ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 26 de outubro de 2010

Presentación do FMXD en Compostela, Sábado 30 coa participación de Juan Nogueira, vicepresidente do Comité Plurinacional do Estado Español do Festival de Sudáfrica

Camaradas, compañeiros, quedades convidados a esta interesante Presentación do FMXD, coa participación de Juan Nogueira, vicepresidente do Comité Plurinacional do Estado Español do Festival de Sudáfrica.

segunda-feira, 18 de outubro de 2010

asina e difunde! CONTRA A CRIMINALIZACIÓN DO ANTIFASCISMO


Tras o asasinato do xoven antifascista madrileño Carlos Palomino, múltiples manifestacións de repudio e esixencia de xustiza celebráronse noutras tantas cidades. Tamén en Barcelona, onde tres militantes do PCPE-CJC foron procesados con acusacións baseadas nunha denuncia-montaxe policial. O 21 de outubro será o xuízo. O fiscal solicita tres anos e medio de prisión. Por iso, en apoio ao seguinte escrito, pedimos a túa SINATURA DE SOLIDARIEDADE

Nome e apelidos ou nome da organización:

DNI:

Domicilio:

Envíaa a este enderezo : mailto:pcpc.cn@telefonica.net

CONTRA A CRIMINALIZACION DO ANTIFASCISMO

terça-feira, 12 de outubro de 2010

ASINA E DIFUNDE: XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

O próximo día 21 de outubro está prevista a celebración dun xuízo contra tres militantes


comunistas nun xulgado da cidade de Barcelona. Estas persoas son Juanjo Serrano (membro do

Comité Central do PCPE), Xavier Auré (membro dos CJC-JCPC) e Albert Camarasa (membro dos

CJC-JCPC).

A acusación solicita tres anos e dez meses de prisión para cada un deles. O fiscal sustenta a súa

petición nos feitos ocorridos en Barcelona o 14 de novembro de 2007, con motivo da manifestación

en protesta polo asasinato dun mozo antifascista en Madrid o anterior día 11.

Esta acusación é unha montaxe policial sustentada en probas amañadas e faltas de toda

consistencia- para tratar de desmovilizar á organización comunista neste país, e a outras

organizacións anticapitalistas que actúan dentro do movemento antifascista.

Os feitos que deron lugar a esta montaxe policial son os seguintes:

O 11 de novembro de 2007 foi asasinado no metro de Madrid o xoven antifascista Carlos Palomino,

a mans dun fascista de 23 anos , soldado profesional do exército español- que se dirixía a unha

concentración do partido fascista Democracia Nacional. Inmediatamente sucédense as

concentracións e mobilizacións de condena e repulsa por este asasinado fascista en distintas cidades

do estado español; tamén en Barcelona.

O estado de indignación dos\/as manifestantes antifascistas é proporcional á brutalidade do

asasinato e á terxiversación informativa que os medios de comunicación do sistema realizan ao

presentar o feito co consabido e interesado discurso de “enfrontamento entre grupos de xóvenes

antisistema”.

O 14 de novembro en Barcelona, diversos colectivos e organizacións antifascistas convocan unha

manifestación, onde desde o primeiro momento queda claro que a policía - Mossos dEsquadra

(dirixida polo Conseller Saura de ICV-EUiA) teñen orde de non deixala discorrer de forma pacífica.

O operativo montado non garda ningún tipo de proporcionalidade coa protesta: toma policial do

centro de Barcelona cos antidisturbios preparados para cargar, intimidacións no metro aos

asistentes, ambulancias preparadas coma se dun escenario bélico tratásese, simulacro de carga

cando a cabeza da manifestación se pon en marcha, etc.

Durante a manifestación sucédense diversos intentos -por parte do operativo policial- para cortar a

mesma en diversos puntos, o que fai aumentar o nervosismo e a indignación por parte dos

manifestantes. Esta situación vaise agravando durante a marcha, e cando esta non leva nin 400

metros de percorrido prodúcese unha brutal carga policial que crea -no mesmo centro de

Barcelona-, unha situación de conmoción social imposible de xustificar, ao estenderse a represión á

zona comercial do Passeig de Graza e acabar afectando aos transeúntes.

Como resultado da carga policial prodúcense diversas agresións, nas que varios manifestantes teñen

que ser evacuados en ambulancia. Tamén se producen cinco detencións, entre elas a de dous

membros dos CJC-JCPC, que son conducidos á comisaría central dos Mossos dEsquadra de

Barcelona; e, dado que un dos detidos era menor de idade nese momento, a policía non tivo máis

remedio que comunicar á familia a súa detención -pola contra estarían polo menos 48 horas sen

comunicación exterior.

