociacións, que en ocasións foron tensas, chegando a darse concentracións de traballadores/as ou mediacións no AGA, sobre todo durante os últimos meses. A pesares de ter acadado un preacordo económico que incrementa positivamente a masa salarial dos traballadores nos vindeiros anos, a sinatura final do convenio adiávase sen remedio ate hoxe, onde representantes da empresa Paradores, do Hostal, do Comité de Empresa e das centrais sindicais CUT, CIG, CCOO e UGT asinaron este novo convenio.   

XOVEN COMUNISTA DETIDA POR DENUNCIAR AO FASCISMO



CAMARADA DOS CJC-TOLEDO DETIDA POR DENUNCIAR AO FASCISMO

O Estado burgués volve mostrar as súas armas e a demostrar que cando se sente ameazado, utiliza a violencia fascista, sen ter nin sequera a necesidade de encubrilo. Hoxe 12 de Ocubre do 2009 o obxectivo estaba moi claro en Toledo: criminalizar unha vez máis á esquerda, ás e os antifascistas e antiracistas, mentres permitían e protexían o fascismo e a xenofobia na súa máis alta expresión.

Como denunciamos fai uns días a organización Alianza Nacional elixira a cidade de Toledo para celebrar o día da Hispanidade ou tamén segundo eles o día da Raza. O concello de Toledo, gobernado por un individuo sen escrúpulos pertencente á nosa rancia socialdemocracia, xunto coa Subdelegación do goberno, permitiron e axudaron a que esta manifestación levase a cabo. Chegado este momento, a nosa obriga era saír á rúa e denunciar estes ataques fascistas, xenófobos e racistas, acontecidos cada vez en maior número e en máis lugares do Estado.

Ao comezo do acto fascista, un grupo de antifascistas de Toledo que protestaban comezou a sufrir unha brutal agresión por parte dos nazis, cargados de torcas e parafusos, aos que observaba a polícia antidisturbios ata que comezou unha carga contra os antifascistas.

Tras a carga policial contra os antifascistas e facendo uso da súa chulesca autoridade, a policía comezou a perseguir e a dar voltas polas rúas de Toledo e a deter  moz@s aos que criminalizar, visto que a manifestacion fascista se lles fora das mans, a policía non quería outra cousa que atopar a quen acusar de "vandálicos". A nosa camarada, militante dos CJC Toledo, a cal non participara nos incidentes, foi detida a varios quilómetros dos feitos e trasladada a comisaría, onde permanece detida. É por isto que facemos un chamamento para denuciar socialmente estes abusos de autoridade unidos ademais a estes atentados nazifascistas.

O que hoxe vivimos os CJC nas rúas de Toledo, é inadmisible. Estamos fartos de que o nazifascismo campe ás súas anchas e nós  sexamos quen paguemos toda a súa barbarie mediática. É incomprensible que se lles siga dando cobertura e apoio desde os estamentos políticos da sumisa socialdemocracia que nos goberna, tanto no Estado español, como na cidade de Toledo.

A nosa camarada foi detida por denunciar en Toledo o fascismo e o racismo, por situarse ao lado dos que máis o necesitan, por levantar a súa voz contra a intolerancia.

¡CONTRA A IMPUNIDADE FASCISTA E RACISTA!

¡NON Á CRIMINALIZACIÓN DAS E OS ANTIFASCISTAS!

Toledo, 12 de outubro do 2009

COMUNICADO CJC-TOLEDO


--
A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución

MEMORIA ANTIFASCISTA. da Oliveira de Teo

A Asociación “Sempre con Vós. Cidadanía pola Verdade” da comezo en Pontevedra a unha serie de actividades que comezarán o vindeiro XOVES, día 15 de outubro ás OITO da tarde no Teatro Principal de Pontevedra.
O acto consistirá na proxección do documental “LA ISLA DE CHELO” realizado en Francia por Odette Martínez, Laetitia Puertas e Ismael Cobo, no que se recolle a vida e testemuño de Consuelo Rodríguez López, coñecida por CHELO e que reside actualmente na Ile D`Yeu na costa atlántica francesa.

