ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 25 de janeiro de 2010

O TERREMOTO DE HAITÍ É APROVEITADO POLO IMPERIALISMO PARA DIRIMIR OS SEUS INTERESES XEOPOLÍTICOS




DECLARACIÓN DO COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE

O terremoto do pasado día 12 de xaneiro en Haití puxo de manifesto -unha vez máis -, que en calquera catástrofe natural os danos para a poboación son directamente proporcionais ao grao de espolio sufrido polo país afectado. Foron as condicións precarias nas que vive Haití as que ocasionaron un tan alto número de vítimas mortais e unha tan alta destrución de todo tipo de edificacións. Por iso hai que denunciar a quen teñen a responsabilidade directa dese terrible panorama de morte e sufrimento: o colonialismo, o neocolonialismo e o imperialismo.

Resulta un exercicio cínico indignante as declaracións da representación da monarquía española expresando "o seu pesar polas vítimas de Haití", cando o primeiro grande terremoto que sufriu ese pobo foi a chegada do colonialismo español en 1492, orixe primeira de toda a destrución que hoxe vemos.

Posteriormente foron Francia e EE. UU. quen invadiron, esclavizaron, saquearon e realizaron todo tipo de crimes contra o pobo de Haití e contra os seus ricos recursos naturais. Golpes de estado, ditaduras e os crimes máis terribles foron responsabilidade directa de ambas  potencias colonizadoras.

Agora, nesta traxedia -fronte á actitude admirable da revolución cubana e outros pobos solidarios-, vemos ás hienas disputarse a ocasión para botarse de novo sobre a presa que nunca soltaron.

Nin os EE. UU. nin a UE realizan acción humanitaria en Haití, o que fan é simplemente xeopolítica. É dicir, aproveitan esta nova desgraza que sofre o pobo haitiano para mellorar o posicionamento para a defensa dos seus intereses na zona. Así se explican as desavinzas entre Francia e EE. UU., á vez que o lacaio Rodríguez Zapatero aplaude a invasión militar ianqui e envía o seu propio continxente militar á zona. Este é o mesmo Presidente do goberno español que apoiou o golpe de estado de 2004, sumando apoio militar do noso país para colaborar coa asonada organizada polo imperialismo ianqui.

Desde fai algúns anos, desde centros de propaganda do imperialismo, elaborouse a idea perversa dos chamados "estados falidos". Esta formulación ten como finalidade última lexitimar a ocupación imperialista deses países "ante a súa inviabilidade", e o caso de Haití é un exemplo paradigmático do que o imperialismo nos depara para o futuro. No seu fracaso histórico o imperialismo ten que recorrer á liquidación de todo dereito e/ou liberdade para tentar sobrevivir. Por iso non hai piedade, e aprovéitase calquera ocasión para facer avanzar as políticas necesarias ao capitalismo senil.

A nación que protagonizou a primeira revolución libertadora de América Latina, co levantamento da escravitude negra, terá que organizar de novo a loita popular pola expulsión dos invasores e a recuperación do seu propio destino. Nese antecedente histórico están as grandes ensinanzas para as loitas necesarias no presente.

O CE do PCPE -en base a todo o exposto- esixe a inmediata saída das forzas militares ocupantes e a entrega de toda a axuda humanitaria necesaria sen condicionamentos políticos de ningún tipo, priorizando as necesidades da poboación.

O PCPE estará sempre ao lado do pobo haitiano na súa xusta aspiración a construír un país soberano, dono dos seus recursos, no que as forzas do progreso social levanten un proxecto de emancipación e xustiza social. Ese é o camiño necesario para que as catástrofes naturais non se convertan en causa de tanta dor e sufrimento para ese pobo  heroico.

¡VIVA O INTERNACIONALISMO PROLETARIO!
¡FÓRA TROPAS IMPERIALISTAS INVASORAS!

PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA

sábado, 16 de janeiro de 2010

Xoves 21 de Xaneiro Folga Xeral no ensino


sexta-feira, 15 de janeiro de 2010

A lección de Haití


terça-feira, 12 de janeiro de 2010

RESPOSTAR Á PRESIDENCIA ESPAÑOLA DA UNION EUROPEA







INTENSIFICANDO A LOITA DE CLASES.