Inmediatamente, dirixentes do PCPC-PCPE e dos CJC-JCPC, acompañados dunha avogada,

acudíron á comisaría xunto aos pais dos detidos. Nese momento estes son requiridos para que se

identifiquen e, logo dunha longa espera na comisaría, un policía chama a un membro do PCPCPCPE

e a dous membros da CJC-JCPC, para informarlles que foron recoñecidos pola súa

intervención na manifestación, e que foron denunciados pola policía. Toda unha montaxe policial -

xa que mesmo se dá o caso de que o militante do PCPC-PCPE non puidera participar na

manifestación por dificultades no seu traballo, dirixido a criminalizar a loita antifascista e a

militancia comunista.

Nos días sucesivos o fiscal concretou a denuncia:

Ábrese unha causa contra tres membros do PCPC-PCPE e dos CJC-JCPC (un dos detidos e dous

dos inculpados na comisaría), aos que se lles acusa “dun delito de atentado e por un delito de

desordes públicos”, por montar unha suposta barricada con colectores de lixo e apedrear á policía.

Solicitándolles “3 anos e 10 meses de cárcere e a inhabilitación especial para o exercicio do dereito

de sufraxio pasivo”. O expediente dos menores queda arquivado, posto que o tribunal de menores

non ve indicios de delito. Para soster esta denuncia a fiscalía só presenta unha proba, o testemuño

dos policías, non habendo ningunha outra proba de que ocorresen os feitos mencionados.

Por todo o exposto EXIXIMOS:

O sobresemento do xuízo e a retirada de todos os cargos contra estes tres militantes.

A declaración de nulidade de todas as actuacións e a realización dunha investigación para depurar

todas as responsabilidades derivadas desta manipulada actuación policial.

terça-feira, 5 de outubro de 2010

A CLASE OBREIRA EN LOITA POLOS SEUS DEREITOS


Partido Comunista dos Pobos de España




Comité Executivo




Coa resposta á Folga Xeral do 29S a clase obreira díxolle ao goberno e á patronal que non acepta as súas contrarreformas laborais, e que a loita contra estas políticas acaba de empezar con esta importante xornada de loita, que nas difíciles condicións nas cales se convocou superou todas as previsións.

As manifestacións desenvolvidas na xornada de folga tiveron un carácter masivo, e son a expresión máis clara dos avances de unidade de clase que esta xornada de loita deixa para a próxima etapa.





Cunha importante participación do Partido, a clase obreira crea un novo escenario da loita de clases coa folga xeral.





O CE do PCPE felicita ao conxunto da militancia do Partido e dos CJC que soubo responder cun alto nivel de combatividade, sabendo estar á cabeza da loita de clases tanto na preparación como no desenvolvemento da xornada de loita do 29S. Denunciamos a actuación do Goberno polo alto nivel de brutalidade mantido pola policía e a garda civil na defensa dos intereses de clase da burguesía

O alto nivel de participación, unidade e combatividade alcanzado pola clase obreira dos pobos de España durante a FX é un patrimonio que nos pertence a todos/as e crea un novo escenario da loita de clases. Xestionalo para defender consecuentemente os intereses da clase obreira e sectores populares é un deber moral e político de quen teñen a responsabilidade de facelo. É responsabilidade do Partido Comunista e de todas as organizacións da clase obreira manter a loita e a presión para que o paso adiante dado coa folga xeral sexa o primeiro cara á derrota política do capital. Debemos traballar para que todas as estruturas unitarias de loita constituídas territorialmente se manteñan activas con calendarios de mobilización inmediatos e concretos A clase obreira debe manterse vixiante para evitar que se trate de desmovilizala e abrir novos escenarios de pacto social. Dicimos alto e claro que calquera acordo co goberno e a patronal que non pase pola retirada da reforma laboral será considerado como unha traizón á loita da clase obreira

A defensa dos dereitos e intereses da clase obreira e os sectores populares esixe un cambio radical da política do Goberno cunha oposición decidida ao decreto, a reforma laboral e a privatización das pensións públicas.

O PCPE chama ao pobo a loitar para que desenvolva un programa baseado nas necesidades da maioría traballadora. Esta FX marca o camiño da loita e unidade que o pobo ten que seguir. Hai que facer sentir todos os días a forza organizada das clases populares para deter a política agresiva que nos golpea e corrixila adoptando medidas urxentes como: nacionalizar a banca, decretar a moratoria no pago de hipotecas para as familias no paro, prestación indefinida de desemprego, fin dos gastos parasitarios (exército, igrexa, casa real), saída da UE e a OTAN.



¡VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!




http://www.pcpe.es/