Chelo naceu en Soulecín, na bisbarra do Barco de Valdeorras en Ourense; logo do golpe militar, xa no 37, os seus irmáns fuxen ao monte para integrarse na guerrilla. No 1939, contando Chelo 20 anos, un grupo de lexionarios entra no pobo e tortura e mata aos pais de Chelo para que servise de escarmento aos seus veciños. Cunha irmá, únese á guerrilla. Detencións, clandestinidade, paso a Francia... todo conforma un testemuño e un alegato pola reivindicación dos guerrilleiros como loitadores dunha sociedade democrática.
Na presentación do documental estará presente Francisco Martínez López “Quico”, na loita contra os sublevados dende os 17 anos e compoñente da mítica guerrilla de Girón que estivo activa entre León e Galicia ata o ano 1951 no que pasa a Francia , país onde continúa coas súas actividades antifranquistas. Aparte de ser unha persoa que coñeceu a Chelo na súa actividade guerrilleira, é pai dunha das realizadoras do documental e autor do libro “Guerrilleiro contra Franco” editado por Edicións A Nosa Terra.
A asistencia ao acto do xoves día 15 será libre e gratuíta e a el están convidadas todas as persoas interesadas .

SETEMBRO DE 1975



Película documental sobre Baena, titulada "SETEMBRO DE 1975" de Adolfo Dufour : estrearase no  Festival de Cine de Valladolid (SEMINCI), o 23 de outubro proximo, no cine Roxy B as 21,30.

En Vigo proxectarase o 3 de novembro as 19 h. na sala Caixanova

En Madrid, o 5 de novembro. Pendente de se confirmar a sala.
Versión en DVD en preparación.


El Garaje
infogaraje@nodo50.org

de COSAL

C A R T A   A B I E R T A   A   THORBJORN JAGLAND
 PRESIDENTE DEL JURADO DEL PREMIO NOBEL DE LA PAZ.




DR.  MARTIN  ALMADA
Premio Nóbel Alternativo de La Paz  2002
Asunción, Paraguay
09.10.09

ASUNTO:
JURADO DEL PREMIO NOBEL EN EL BANQUILLO DE LOS ACUSADOS.

Las bases establecidas para el otorgamiento de tan importante distinción NORUEGA son bien claras. Así  se otorgará el premio “solamente a la persona que haya trabajado MAS O MEJOR a favor de la fraternidad entre las naciones, la abolición o reducción de las armamentismo existentes y la promoción del proceso de Paz”.etc.

El golpe militar contra el gobierno constitucional de Zelaya fue provocado por el gobierno norteamericano ya bajo el gobierno de Obama, quien a partir de entonces se declara como el desestabilizador tardío en América Latina.

Siguen abiertas las  torturas en  las prisiones  secretas, clandestinas o publicas sine die  por razones políticas   inauguradas por  ex presidente Bush, en  Afganistán, Abu Graib en Irak y en  Guantánamo. La tropa militar casi se duplicaron bajo el gobierno de Obama.

Existen más de 100 bases militares norteamericanas en el mundo. Ahora  Obama quiere instalar  7 nuevas  bases militares en Colombia para agudizar el conflicto en la Región  a fin de  instalar la guerra y no la paz. Se agrava la situación del nuevo Premiado de Nóbel porque legitima  la presencia amenazante en el Atlántico de la IV FLOTA

Yo fui torturado pero no hice ningún curso para ser torturado mientras que mis torturadores, militares argentinos brasileños, chilenos, bolivianos, paraguayos y uruguayos, en el  marco de la OPERACIÓN CONDOR, década del 70, todos hicieron cursos de entrenamientos en torturas  en la Escuela de las América, Zona del Canal de Panamá con el Vo.Bo del otro Premio Nóbel de la Paz, Norteamericano Henry  Kissinger, entonces, Secretario de Estado.