PCPE -DECLARACIÓN DO COMITÉ EXECUTIVO -





I. A PRESIDENCIA ESPAÑOLA DA
UNIÓN EUROPEA.
A Presidencia Española da Unión Europea, que se desenvolverá entre xaneiro e xuño de 2.010, comezou nun escenario marcado pola crise estrutural capitalista.
Durante os próximos meses as clases dominantes porán en marcha unha batería de medidas para tentar impulsar o cambio de ciclo económico e renovar a reprodución ampliada do capital, afectando ao mercado laboral e aos dereitos sociais; e desenvolveranse os plans para recolocar aos países da UE nun escenario internacional caracterizado pola agudización das
contradicións interimperialistas, froito do proceso de repartición económica do planeta que se está a desenvolver, o que ha traer graves consecuencias para os países empobrecidos. No seo da UE agudizaranse as diferenzas entre o eixo París-Berlín e o resto de países membros, situados cada vez máis nunha posición subordinada.
As masas traballadoras do noso país, dado o carácter de clase da UE, seguirán vendo como empeoran as súas condicións de vida e traballo durante 2.010 e soportarán unha dura campaña ideolóxica dirixida a lexitimar a denominada “construción europea” da man
da posta en marcha do Tratado de Lisboa, en vigor desde que foi imposto aos nosos pobos o 1 de decembro de 2.009.
O Partido Comunista dos Pobos de España, mediante a
presente declaración, alerta á clase obreira e ás maiorías populares das desastrosas consecuencias que terán as políticas deseñadas pola Presidencia Española para os seus intereses inmediatos e futuros. Fronte ás políticas explotadoras e imperialistas da UE, os
próximos meses debense caracterizar por un incremento da mobilización popular, da loita obreira polos dereitos das grandes maiorías. Trátase dun momento propicio para
desenmascarar o verdadeiro carácter da Unión Europea ante as masas, para erguer unha fronte antiimperialista capaz de opor a solidariedade entre os pobos aos intereses imperialistas, e para organizar o contraataque obreiro e popular contra o capitalismo coa
conquista da sociedade socialista como obxectivo.RESPONDER Á PRESIDENCIA ESPAÑOLA DA UNiON EUROPEA
DECLARACIÓN COMPLETA EN PDF: http://www.pcpe.es/?p=2173

domingo, 3 de janeiro de 2010

O TRILINGÜISMO HARMÓNICO da XUNTA DO PP





Os comunistas do Partido Comunista dos Pobos de España e dos Colectivos da Mocidade Comunista rexeitamos o escandaloso borrador de decreto da Xunta reaccionaria respecto ao tratamento da cuestión lingüística no ensino. (33 % das aulas a impartir en galego, 33% en castelán e 33% en lingua extranxeira (!!) -inglés??-, a distribuir por asignaturas en cada centro como resultado da decisión de cada consello escolar)


Dito proxecto, galegófobo, antipopular, anticientífico e antipedagóxico, é políticamente regresivo e neofranquista e marca un retroceso inaceptable na xa de sempre moi deficiente política lingüística do Goberniño galego.
Ese decreto,que transgrede a xa de por sí regresiva legalidade autonómica, constitucional e europea en materia lingüística, de aprobarse, sementará o caos nos centros de ensino, trasladará a responsabilidade do fracaso escolar e o retroceso da lingua propia dos e as galegas a instancias que nada teñen que ver coas institucións educativas, cargará a responsabilidade sobre as costas das familias, colocará aos e ás mestras tarefas e obrigas para as que non están nen teñen a obriga de estar preparados, e garantirá unha desfeita educativa que o sistema público de ensino non está en condicións de soportar, como colofón do deterioro dramático na calidade do ensino público que estamos a sufrir. Masificación nas aulas, carencia de materiais e de profesorado, crecimento do fracaso escolar, despedimentos de centos de mestres, recortes de prazas e axustes na financiación do ensino público, con vistas á súa destrución e posterior privatización.


O deterioro da calidade do ensino público, así como o da sanidade pública, constitúe unha magnífica coartada para que eses dereitos sociais básicos que pagamos todos os cidadáns, se convertan, vía privatización, en novos espacios de acumulación de beneficios para o capital.
Facer depender a supervivencia do noso idioma e a calidade dos coñecementos acadados polos nosos nenos, do resultado dunha enquisa chapuceira e manipulada, é un despropósito e unha manobra na que a burremia, a ignorancia e o fascismo dos xestores da nosa educación e cultura agoiran o peor e máis perigoso dos resultados para os nosos cativos e cativas.
No entanto, a dereita é quen de enredarnos nun falso debate social sobre a utilidade do inglés e o trilingüismo harmónico, moi útil como cortina de fume para desviar a atención da traxedia social e económica que está a vivir a inmensa maioría do noso pobo.




REXEITEMOS A CHAPUZA NEOFRANQUISTA DO GOBERNO DO PP
DEFENDAMOS UN ENSINO PÚBLICO   GALEGO, LAICO, CIENTÍFICO E DE CALIDADE
G