A partir del año 1984  viene funcionando la Escuela de Asesinos en el Fuerte Benning, Estado de Georgia, USA,  una  replica fiel  de la Escuela de las Américas de la Zona del Canal de Panamá. Le hemos pedido a Obama en marzo de 2009 que esa  costosa infraestructura sea más bien destinada  a la  Universidad de las Américas  para los Derechos Humanos y Ecología. La respuesta del Premio Nóbel  fue el silencioso silencio…cómplice.

Obama nos  tiene que entregar los 1.500.000  dólares  que no le corresponde bajo ningún sentido,,suma que la destinaremos  totalmente a indemnizar a las Victimas del Terrorismo made in USA, a los campesinos e indígenas  sin tierra, sin techo, construcción de escuelas y hospitales, merienda en las Escuelas, etc.

CONCLUSION.:

SOLICITAMOS  LA REVISION DE LA MEDIDA TOMADA PORQUE EL PREMIO NOBEL A OBAMA ES UN ATENTADO, UN ATROPELLO  A LA RAZON  que la “complaciente” Europa se permite queriendo  salvar  así el desarrollo de su capitalismo marginal.



XENTILEZA DO:   COSAL   A CORUÑA

quarta-feira, 7 de outubro de 2009

18 DE OUTUBRO EN COMPOSTELA MANIFESTACIÓN QUEREMOS GALEGO


DEFENDAMOS A NOSA LÍNGUA!


A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO convoca unha gran manifestación en favor da lingua para o vindeiro domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela


MEMORIA ANTIFASCISTA. da Oliveira de Teo


Nota de prensa
As Xornadas da Oliveira
Venres, 9 de outubro de 2009, 20,30 horas.
Local: Escola do lugar da Igrexa,  Calo, Teo.
Conferencia: “De Ramón Suárez Picallo a Eduardo Blanco Amor: epistolario”, por Esperanza Mariño.

A Oliveira de Teo convoca un novo acto, como parte dos que ven levando a cabo desde o ano 2006,  dedicados, ben á recuperación da Memoria Histórica, ben á defensa do Patrimonio Inmaterial.
Nesta ocasión queremos achegar a Teo os coñecementos que a profesora e investigadora Esperanza Mariño  vai compartir co público asistente á xornada deste venres 9 de outubro, que versará sobre a importante, interesante e poliédrica figura do sadense Ramón Suárez Picallo, emigrante, agrarista, sindicalista, xornalista, deputado, escritor, fundador do Partido Galeguista,  exilado e tamén profesor. Centrará a súa charla na correspondencia que Suárez Picallo mantivo co escritor ourensán Eduardo Blanco Amor.

Esperanza Mariño,  que investigou sobre a vida e obra deste importante persoeiro da nosa historia contemporánea, ten publicados artigos en múltiples revistas: Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Grial, Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca da UNED, etc. E participado en numerosas Xornadas e Congresos. Prologou dúas obras e publicou o Dicionario María Mariño. Traduciu Historia universal de Paniceiros e Avó Ismail. Foi a representante galega na Fédération Européenne des Maisons de Pays (en defensa das linguas minorizadas, durante os anos noventa).
Con esta nova conferencia, á que seguirá un coloquio co público asistente, A Oliveira de Teo continúa coa súa labor de divulgar feitos cuxo coñecemento, se chegou ata nós, fíxoo dun xeito parcial e incompleto. Tentamos, en definitiva, recuperar a memoria perdida ou agochada na escuridade do franquismo, loitar contra a desmemoria, convencidos como estamos de que, como dixo o escritor e xornalista Manuel Rivas,  “o esquecemento é a mellor arma para a control das mentes”.

UNHA BOA INICIATIVA CONTRA A DISCRIMINACIÓN RACISTA E CLASISTA!

 SAUDAMOS ESTA MOBILIZACIÓN INTERNACIONALISTA E ANTIFASCISTA.
NON ÁS POLÍTICAS RACISTAS E IMPERIALISTAS DA UNIÓN EUROPEA DO CAPITAL
NATIVA OU EXTRANXEIRA, A MESMA CLASE OBREIRA!











REPRODUCIMOS O TEXTO D@S COMPAÑEIR@S DE LUGO


Ante a persecución e as agresións policiais que ven sufrindo á xente que se busca a vida co top manta na cidade de LUGO, convócase Xuntanza o vindeiro MARTES 6 ÁS 18:00 HS. NOS SOPORTAIS DO CONCELLO para posteriormente chantarnos na rúa con mantas e fotos e textos de denuncia contra este tipo de discriminacións (un material divulgativo-informativo que amosara textos e imaxes contra a xenofobia e a discriminación racista-clasista no "Seguro Fogar europeo"; sería un "top manta" que cada un autodeseñaría pola súa conta e ao seu gusto: sobre as migracións, contra as fronteiras, a pobreza e os campos de concentración económica, contra a hipocrisía institucional nos temas de racismo e xenofobia, o medo, a persecución e represión policial-militar etc, etc, etc).

Agardámoste e se podes/queres trae a túa manta con fotos, artigos,...



POR UN S.FROILÁN PARA TODOS!!!

POR UNHAS FESTAS SEN DISCRIMINACIÓNS!!!

terça-feira, 6 de outubro de 2009

INTERNACIONAL

Eleccións en Grecia

 

 

 

 

 

 

 


 

Cuba fai fronte á gripe A sen vacinas, pero cero mortes

XOVES 8.10.09: OS RECHEOS NA RÍA DE PONTEVEDRA a debate no T. PRINCIPAL ás 20h


INVITACIÓN PÚBLICA

XOVES 8.10.09 ás 20h NO TEATRO PRINCIPAL:
OS RECHEOS NA RÍA DE PONTEVEDRA A DEBATE

Dentro do CICLO DE CONFERENCIAS organizado pola Asociación
Pola Defensa da Ría (APDR, no vindeiro debate deste  XOVES
8 participarán os seguintes conferenciantes:

-       Miguel Pazos, patrón maior da Confraría de pescadores
da Ría de Pontevedra, que abordará a problemática dos
RECHEOS NO PORTO DE MARÍN E A SÚA REPERCUSIÓN NA PESCA
E NO MARISQUEO.
-       Antón Pousada, membro do Colectivo Cultural RONSEL, que
presentará o documental A PRAIA DE AGUETE: A ESTABILIDADE
DESEQUILIBRADA.
-       Lukas Santiago, arqueólogo, realizador e vogal da Xunta
Directiva da APDR, que vai presentar o seu curto O AVOIÑO.
LOURIZÁN PARRÓQUIA MÁRTIR: CRÓNICA DUN PARAÍSO
PERDIDO.

A continuada realización de recheos na nosa Ría é un
tema de preocupación permanente na APDR, que ten
presentado diversas denuncias sobre o particular e expresado
en multitude de ocasións a necesidade de impedir estas
prácticas que inciden de forma moi negativa sobre a pesca
de baixura e o marisqueo pero tamén sobre a dinámica das
correntes e, xa que logo, sobre os areais costeiros.

Desde a APDR facemos un chamamento a todos os nosos socios e
socias pero tamén a todas aquelas persoas preocupadas pola
defensa do noso medio ambiente e os recursos naturais para
que asistan ao debate e aporten as súas experiencias
persoais ao respecto.

Máis en: http://www.apdr.info/

de COSAL



CLUB DE OPINIÓN FORO CÍVICO.

COMITÉ DE SOLIDARIEDADE CON AMÉRICA LATINA (COSAL)
COMITÉ ÓSCAR ROMERO



                           EL SALVADOR:
     NACE A ESPERANZA, VÉN O CAMBIO

Xoves, 8 de outubro de 2009, ás 19,30 horas
Centro Fonseca da Coruña (Rúa Fonseca, 8)

Conferencia de:

                    JULIO CÉSAR MONGE

               Naceu en Bilbao, onde estudou Ciencias da Educación. Reside en El Salvador desde 1991, dirixindo diversos talleres de Artes Escénicas. Fundador en 2006 da Rede MARACA, Movemento de Arte Comunitario Centroamericano,  e da Rede Latino Americana de Teatro en Comunidade no ano 2008. Membro fundador
do grupo Tiempos Nuevos Teatro (TNT), co que ten realizado máís de 30 montaxes teatrais.


   El Salvador, o mesmo que moitos países de América Latina, está a vivir un momento histórico. Rematado o conflito armado en 1992, e firmados os Acordos de Paz, este país foi gobernado durante estes anos por forzas da dereita.

   A Fronte Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) gaña as eleccións lexislativas de xaneiro de 2009 e o seu candidato, Carlos Mauricio Funes foi elixido en marzo deste ano como Presidente de El Salvador. Ábrese unha porta á esperanza e ao cambio.

   Julio César Monge é un testigo de excepción deste cambio, participando activamente desde TNT, xuntamente con outros movementos sociais, en todo o proceso que levou a Funes á Presidencia da República.

   Neste acto será tamén presentado un vídeo sobre o CENTRO CULTURAL JON CORTINA, promovido e xestionado desde TNT, que recolle as actividades desenvolvidas desde a súa inauguración en xuño de 2008. É unha oferta comunitaria, que ten como obxectivo contribuír á mellora da calidade de vida das comunidades de Chalatenango, a través do desenvolvemento das capacidades organizativas e da educación artística e social.

   Jon Cortina era un xesuíta vasco, enxeñeiro, profesor da Universidade; viviu 50 anos en El Salvador ata a súa morte en 2005. Defensor dos dereitos humanos, fundador da Asociación Pro-Búsqueda de Nenas e nenos Desaparecidos.

quinta-feira, 1 de outubro de 2009

MOVEMENTO OBREIRO: 5 MILLÓNS DE PARADOS

Movemento Obreiro: O INEM REXISTRA POR PRIMEIRA VEZ CINCO MILLÓNS DE DEMANDANTES DE EMPREGO  (http://www.pcpe.es)
Carlos Sánchez- COTIZALIA - 05/09/2009

O paro volve subir, como reflicten os rexistros do Inem; pero a realidade do mercado laboral aparece na letra pequena da información que proporciona o Ministerio de Traballo. En agosto, por primeira vez desde que existen este tipo de estatísticas, o número de traballadores que buscan un emprego rompeu a barreira dos cinco millóns. En concreto, e segundo os datos oficiais, os servizos públicos de emprego teñen inscritos 5.051.441 demandantes dun posto de traballo, moi por encima dos 3,63 millóns de desempregados que oficialmente recollen as listas do Inem.

A diferenza entre unha e outra cifra non ten que ver cunha basta manipulación das estatísticas oficiais, senón co feito de que os servizos de públicos de emprego exclúen das cifras oficiais a importantes colectivos. Nuns casos, debido a que xa ten un emprego. E noutros como consecuencia de que os demandantes reclaman condicións laborais que o Inem considera insuficientes, a pesar de tratarse en moitas ocasións de situacións de subemprego. No primeiro caso atópanse nada menos que 943.061 traballadores que xa teñen unha ocupación ou unha relación laboral (por pequena que sexa), pero que pretenden un novo emprego, xa sexa por razóns económicas ou de promoción profesional.

Os servizos públicos de emprego, igualmente, exclúen dos rexistros oficiais a outros 196.532 cidadáns cunha disposición limitada para aceptar un posto de traballo, xa sexa porque  queren traballar desde o seu domicilio, desde no estranxeiro ou mediante teletraballo.

O Inem, do mesmo xeito, exclúe a outros 282.768 cidadáns que non teñen un emprego, pero que ou ben realizan cursos de formación ou están inscritos no chamado TEASS, onde se inclúe aos traballadores agrícolas subsidiados (o antigo PER).

En total, isto significa que 1.422.361 traballadores están inscritos nas listaxes do Inem pero non aparecen como parados, o que pode explicar en parte o feito de que a diferenza entre o paro rexistrado e as cifras que ofrece a Enquisa de Poboación Activa sexa cada vez máis importante.

Ata o punto de que a EPA rexistra hoxe 508.420 desempregados máis dos que ofrecen os servizos públicos de emprego. Trátase dunha das maiores diferenzas da serie histórica, o que reflicte as limitacións do paro rexistrado para medir a evolución do mercado laboral. Sobre todo nun período como o actual, no que as escasas probabilidades de atopar un emprego desincentiva a procura dun posto de traballo a través das oficinas do Inem. Moitos deses traballadores, con todo, responden cando lles preguntan os encuestadores do INE que efectivamente se atopan sen traballo. Pero non pasan polas oficinas do paro.

CONFERENCIAS DO XORNALISTA E POETA CUBANO FÉLIX CONTRERAS


O xornalista e poeta cubano Félix Contreras visita a provincia de Pontevedra, entre o 5 e o 9 de outubro, para ofrecer este programa de conferencias e recitais:
 
Luns 5 de outubro, ás 20 horas no local social “Faísca” (rúa Toledo, 9-Vigo): "Salvado pola Revolución". A continuación, recital poético de Félix Contreras titulado “Cinco poemas para Os Cinco” (Organiza Asociación de Amizade galego-cubana "Francisco Villamil").
 
Martes 6 de outubro, ás 20 horas, no Centro Social do Mar de Bueu: "Historia da música cubana”. A continuación, recital poético de Félix Contreras titulado “Cinco poemas para Os Cinco” (Organiza Concellería de Cultura, Xuventude e Innovación de Bueu).
 
Mércores 7 de outubro, ás 20 horas, no auditorio da Fundación Caixa Galicia (antigo Café Moderno) de Pontevedra: “Presentación do número 25 da revista cubana Extramuros adicado á poesía galega”. A continuación, recital poético con Xosé María Álvarez Cáccamo, Eva Veiga, Francisco Castro, Lucía Novas e Carlos Fontes. (Organiza Ateneo de Pontevedra).
 
Xoves 8 de outubro, ás 20 horas, na Biblioteca Municipal "Vidal Pazos" de Marín: "Frank Pais: lembrando o seu exemplo". A continuación, recital poético de Félix Contreras titulado “Cinco poemas para Os Cinco” (Organiza Concellería de Cultura e Xuventude de Marín).
 
Venres 9 de outubro, ás 20 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas: "Galicia en Cuba". A continuación, recital poético de Félix Contreras titulado “Cinco poemas para Os Cinco” (Organiza Concellería de Educación e Cultura de Cangas).
 
BIOGRAFÍA
Félix Contreras (Pinar del Río, Cuba, 1940)
 
Poeta, xornalista e escritor, especializado en cultura cubana, nomeadamente en música popular. Membro de la Unión de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC). Egresado da Escola para Instructores de Arte en 1965.  Comezou a públicar en diarios e revistas (Cuba Internacional, Juventud Rebelde, Prensa Latina, Granma Internacional, Bohemia, Casa de las Américas…). Membro fundador do mensuario cultural El Caimán Barbudo, que agrupou á nova poesía cubana aparecida na década dos sesenta. Investigou a presenza de culturas do estado español en Cuba como a galega, a catalana ou a valenciana.
Ten publicado, poesía: El fulano tiempo, Debía venir alguien (prólogo de Eliseo Diego), Cuaderno para el que va a nacer (prólogo de Cintio Vitier), Corazón semejante al tuyo, Saudade, Última persona, Cuadernos de botánica, Poesías, Querido Sur, Para voçê, para vos, Gardelianas, Así es la rosa, Álbum de las artes e Álbum de la vida. Publicou, tamén, varios libros sobre música cubana: Porque tienen filin (sobre a canción feeling cubana da década dos 40), La música cubana: una cuestión personal, Yo conocí a Benny Moré e Bola de Nieve.
Ten ofrecido recitais, talleres e conferencias na URSS, Bélxica, España, México, Colombia, Arxentina, Uruguai ou Brasil.